Cetonia Aurata

Cetonia aurata é unha especie de escaravello da familia dos escarabeidos de 20 mm de longo, que ten unha coloración estrutural metálica verde e un escutelo cunha distintiva forma de V.

Cetonia aurata
Cetonia Aurata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Scarabaeiformia
Superfamilia: Scarabaeoidea
Familia: Scarabaeidae
Xénero: Cetonia
Especie: Cetonia aurata
(Linnaeus, 1758)
Subspecies
  • Cetonia aurata aurata Linneaeus, 1761
  • Cetonia aurata pallida (Drury, 1770)
  • Cetonia aurata pisana Heer, 1841
  • Cetonia aurata jingkelii Flutsch & Tauzin, 2009
  • Cetonia aurata pokornyi Rataj, 2000
  • Cetonia aurata sicula Aliquo, 1983
  • Cetonia aurata viridiventris Reitter, 1896

O escutelo é a pequena área con forma de V entre os élitros; pode mostrar varias liñas e marcas brancas pequenas e irregulares. A parte ventral do animal ten unha cor de cobre e a parte dorsal é ás veces de cor de bronce, cobre, violeta, azul/negra ou cincenta.

Cetonia aurata non debería confundirse coa especie norteamericana Macrodactylus subspinosus nin coa escasa Gnorimus nobilis, que é moi similar. Un xeito de identificar a Cetonia aurata é ver o seu escutelo; que en G. nobilis é un triángulo equilátero, pero en C. aurata é un triángulo isóscele.

Características

C. aurata pode voar velozmente cos seus élitros baixados. Aliméntase de pole, néctar e flores, especialmente rosas. Poden encontrarse entre rosas nos días solleiros cálidos de maio a xuño ou xullo e ocasionalmente ata setembro. Encóntranse en Europa central e meridional e na parte sur do Reino Unido, onde ás veces parecen estar moi localizadas. Poden tamén encontrarse no sueste de Asia, no campo e nas illas periféricas fronte a Hong Kong. Son especies saprófagas beneficiosas (detritívoras).

Ciclo vital

As larvas teñen forma de C e teñen un corpo peludo, enrugado e firme, unha cabeza pequena e patas moi pequenas. As larvas pasan o inverno onde se alimentaron, que pode ser en compost, esterco, follas caídas descompostas por fungos ou madeira podre. Crecen moi rapidamente e mudan dúas veces antes do fin do outono. Teñen un ciclo vital de dous anos. Pupan de xuño a xullo. Algúns adultos poden saír da pupa en outono, pero a principal saída prodúcese en primavera, cando os escaravellos se aparean. Despois de aparearse as femias poñen ovos en materia orgánica en descomposición e despois morren.

Coloración

A coloración verde metálica do escaravello créase estruturalmente, causada pola reflexión principalmente de luz polarizada circularmente; como noutros escarabeidos esta é unha luz polarizada circularmente á esquerda. Cando se ve través dun polarizador circular dereito, o escaravello parece ser incoloro. Hai tamén diferentes cores ademais do verde común; hai tamén cor de cobre, gris e negro. Moitos espécimes teñen manchas brancas mentres que algúns teñen poucas ou ningunhas. Foi descrita como un polarizador elíptico de banda estreita cara á esquerda.

Galería

Notas

Ligazóns externas

Tags:

Cetonia Aurata CaracterísticasCetonia Aurata ColoraciónCetonia Aurata GaleríaCetonia Aurata NotasCetonia Aurata

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María JamardoQuercusSalzburgoShirley ChisholmSri LankaXabarín ClubIdade MediaDodecágonoXogoFidel CastroTeobrominaÁlvaro Morata2024Igrexa católicaXunta de GaliciaLista de palabras galegas de orixe celtaTorre EiffelLlanesRibadeoGran Premio do Reino Unido de 2017Antonio MachadoSikhRadio VaticanaDemocracia OurensanaKu Klux KlanEstados Unidos de AméricaAliados da segunda guerra mundialRafael LouzánNatalia JunqueraEzio Flavio BazzoDaniel de la SotaJean Shinoda BolenBob MarleyAlfredo GuisadoPartido Comunista pola República GalegaPatricia VázquezRastroMasturbación coas mamasRenda básica universalDinastía watásidaBóraxXXX edición dos Premios GoyaLeedsPalas de ReiSimón BolívarRegina García García1401Dune (filme de 2021)XúpiterVilanova dos Infantes, CelanovaSemellanza (xeometría)Segunda guerra mundial1917Copa LibertadoresRamón Otero PedrayoPosición aconchegadaRío ObiFrancisco, papaGhaleb Jaber IbrahimSílabaAtlético de RiveiraSionismoEliseo Seoane BardancaDitadura do proletariadoMesopotamiaGmailCitroën 2CVReconquista de VigoCantiga de amigoPocholo Martínez-BordiúMatriz (matemáticas)🡆 More