Castelo De Balmoral

O Castelo de Balmoral é unha gran mansión situada en Aberdeenshire, Escocia.

Durante o reinado de raíña Vitoria I converteuse nunha residencia real, sendo empregada como morada de verán do monarca do Reino Unido. O actual castelo é unha obra arquitectónica de estilo neogótico construído entre 1852 e 1856, a propiedade conta con máis de 20 000 hectáreas de extensión. Balmoral é unha propiedade privada do rei, non pertence do Estado. Está catalogada para a súa protección polo goberno de Escocia.

Castelo De Balmoral

Historia

O castelo comezou a construírse baixo as ordes de William Drummond en 1390. Pertenceu a Roberto II de Escocia, quen tiña un casarío de caza na zona. Foi vendido a Alexander Gordon, fillo do segundo marqués de Huntly, en 1451 que edificou unha casa maior cunha torre, para entón, o lugar xa era coñecido como "Bouchmorale". Pertenceu á familia até 1662, cando foi vendido á familia Farquarson. En 1798 James Duff, conde de Fife, mercou a propiedade, de quen pasou ao diplomático sir Robert Gordon, quen fixo varias ampliacións no pazo.

Foi adquirido polo príncipe consorte Alberte para a súa dona Vitoria do Reino Unido en 1852. Naquela altura considerouse que o vello castelo era inapropiado para a familia real, polo que foi demolido e un novo edificio, deseñado por William Smith, construído. O príncipe Alberto involucrouse persoalmente na decoración dos interiores dotándoa dun estilo historicista que se inspirou en motivos típicos de Escocia. Deste xeito, os tartáns empregáronse para alfombras, moquetas e manteis, e perdomina a cor verde nas paredes.

Os xardíns que rodean o edificio alternan os espazos boscosos e silvestres con prados, seguindo as modas do romanticismo. A propiedade acolle animais salvaxes como greas de cervos e pitas do monte. Outra parte está destinada labradíos e pastos de vacas das Highlands e ponis.

Residencia real

Dende que o príncipe Alberto mercara Balmoral, este castelo mantén unha especial relación coa familia real británica a onde se trasladaba en outono. Nel naceu, en 1887, a que sería raíña de España, Vitoria Uxía, muller de Afonso XIII. Tamén nel a raíña Vitoria recibiu a Nicolao II de Rusia en 1896.

Para Isabel II, Balmoral foi un dos seus espazos favoritos. Pasou a maioría dos veráns nesta propiedade, alí o protocolo é máis informal e nela organizou pícnis e paseos coa súa familia así como cos visitantes internacionais. Era típico que a raíña invitase a pasar uns días aos primeiros ministros durante a súa estadía. Foi en Balmoral onde estaba cando faleceu a princesa Diana de Gales e foi alí onde, canda o seu esposo, o príncipe Filipe, pasou boa parte da pandemia de covid-19. A fins de agosto de 2022, informouse que a raíña recibiría ao sucesor de Boris Johnson en Balmoral. O 6 de setembro deu audiencia a Liz Truss no tradicional beixamán, unha reunión na que a raíña ofrece ao primeiro ministro formar un goberno, e foi a primeira vez en que esta cerimonia tiña lugar en Balmoral. Uns días máis tarde, o 9 de setembro, Isabel II faleceu en Balmoral, instalándose o seu cadaleito no salón de baile para ser velada pola familia. Na mañá do 11 de setembro de 2022, o cadaleito de Isabel II abandonou Balmoral en coche fúnebre para desprazarse a Edimburgo.

Ademais, baixo o patrocinio real, Balmoral tamén acolle celebracións folclóricas escocesas, como o evento dos "Ghillies" de danzas tradicionais e os xogos tradicionais de "Braemar Gathering".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Castelo De Balmoral HistoriaCastelo De Balmoral Residencia realCastelo De Balmoral NotasCastelo De Balmoral Véxase taménCastelo De Balmoral18521856ArquitecturaEscociaHectáreaReino UnidoVeránVitoria I do Reino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Marta Fernández-TapiasEleccións municipais de 2015 en GaliciaAndoriñaHPremio Espasa de EnsaioCampo da RataAcademia Chinesa de CienciasEugenia OsterbergerSobreira1Dereito de propiedadeBuscás, OrdesAWStatsEscociaFerrolXunta de GaliciaDaniel BasteiroXosé BallesterosEspañaMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaEleccións municipais en ArteixoSantoalla, Santoalla do Monte, PetínFauna de Galicia446Xosé Luís Méndez FerrínSingapurO Pedrouzo, Arca, O PinoSabugueiroJosé Antonio Rueda CrespoMaría Canosa92MesopotamiaCarbúnculoOs outros feirantesPneumáticaBugalloEleccións municipais de 2019 en GaliciaCarlos MourizIrmandades da Fala1994Luís RubidoFeliciano RolánCaxade (grupo)Gerardo Pardo de VeraPablo Iglesias PosseMullerVilamaior do Val, VerínBirimbao (instrumento musical)Carlos PajaresAmes NovoRafael DiesteFestas MinervaisPatacaOsloJosé Luís Valladares FernándezRamón López Rodríguez54MoinanteBarbadosREC (filme)Biblioteca Galega 120Mario ObreroCañita BravaManuel Curros EnríquezFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaAlberto Luis DíazIndiaFran AlonsoXogo de apostaMcDonnell Douglas DC-10Nosce te ipsum🡆 More