Casa De Bernadotte

A casa real de Bernadotte é a actual casa real de Suecia, que leva reinando desde 1818.

Casa De Bernadotte
Escudo da casa de Bernadotte.

Entre 1818 e 1905 foi tamén a casa real de Noruega.

Esta casa real foi fundada por Jean-Baptiste-Jules Bernadotte, nacido en Pau, mariscal de Napoleón, escollido como sucesor do derradeiro rei da dinastía Holstein-Gottorp, Carlos XIII, que morreu sen descendencia.

O mariscal francés foi coroado en 1818 como Carlos XIV Xoán de Suecia (coñecido en Suecia con este nome, e en Noruega como Carlos III Xoán).

Historia

Casa De Bernadotte 
Jean-Baptiste Bernadotte, o pai da dinastía

Despois da guerra de Finlandia de 1809, Suecia sufriu a perda traumática de Finlandia, que viña constituíndo a metade oriental do reino sueco durante séculos.

A agonía e o resentimento dirixidos cara ao rei Gustavo IV Adolfo precipitaron un golpe de Estado: o tío de Gustavo Adolfo, Carlos XIII, que non tiña fillos, substituíno.

Iso foi só unha solución temporal, pois, en 1810, o Riksdag elixiu o príncipe dinamarqués Cristian Augusto de Augustenborg como herdeiro ao trono. Como príncipe herdeiro, tomou o nome de Carlos Augusto, mais faleceu pouco despois no mesmo ano.

Como Napoleón I de Francia era o emperador dos franceses e gobernaba, directa ou indirectamente, sobre gran parte da Europa Continental, a través dunha rede de reinos satélites levados polos seus irmáns (ver Primeiro Imperio Francés), o parlamento sueco resolveu escoller un rei que Napoleón aceptase.

O 21 de agosto de 1810, o Riksdag escolleu a Jean-Baptiste Bernadotte, mariscal de Francia, como herdeiro do trono.

Bernadotte, nacido na cidade de Pau, na provincia de Béarn (Baixa Navarra), Francia, foi elevado a xeneral durante os tumultuosos anos da Revolución Francesa. En 1798, desposou a Désirée Clary, cuxa irmá Julie estaba casada con Xosé Bonaparte, o irmán máis vello de Napoleón. En 1804, Napoleón promoveuno a mariscal de Francia, concedéndolle máis tarde o título de Príncipe soberano de Pontecorvo, unha cidade do sur de Italia.

Casa De Bernadotte 
Escudo de Suecia.

Como príncipe herdeiro de Suecia, asumiu o nome de Carlos Xoán e tornouse oficialmente como rexente para o restante do reinado de Carlos XIII, asegurando unha unión persoal forzada entre Suecia e Noruega na campaña contra Noruega de 1814.

Jean-Baptiste Bernadotte reinou como rei Carlos XIV Xoán de Suecia e Carlos III Xoán de Noruega do 5 de febreiro de 1818 até a súa morte, o 8 de marzo de 1844.

A casa de Bernadotte reinou nos dous países até a disolución da unión entre Noruega e Suecia en 1905. O príncipe Carlos de Dinamarca, un neto do rei Carlos XV, foi entón electo o novo rei de Noruega.

O Escudo de armas da casa de Bernadotte combina o brasón da casa de Vasa co brasón de Bernadotte como príncipe de Pontecorvo. É visíbel como un escudo no centro do brasón de armas de Suecia.

Lista dos monarcas da casa Bernadotte

Véxase tamén

Tags:

1818Suecia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

HLA-DODonostiaArxentinaXabi AlonsoMasturbaciónTarragonaHelia GonzálezPratos combinadosSíndrome do aceite tóxicoMaría ReimóndezIrmandiñosO PorriñoUxío NovoneyraDecembroMasculino e feminino en galegoIsabel Feodorovna RomanovaFrancisco FrancoRafael NadalCLIP (inmunopéptido)AfganistánHarry StylesXosé FortesVillarmentero de CamposFiúnchoAciñeiraContactorRosario DúrcalGrupo de teatro O FachoTina TurnerIker CasillasInglaterraQuercusPilar AlegríaXulloPeníscolaIdade MediaFragas do EumeBenedicto García VillarPadre CasaresAndoriñaCarlos III de EspañaLista das aves de GaliciaMiguel Ángel Zabalza BerazaTesouro de Saddle RidgeJosé Antonio Vázquez TaínDiáspora galegaJennifer LopezLeonardo da VinciLista de ríos de GaliciaToxo arnalLareiraDavid PerdomoC++Bull terrierRexionalismo galegoSabela (Operación Triunfo)Che GuevaraMariano RajoyHaxixRiba-roja de TúriaCatedral de la Seu d'UrgellGalipediaManuel FragaNacho VegasListenbourgJéssica BouzasCetáceosApóutegaÁlex FidalgoXabarín ClubNegueira de MuñizLorbé, Dexo, OleirosRepública Popular da ChinaO Amenedo, Grixalba, Sobrado🡆 More