Carricanta: Insecto

Cos nomes de carricanta, chicharra, cigarra ou cantariña desígnanse colectivamente uns insectos da familia Cicadidae, pertencente á orde Hemiptera.

A súa distribución abarca climas temperados e tropicais, en tódolos continentes excepto a Antártida.

Carricanta: Descrición, Ciclo biolóxico, Taxonomía
Carricanta.

Descrición

As carricantas miden entre 15 e 65 milímetros de lonxitude. Posúen un longo rostro que lles permite perfora-la casca das árbores e outras plantas para se alimentaren do zume. Tamén se distinguen pola cabeza ancha e os ollos grandes e avultados.

Presentan catro ás transparentes ou translúcidas, as anteriores grandes e moi visibles, e as posteriores máis pequenas ocultas cando non están voando; nas ás mostran numerosas veas e unha serie de puntos negros. Cando están en repouso, as ás adoptan unha posición de tellado sobre o dorso.

Caracterízanse polo canto que emiten os machos para atraeren as femias, un son intenso e monótono, repetido, producido polo chamado aparato estridulario, situado latero-ventralmente no primeiro segmento abdominal e constituído por membranas quitinosas chamadas timbais e sacos con aire que funcionan a modo de caixas de resonancia. Este son non é propiamente unha estridulación. Cada especie emite un son propio característico. Aínda que este son pode ser emitido a calquera hora do día (son especies de hábitos diúrnos), é máis intenso e frecuente ó solpor e ó amencer.

Ciclo biolóxico

Presentan un desenvolvemento completo que dura de 2 a 17 anos, segundo a especie, se ben a vida adulta só é de 1-2 semanas, o tempo necesario para se reproduciren.

En liñas xerais, as femias poñen os ovos e morren ó pouco. A posta realízase mediante un oviscapto, co que depositan os ovos baixo a casca, en número de ata 300. As larvas nacen no outono, transfórmanse en ninfas e caen ó chan, penetrando na terra grazas ó primeiro par de extremidades anteriores, adaptadas á escavación. Nestas galerías subterráneas permanecen durante anos, alimentándose do zume das raíces. Chegado o momento da muda, saen da terra e soben ás árbores, en maio-xuño, onde mudan a imago e logo a exemplares adultos, desenvolvendo as ás e o aparato xenital.

O apareamento ten lugar durante os meses de verán, variando moito segundo a especie e a rexión xeográfica.

Taxonomía

A clasificación en subfamilias e tribos é obxecto de discusión entre os entomólogos, atopándose aínda en construción.

Carricanta: Descrición, Ciclo biolóxico, Taxonomía 
Ilustración das fábulas de La Fontaine.

A carricanta e a formiga son os protagonistas dunha afamada fábula atribuída a Esopo que logo foi recreada por La Fontaine e, despois, por Samaniego.

Na literatura oral galega ten moi pouca representación:

  • Manterse do resío coma as chicharras: non comer apenas.

Refraneiro

  • Rincha o faco, braca o boi e coaxa o ralo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Carricanta DescriciónCarricanta Ciclo biolóxicoCarricanta TaxonomíaCarricanta A carricanta na cultura popularCarricanta NotasCarricanta Véxase taménCarricantaAntártidaFamilia (bioloxía)InsectoOrde (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Revolución dos caraveisLeitzaldeaDani PedrosaCayetana Guillén CuervoCLIP (inmunopéptido)Carlos III do Reino UnidoLeopoldo RubidoDies iraeOurenseAlfonso Basterra CamporroRevolución dos CaraveisEduardo Blanco AmorSíndrome do aceite tóxicoBubelaParroquias de GaliciaXaxún no islamMasturbaciónJuan Constenla CarbónSegunda división española de fútbolMartina Aneiros BarrosVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaXosé Manuel PiñeiroRaquel Castro MartínezPosición aconchegadaTamara CanosaNico HülkenbergColocación do pronome átono en galegoSalvador García-BodañoEudoxo de CnidoVietnamAlexandra TargaryenVilanova de ArousaAlbert EinsteinInternetCastelo de PambreKTereixa NavazaPaís neutralSayenFernando AlonsoAntón FraguasRafael NadalJennifer LopezNoelia ReyNoruegaManuel AntonioMónica García PérezDonostiaLino LópezPorto, PortugalSegoviaAlberto Núñez FeijóoLista de nomes femininos en galegoFascismoMillie Bobby BrownSistema operativoFragas do EumeMarta Fernández-TapiasPombo torcazEstragónHelena SalgueiroJulio Alén MontesIslandiaCantiga de amigoVladimir PutinPaís VascoManuel FragaAlemañaXulloPili PampínJosé Ernesto Díaz NoriegaJordi HurtadoFalange EspañolaRosario Porto OrtegaManuel Fernández DoalloMelgachoBillarda🡆 More