Cara Oculta Da Lúa: Hemisferio da Lúa que sempre mira para o outro lado da Terra

A cara oculta da Lúa é o hemisferio da Lúa non observable desde a Terra.

Iso ocorre debido a que a Lúa tarda en rotar sobre si mesma o mesmo que o seu movemento de translación ao redor da Terra, o que provoca que o satélite lle presente sempre a mesma cara. Adóitase chamar a esta parte da lúa o seu “Lado Escuro” pero isto é incorrecto xa que non hai ningunha sección da Lúa que non reciba luz solar. Debido ás libracións, desde a Terra só se nos oculta o 41 % da superficie lunar (é dicir uns 15,5 millóns de km²).

Cara Oculta Da Lúa: Historia, Xeografía, Notas
Fotografía da cara oculta da Lúa.
Cara Oculta Da Lúa: Historia, Xeografía, Notas
Selo postal da URSS de 1959 conmemorando a primeira fotografía da cara oculta da Lúa.

Historia

Este hemisferio estivo oculto á vista humana ata que a sonda automática soviética Luna 3 o fotografou por primeira vez o día 7 de outubro de 1959. Como a Lúa tarda o mesmo tempo en dar unha volta sobre si mesma que ao redor da Terra, presenta sempre a mesma cara. Isto débese a que a Terra, por un efecto chamado gradiente gravitatorio, freou completamente a Lúa. A maioría dos satélites regulares presentan este fenómeno respecto dos seus planetas.

Nos programas de estabelecemento dunha base lunar estable planeouse empregar o hemisferio oculto para a instalación de instrumentos de observación destinados ao estudo do firmamento, xa que aquel está máis protexido da influencia da Terra que o hemisferio visible.

Xeografía

Trátase dunha zona moito máis accidentada que o hemisferio visible. Neste hemisferio non existen grandes mares, como sucede no visible; unicamente localízanse os mares Moscoviense, Orientale e Ingenii, compartindo así mesmo co hemisferio visible o Mare Australe, aínda que estas concas son de bastante menor tamaño que as da cara visible. Si existen, con todo, xigantescos cráteres ou circos lunares maiores que os do outro hemisferio, podéndose atopar algúns como Apolo, de até 520 km de diámetro. Debido a que foron as naves soviéticas as primeiras en fotografar esta cara lunar, a maioría dos accidentes teñen nomes de científicos e personaxes rusos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Cara Oculta Da Lúa HistoriaCara Oculta Da Lúa XeografíaCara Oculta Da Lúa NotasCara Oculta Da Lúa Véxase taménCara Oculta Da LúaLibraciónLúaQuilómetro cadradoTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carcinoma lobular in situDelegación do Goberno en GaliciaXXunta de GaliciaCasinoTemperaturaPremio Burnett Anderson MemorialIslandiaCaralloReino de CastelaNacho CastañoIrene GonzálezBoiro NovoCalcioSamuel JuárezCatión de amonio cuaternariourlMullerManuel Curros EnríquezVento feridoUnión EuropeaFesta da ReconquistaHells AngelsSantiago Amor54Democracia GalegaLuís TorrasPatacas frixidasPepe CoiraFlandresColin FirthCastelo de MesíaYouTubeA CoruñaSuomen JääkiekkoleijonatYolanda DíazChaira abisalCecilia BaenaMaría KodamaCampus de PonferradaMVigoDavid T. AlexanderLista de pseudónimos e sobrenomes galegosFelipe Senén LópezHerexíaGuerra civil españolaXentilicioDaft Punk77RotacismoEugenia OsterbergerJosé Miñones TrilloAWStats45Pantera RodríguezMúsica tradicional galegaBlas García PiñeiroCanadáRusia76Jules VerneFernando AbreuFacebookGloteDinamarcaFeiracoLlerena Perozo PorteiroEduardo Sanches MaragotoTokusatsuArandoAvesFilipinas🡆 More