Burro Fariñeiro

O burro fariñeiro é unha a raza de burro autóctona de Galiza.

O seu nome deriva do seu uso primixenio como transporte de sacos de fariña. Tamén se coñece coma 'asno galego'. Non ten recoñecemento oficial e existen poucos exemplares que se atopan, principalmente, nas comarcas do Morrazo, de Betanzos e dos Ancares, no Courel e nas montañas ourensás.

Historia

A raza non é recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, nin está listada entre as razas españolas en "perigo de extinción", nin tampouco está entre as razas incluídas polo goberno español no DAD-IS (o sistema de información da diversidade de fauna doméstica da FAO).

No pasado, e aínda hoxe en día, foi usado coma besta de carga en tarefas coma o transporte da fariña, que lle dá nome, de uva durante a recolleita, e levando marisco recollido nas praias do Atlántico para ser usado coma fertilizante agrícola.

No 1999, un censo do INE contou 14.649 burros en Galiza, a meirande poboación de tódalas comunidades autónomas. No 2009, estimouse que o número de burros fariñeiros rondaría os 180, cun número moi reducido de sementais, moitos dos cales xa eran vellos, e estaban moi dispersos por unha ampla área xeográfica. A poboación estaba declinando a un ritmo alarmante. No mesmo ano, o decreto que protexería as razas autóctoas galegas, incluíndo ao burro fariñeiro, levaba agardando máis dun ano a aprobación da Xunta de Galiza.

A raza está actualmente baixo a responsabilidade do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia e existe unha asociación para a súa protección, a Asociación para a Protección e Defensa Medioambiental do Burro Fariñeiro de Galicia (ABUFA).

Os burros fariñeiros foron introducidos na illa da Toxa, como parte dun proxecto de recuperación e conservación medioambiental.

Características

Esta raza é máis pequena ca outras razas ibéricas de burro, medindo entre 1 m. e 1,20 m. e pesando entre 120 e 180 kg. A pelaxe é fina, densa, suave e de lonxitude media; a súa cor é gris ou dun marrón claro, e máis clara na parte inferior. As franxas do lombo e os ombreiros poden estar máis ou menos diferenciadas.

Notas

Tags:

BurroComarca de BetanzosComarca do MorrazoFariñaGalizaO CourelOs AncaresRazaSerras orientais de Galiza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Canle (comunicación)LandraMalena AlterioTelevisión de GaliciaAs dúas MaríasXosé Carlos MorellSangueÁnxel CasalFederico Jiménez LosantosRibeiraJosé Manuel Rodríguez PuenteDigital object identifierBortziriakEstado NovoVento feridoHenrique VIII de InglaterraÁlvaro CunqueiroPere Pau Ripollès AlegreMarcelo Rebelo de SousaTribadismoLista de castelos de PortugalAguia imperial ibéricaOs ÁnxelesRevolución galega de 1846A chave das nocesIrmandiñosContactCarballoRosario Porto OrtegaNava CastroPanteón de Galegos IlustresPemento de PadrónTwitterComarca de SarriaChorimaNova YorkLeitzaAntonio López FerreiroTransformador Ana Belén FortesDía das Letras GalegasGabriel RufiánShinovaFoca monxeColocación do pronome átono en galegoPaspallásHindemburg Melão Jr.Lipoproteína de BraunLista de filmes coas maiores recadaciónsArroazMiro CasabellaLuís CíliaPaulino PereiroLista de deuses celtasGres, Vila de CrucesGalego-portuguésLorenzo VarelaCandela PeñaXabier FortesCoco (bacteria)Carlos de Matos GomesO Pedrouzo, Arca, O PinoRoberto VerinoBilbaoGalileo GalileiLista de programas de Televisión EspañolaRefraneiro galego sobre o panAlberto FortesPotaFesta da Palabra SilenciadaÁlvaro MorataFrancisco Castro VelosoPaparazziCabo Norte, Noruega🡆 More