Brian May: Músico e astrofísico inglés

Brian Harold May, nado en Hampton, Londres, Inglaterra, o 19 de xullo de 1947, é un músico e astrofísico británico, coñecido mundialmente por ser guitarrista, compositor, vocalista e, ocasionalmente, teclista da exitosa banda británica Queen.

Infotaula de personaBrian May
Brian May: A súa vida, A súa carreira, Doutoramento
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Brian Harold May Editar o valor em Wikidata
19 de xullo de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Hampton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónImperial College London - astrofísica
Universidade de Londres
Hampton School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tese académicaA Survey of Radial Velocities in the Zodiacal Dust Cloud (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (2007 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseJames Ring (en) Traducir, Ken Reay (en) Traducir e Michael Rowan-Robinson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica rock, astrofísica, guitar performance (en) Traducir, canto, letra (pt) Traducir, astronomía e stereo photography (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguitarrista , actor , produtor musical , físico , youtubeiro , pesquisador (pt) Traducir , letrista , presentador de televisión , cantautor , astrofísico , pianista , cantante , compositor , investigador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Glam rock, pop rock, hard rock e rock progresivo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor e alto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra, piano, voz, baixo e Teclado Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoParlophone
Hollywood Records Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de xullo de 1985Live Aid (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAnita Dobson (2000–)
Premios

Páxina webbrianmay.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0006190 TCM: 1200476 TV.com: people/brian-may IBDB: 498000
Facebook: BrianMayCom Twitter: DrBrianMay Instagram: brianmayforreal Youtube: UCjH3K3R7WXq46F2yE5TRmSw Last fm: Brian+May Musicbrainz: 6d24f102-5c43-453a-8664-4ee092f441cf Songkick: 193697 Discogs: 253217 Allmusic: mn0000007230 WikiTree: May-4627 Genius: Brian-may Editar o valor em Wikidata

Compuxo moitos dos grandes éxitos de Queen e utiliza unha guitarra eléctrica feita por el mesmo, chamada Red Special. É considerado un dos guitarristas máis grandes e orixinais da historia. En 2003, a revista Rolling Stone incluíuno no posto 26 da súa lista dos guitarristas máis grandes de todos os tempos. En 2011, a mesma revista, nunha nova lista, situouno no posto número 26. En 2005 unha entrevista de Planet Rock colocouno no posto 7 dos mellores guitarristas.

En 2005 foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico polos seus "servizos á industria da música". May obtivo o doutoramento en astrofísica no Imperial College e en abril de 2007 foi elixido reitor honorífico da Universidade John Moores.

A súa vida

Nado o 19 de xullo de 1947 en Hampton, Londres, é o único fillo de Harold May e de Ruth Irving Fletcher. O seu pai proviña dun dos barrios obreiros de Londres e serviu na forza aérea británica durante a segunda guerra mundial; a súa nai, que era escocesa, estivo ao servizo da Women's Royal Air Force. Desde neno, Brian amosou un grande interese pola música e a astronomía. Comezou a tocar o ukelele, instrumento que o seu pai tocaba moi ben. Aos sete anos recibiu de agasallo a súa primeira guitarra acústica.

Foi alumno da Escola Hampton, onde obtivo altas cualificacións en Física e en Matemáticas. Durante os seus estudos coñeceu a Tim Staffell, con quen formou a súa primeira banda, 1984, pola novela de George Orwell do mesmo nome.

Estivo casado con Chrissie Abrandan desde 1974 ata 1988. Con ela tivo os seus tres fillos: Jimmy (nado o 15 de xuño de 1978), Louisa (o 22 de maio de 1981) e Emily Ruth (o 17 de febreiro de 1987). Despois de se divorciar de Chrissie, en 1988 comezou unha relación coa actriz Anita Dobson. Tras 12 anos, casaron, en 2000.

Dixo en entrevistas que sufriu depresión a finais da década de 1980, ata o punto de considerar a posibilidade do suicidio, por motivos como o seu divorcio, a morte do seu pai e, mesmo, a doenza do seu amigo Freddie Mercury.

A súa carreira

Smile

En 1968, mentres estudaba no Imperial College, formou a banda Smile, co seu compañeiro Tim Staffell como cantante e baixista. Tras deixar varios anuncios na universidade, solicitando un batería, uniríaselles Roger Taylor. Tras dous anos, Staffell deixou a banda en 1970, cun repertorio de só nove cancións. Finalmente, como vocalista uníuselles un rapaz chamado Farrokh Bulsara, que logo sería coñecido como Freddie Mercury. O 22 de decembro de 1992, durante un concerto da banda de Roger Taylor, The Cross, Smile reuniuse para interpretar dúas cancións: "Earth" e "If I Were A Carpenter".

Queen

Brian May: A súa vida, A súa carreira, Doutoramento 
Queen en vivo en Frankfurt (Alemaña) en 1984, durante a xira The Works Tour. De esquerda a dereita: Deacon no baixo, Mercury na voz principal, Taylor na batería, e May en guitarra e coros.

En 1970, tras incorporar a Freddie Mercury, puxéronlle á banda o nome de Queen. Logo de pasar por varios baixistas buscaron un con carácter permanente, e así coñeceron a John Deacon. Tras unha audición, incorporárono á banda en maio de 1971.

May e Mercury foron os principais compositores de Queen. May compuxo cancións para todos os álbums e varios dos éxitos mundiais da banda, como "We Will Rock You, "Tie Your Mother Down", "Fat Bottomed Girls", "Keep Yourself Alive", "Who Wants to Live Forever?", "Hammer to Fall", "Save Me", "I Want it All", "The Show Must Go On" e "No-One But You (Only The Good Die Young)".

Como cantante na banda interveu en cancións como "Some Day One Day", "She Makes Me (Stormtrooper in Stilettos)", "'39", "Good Company", "Long Away", "All Dead All Dead", Leaving Home Ain't Easy", "Sleeping On The Sidewalk", "Who Wants to Live Forever?", "I Want it All",''Lost Oportunity'', "Let Me Live" e "No-One But You (Only The Good Die Young)"

Desde 2005 ata 2009, Brian traballou nun proxecto posterior a Queen, que xuntou a May e Taylor con Paul Rodgers, ex cantante de Free e Bad Company. Con esta banda realizaron un exitoso tour chamado The Return of The Champions ("O regreso dos campións") no ano 2005.

O 15 de setembro de 2008, saíu á venda o primeiro disco de estudio de Queen con Paul Rodgers, titulado The Cosmos Rocks, con catorce cancións novas, que inclúen o exitoso sinxelo "Say It's Not True".

A fins de 2008 finalizou a xira mundial The Cosmos Tour, que os levou por Europa, Asia e América do Norte, e foi motivo do retorno de May e Taylor a tocar en escenarios de Suramérica. Tras finalizar a xira, Paul Rodgers anunciou que terminaba de forma amigable a súa colaboración con Queen.

May é coñecido por tocar as cordas cunha moeda británica de seis peniques. Segundo el, coa moeda logra un son moito máis metálico e con máis corpo. Son moi coñecidos os seus solos e riffs feitos coa guitarra Red Special.

Solista

Brian May: A súa vida, A súa carreira, Doutoramento 
May en 1998.

En 1983, os membros de Queen fixeron algunhas interpretacións como solistas. O 21 e 22 de abril, nos Ánxeles, May gravou o seu primeiro traballo solista, co título de Star Fleet Project, no que colaborou con Eddie Van Halen. En 1986 colaborou con Ramoncín tocando a guitarra na canción "Como un susurro".

O 5 de abril de 1992, cinco meses despois da morte de Mercury, organizouse un concerto tributo a Freddie Mercury, xunto con Roger Taylor e John Deacon, co fin de recadar fondos para a cura da SIDA.

O 28 de setembro do mesmo ano, editou o seu álbum Back to the Light, que tivo un grande éxito con cancións como "Too Much Love Will Kill You" e "Resurrection". A finais do ano formou The Brian May Band, con membros como Cozy Powell na batería e Spike Edney nos teclados, e saíu a unha xira mundial que o levou a editar un álbum en vivo titulado Live at the Brixton Academy.

Logo de rematar a xira promocional o 18 de decembro de 1993, May volveu xunto con Taylor e Deacon, os membros sobreviventes de Queen, para gravar o traballo final da banda, Made in Heaven.

En 1998 editou o seu traballo solista Another World. En 1999 compuxo a banda sonora da película "Furia" e en 2000 lanzouse o álbum desta.

En 2006 tocou xunto a McFly as cancións "Don't Stop Me Now" e "5 Colours in Her Hair" durante o Motion in The Ocean Tour.

Nese mesmo ano, May colaborou na gravación do álbum debut do artista español Momo Cortés, Constante Contradición, en concreto no tema "Tanto amor no es bueno", adaptación ao castelán realizada polo artista español do clásico do propio May "Too Much Love Will Kill You"

Brian May: A súa vida, A súa carreira, Doutoramento 
Kerry Ellis e Brian May na BBC (2010).

May colaborou cumpridamente coa cantante e actriz de musicais Kerry Ellis, a quen coñeceu logo de quedar seleccionada para interpretar un dos papeis principais do musical producido co nome da canción "We Will Rock You". El produciu o primeiro sinxelo de Ellis, "Wicked in Rock", editado no 2008. Tamén produciu e interpretou todos os instrumentos e coros do seu primeiro álbum, Anthems, editado en 2010. Desde entón, comezou a aparecer na maioría das actuacións de Ellis. En maio de 2011 May empezou un tour, denominado Anthems Tour por todo o Reino Unido xunto a Kerry Ellis, no que interpretaron tanto cancións do último álbum da cantante como coñecidísimas cancións de Queen. O tour empezou o día 1 de maio de 2011 no Royal Albert Hall de Londres, nunha dobre actuación, e acabou na cidade inglesa de Cranwell o 16 de xullo de 2011, pasando por varias cidades e poboacións de toda Inglaterra, Escocia e Gales.

Máis recentemente, May colaborou tocando a guitarra no sinxelo "You and I", da cantante neoiorquina Lady Gaga, pertencente ao disco Born This Way. O 28 de agosto de 2011, interpretou a canción xunto á cantante (caracterizada do seu álter ego masculino Jo Calderone), nos MTV Vídeo Music Awards 2011, no Nokia Theatre dos Ánxeles. O 26 de agosto de 2011 tocou "We Will Rock You" e "Welcome to the Black Parade", xunto á banda My Chemical Romance no Reading Festival do Reino Unido.

Doutoramento

Licenciouse en Física e Astronomía no Imperial College de Londres en 1968. Para o seu doutoramento en astrofísica, Brian estudou o reflexo da luz do po interplanetario no Sistema Solar. A súa tese, An Investigation of Motion of Zodiacal Dust Particles, está baseada nas súas observacións no observatorio Teide, na illa de Tenerife, durante os anos 1971 e 1972, de cuxos traballos realizou dúas publicacións. A primeira, Emisión de MgI no espectro do ceo nocturno publicouse na prestixiosa revista Nature o 15 de decembro de 1972, entanto que a Investigación sobre o movemento das partículas de po zodiacal apareceu na revista mensual da Real Sociedade Astronómica Inglesa en 1975. Con todo, May deixou de escribir a súa tese cando Queen comezaba a ser unha banda de éxito e só a retomou pasados máis de trinta anos, para entregala en 2007. A cerimonia da súa gradación foi no Royal Albert Hall a tarde do 14 de maio de 2008, 37 anos despois. O 19 de xullo de 2007 foi nomeado reitor honorífico da Universidade John Moores (LJMU), de Liverpool, tomando a substitución de Cherie Blair, e desde 2008 asiste asiduamente aos actos solemnes desta universidade británica como máxima autoridade académica.

A guitarra Red Special

Brian May: A súa vida, A súa carreira, Doutoramento 
Corpo da Red Special.

A historia desta guitarra comezou en 1963, cando Brian May, con só 16 anos, se decatou de que coa súa guitarra acústica non podía interpretar as cancións que escoitaba na radio e trataba de emular. Así que decidiu cambiar a súa guitarra acústica por unha eléctrica, pero nesa época Brian non dispuña do diñeiro para comprar a custosa Fender Stratocaster que había no mercado. Así que coa axuda do seu pai, Harold May (enxeñeiro eléctrico), decidiu embarcarse no difícil proxecto de fabricar a súa propia guitarra, traballo que comezou en agosto de 1963 nun dormitorio da súa casa convertido en taller. Para o mastro utilizaron a madeira dunha cheminea que un amigo da familia ía tirar. A madeira era caoba de boa calidade e, malia estar vella e algo picada pola trilla, Brian logrou darlle forma á man. Outros elementos do instrumento son agullas de coser e botóns de nácara.

A primeira guitarra que fixo con axuda do seu pai é a que actualmente ten e utiliza.

Activismo

May formou un grupo para promover un trato digno para os animais. Malia ter sido votante do Partido Conservador a maior parte da súa vida, declarou que a súa política na caza do raposo e o sacrificio de porcos teixos o motivou a deixar de votar por eles. O seu grupo, Save Me, é unha campaña para a protección de todos os animais contra os tratos innecesarios, crueis e degradantes, cunha especial énfase na prevención da caza de raposos e o sacrificio de porcos teixos. A principal preocupación do grupo é asegurarse de que a Lei de Caza de 2004 e outras leis que protexen os animais manteñan a súa vixencia.

Nunha entrevista de setembro de 2010 para a BBC, May dixo que prefire ser lembrado polo seu traballo cos dereitos animais que pola súa música ou traballos para a ciencia.

Notas

Tags:

Brian May A súa vidaBrian May A súa carreiraBrian May DoutoramentoBrian May A guitarra Red SpecialBrian May ActivismoBrian May NotasBrian May19 de xullo1947AstrofísicaCompositorGuitarraInglaterraLondresMúsicoQueenReino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

HipotensiónAs NevesRosalía (cantante)Democracia OurensanaAnxo ArcaFútbol americanoMáximo común divisorWorld Wide WebPremios Mestre MateoAlicúnHermann Heinrich GossenMela CasalPontevedraXosé Manuel PiñeiroAmancio López SeijasPortomarínPenélope CruzRamón CabanillasFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)Gran Premio do Canadá de 2014Michelangelo AntonioniLontreiraVíctor CoyotePrimeira guerra mundialPonte das PíasCelanovaSalzburgoMúsica das películas de Chano PiñeiroListenbourgAMiguel de MiguelGlenn Research CenterAmieiroLista de nomes masculinos en galegoManu ChaoIndependenciaSnoop DoggPúrpuraLista das aves de GaliciaAno (astronomía)Tratado internacionalEsvásticaA VeigaLista de deuses celtasAzorKuala LumpurAWStatsLista de concellos de PontevedraMichael JacksonXabier DíazRusiaImperio españolFidel CastroA morte na literatura popular galega2004WikipediaTapa (peixe)Posición do canRequintaLuzónKanye WestCarlos II de InglaterraA.C. MilanExaculaciónPartido políticoBieito XVI, papaBandeira de IrlandaBDSMEnciclopediaBurocraciaGuerra civil españolaUbertino da CasaleMiguel Ángel Zabalza BerazaAna Buceta🡆 More