Bertil Ohlin, nado en Klippan, Kristianstad, Suecia o 23 de abril de 1899 e finado en Estocolmo, Suecia o 3 de agosto de 1979, foi un economista sueco.
Gañador do Premio Nobel de Economía en 1977 polas súas achegas teóricas ao comercio e as finanzas internacionais. O seu nome asóciase ao modelo de comercio internacional coñecido como modelo Heckscher-Ohlin.
Foi profesor da universidade de Copenhague e da de Estocolmo. Tamén foi dirixente do Partido Liberal e ministro de Comercio do Goberno sueco en 1944-45. No seu libro "Interregional and international trade" ("Comercio interrexional e internacional"), reelaborou un teorema de Hescksher, que era unha modificación da teoría dos custos comparativos, no que afirmaba que cada nación se especializa na exportación dos bens nos que está mellor dotada desde o punto de vista dos factores de produción utilizados.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bertil Ohlin |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Bertil Ohlin, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.