Bernardo Provenzano

Bernardo Provenzano, coñecido como Zio Binu (Tío Bernardo) ou U tratturi (O tractor, debido á súa forza e determinación para disparar e matar), nado en 1933 en Corleone (Sicilia) e finado o 13 de xullo de 2016 en Milán, foi o Capo di tutti i capi (máximo dirixente) da Cosa Nostra siciliana.

Infotaula de personaBernardo Provenzano
Bernardo Provenzano
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1933 Editar o valor em Wikidata
Corleone, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 2016 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Ospedale San Paolo, Italia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de vexiga Editar o valor em Wikidata)
Capo di tutti i capi
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2016)
Reino de Italia (1933–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncriminal Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porasasinato Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
11 de abril de 2006Arresto (Corleone) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Provenzano-155 Find a Grave: 166950527 Editar o valor em Wikidata

Biografía

A súa carreira mafiosa e escalada criminal comezou na década de 1950, cando xunto a Salvatore "Totò" Riina e Calogero Bagarella, converteuse no lugartenente do gran xefe da mafia corleonese Luciano Liggio. O seu primeiro traballo foi liquidar a Francesco Streva, do clan contrario de Michelle Navarra. O mafioso escapou nun primeiro momento, pero días despois foi asasinado. Provenzano, buscado pola policía, pasou a paradoiro descoñecido, no que chegaría a estar durante corenta e tres anos. Era o 18 de setembro de 1963.

Co paso dos anos e tras deixar un regato de sangue na guerra entre clans mafiosos da década de 1980, Riina e Provenzano fixéronse co control de Cosa Nostra, logo de vencer á poderosa mafia da capital de Palermo. Bagarella, entre tanto, foi asasinado. O clan dos Corleoneses dominou Sicilia e Riina erixiuse no máximo representante, mentres que Provenzano pasou a un suposto segundo plano.

A xustiza seguiulles os pasos e o nome dos dous aparece en decenas de procesos, mentres comezou a tecerse a súa fama de invisible. Segundo os coñecedores das reviravoltas da Cosa Nostra, Provenzano foi o que manexou a organización durante medio século. Cando Totó Riina foi detido o 15 de xaneiro de 1993, Provenzano asumiu o control total da organización. Destacados "arrepentidos mafiosos" (colaboradores da xustiza), como Totó Cancemi e Gioacchino Pennino aseguraron que Provenzano sempre mantivo o "control político" dentro da Cosa Nostra, mentres que Riina foi en realidade "o xefe militar".

A Provenzano relaciónaselle con 127 asasinatos mafiosos levados a cabo nos setenta e os primeiros anos dos noventa, delitos polos que está condenado en rebeldía a cadea perpetua. Provenzano estivo en paradoiro descoñecido durante 43 anos. Apoiado na "omertá" (pacto de silencio) que rexe na mafia e talvez axudado por personalidades importantes da vida siciliana, Provenzano pasou todo ese tempo na illa. Chegouse a asegurar que morrera. Ninguén o recoñecía e a súa voz nunca foi interceptada ou recoñecida por teléfono.

A única foto que se coñecía de Provenzano era de 1958, o que lle permitiu ata burlar unha vez máis ás autoridades italianas en 2005, cando viaxou a Francia para operarse de próstata nun hospital de Marsella, no que se aloxou baixo a identidade dun xubilado siciliano. O mafioso, polo que se ofrecía unha recompensa de 2,5 millóns de euros, chegou a presentar un formulario da sanidade siciliana para poder ser intervido no estranxeiro sen necesidade de pagar, e pasou á Rexión de Sicilia a factura da operación e dos sete días que estivo ingresado.

Bernardo Provenzano foi detido o 11 de abril de 2006 no seu pobo natal de Corleone.

Véxase tamén

Capo di tutti i capi

Segue a:
Salvatore "Totò" Riina
Bernardo Provenzano
Precede a:
Mafia siciliana

Ligazóns externas

Tags:

13 de xullo19332016Capo di tutti i capiCorleoneCosa NostraMilánSicilia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Oman AirLandraTeoría de númerosMartín SarmientoHistoria de GaliciaXavi HernándezRacing Club de FerrolNordés (vento)Jorge PeteiroCarlos de Matos GomesAdolf HitlerUniversidade de ManchesterJosé María Barreiro GómezFigueresCabo Norte, NoruegaRamiro CarregalConceyu BableAgustín Fernández PazTotó GarcíaSete Sabios de GreciaBreogánHenrique VIII de InglaterraXogo da chaveContactorProvincias de EspañaHard GZDiáspora galegaParafusoDodecágonoGran Guerra IrmandiñaA chave das nocesNational Portrait GalleryPMoción de confianzaVilalba, Vilalba, Vilalba2024Guillermo Alonso BarciaConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesDiego González RivasFollas novasMimosaEl Pueblo GallegoAs leis de CelavellaVicepresidencia do Goberno de EspañaLudwig van BeethovenComarca de SarriaCaquetáElena CandiaVincent van GoghRetorno a Tagen AtaFC Ilves (feminino)Refraneiro galego sobre o mes de maioFlora invasora de GaliciaXeración do 36Yolanda CastañoProvincia da CoruñaHindemburg Melão Jr.Juan CorralLista de exónimos en galegoBob DylanListenbourgLingua inglesaTrofoblastoXoán Manuel PintosC++Coordenadas xeográficasVicente RiscoMauro ScaloniXiros idiomáticos galegosElvira Fernández BalboaAsalto do bou EvaSonia Méndez🡆 More