Balcón: Elemento construtivo

Un balcón (do italiano: balcone, estada, estadal; este do xermánico: balcho, trabe; probabelmente cognato da verba persiana بالكانه bālkāneh ou a súa variante máis antiga پالكانه pālkāneh;) é unha abertura feita desde o chan na parede dun cuarto, polo xeral cunha pequena plataforma que sobresae cara a fóra, amparada por unha varanda Adoita estar sostido por columnas ou canzorros, e fechado mediante unha balaustrada.

Balcón: Usos especiais do balcón, Galería de imaxes, Notas
Balcón plateresco da Casa Torre de Pazos Figueroa (s.XVI), en Vigo.
Balcón: Usos especiais do balcón, Galería de imaxes, Notas
Balcón modernista (1907) na casa Mülder en Vigo.
Balcón: Usos especiais do balcón, Galería de imaxes, Notas
Solaina en Allariz,a solaina é unha evolución dun corredor, semellante a un balcón, pero cuberto é máis longo.

Como alternativa, pode non sobresair do plano do muro, senón que constitúe unha superficie aberta dun andar alto, cunha balaustrada só na fronte, e paredes nos costados. Usualmente o acceso ao balcón faise mediante unha porta. A diferenza do patín e do corredor, o balcón non ten acceso dende a rúa mediante unha escaleira. A solaina é unha evolución do corredor, sempre cuberta, adornada e moi sólida con cantaría de pedra.

Usos especiais do balcón

  • Algúns balcóns están adaptados para propósitos cerimoniais, por exemplo o da Basílica de San Pedro en Roma, dende onde o Papa dá a súa beizón Urbi et Orbi.
  • Nas igrexas, eran usuais os balcóns interiores chamados púlpitos para os rezos.
  • Nos teatros, un balcón era antigamente unha caixa sobre o escenario, mais actualmente o nome dáse unicamente a unha parte do auditorio, sobre o círculo das plateas e baixo a galería.
  • Nalgunhas localidades españolas, como por exemplo, Zaragoza ou Pamplona, é habitual que o pregoeiro das festas lea o seu discurso desde o balcón da Casa do Concello.
  • Cando un deportista ou equipo deportivo dunha localidade gaña un trofeo de prestixio, tamén é tradicional que o celebre coa súa afección de seareiros, desde o balcón da Casa do Concello. O mesmo pasa coa proclamación dos reis, Papas e gobernantes, (conmemoracións, posesións etc) etc.
  • É común nos balcóns colocar bandeiras, tanto oficiais nos edificios públicos, como en vivendas particulares con intencións políticas ou deportivas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Balcón Usos especiais do balcónBalcón Galería de imaxesBalcón NotasBalcón Véxase taménBalcónBalaustradaCanzorroColumna (arquitectura)Lingua italianaLingua persaLinguas xermánicasVan (construción)Varanda

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

DinhoXaime Isla CoutoVAna BolenaLingua inglesaAsiaRubén Fernández GarcíaBipartito galegoValfendidoEls Dottermans2Harry BelafonteChorimaHeterosexualidadeSubstantivoThe Wedding DateAlbaniaIraqSBidueiroOs AtlánticosLuis Miguel del AmargueDaniel BasteiroSica RomeroHTTPCarmen Martín GaiteDos arquivos do trasnoOs pronomes persoais galegosFala de EstremaduraAna RomaníApp Store (iOS)Paradigmas dos verbos irregulares galegosOrixe das avesMona SimpsonMichelle PfeifferBruce SpringsteenVigoMaría GalianaLista de nomes masculinos en galegoLinuxIdentidade sexualFauna de GaliciaA CoruñaOleirosVictoria PortasCharlie ChaplinGuarda, PortugalSexo oralXosé Manuel PiñeiroParques eólicos en GaliciaXosé Luís BaltarRío UrumeaMartin Sheen23ChatGPTRianxoPauletaAníbal MalvarPepe CarballudeBoyanka Kostova (grupo musical)Lady GagaCon pólvora e magnoliasDeputación de OurenseAntón LouroLista de ríos de GaliciaLingua galegaIndalecio Tizón ReboredaProvincia de PontevedraXosé Luís Méndez FerrínFrancisco FrancoEsgonzo comúnMalores VillanuevaXunta de GaliciaLuis Zahera🡆 More