Bc Dinamo Tbilisi

O BC Dinamo Tbilisi (en xeorxiano: დინამო თბილისი) é un club profesional de baloncesto xeorxiano con sede na cidade de Tbilisi, capital do país.

Actualmente xoga na Georgian Super Liga, a máxima categoría do baloncesto xeorxiano. O Dinamo foi un dos primeiros equipos campións da Copa de Europa (actual Euroliga), torneo que conseguiu en 1962 tras ser subcampión en 1960, sendo o único equipo xeorxiano en gañar a competición.

Dinamo Tbilisi
Bc Dinamo Tbilisi
Información xeral
Liga GSL
Fundación 1934
Cores                Laranxa, azul, branco
Presidente Bc Dinamo Tbilisi Vakhtang Natsvlishvili
Adestrador Bc Dinamo Tbilisi Irakli Khoshtaria
Localización
Cidade Bc Dinamo Tbilisi Tbilisi, Xeorxia
Pavillón Tbilisi Sports Palace
Capacidade 9.700
Inauguración 1961
Campionatos
Euroliga 1 (1962)
Liga URSS 4 (1950, 1953, 1954, 1968)
Liga 4 (1991, 1992, 2003, 2014)
Copa URSS 3 (1949, 1950, 1969)
Copa 1 (2004)
bcdinamo.ge

Historia

O BC Dinamo foi fundado no ano 1934 como a división de baloncesto do Sociedade Deportiva Dinamo. Durante os anos 1950 e 1960, o club era un dos equipos principais da Unión Soviética. Nesa época gaña o campionato de Liga en catro ocasións, a Copa en tres, e finaliza en posicións de medalla (tres primeiros) outras oito veces máis.

No ano 1960, o Dinamo consegue chegar á final da Copa de Europa (o predecesor da actual Euroliga), onde foron derrotados polo ASK Riga en dous partidos. Dous anos máis tarde, volven lograr chegar á final desta competición, e nesta ocasión, logran ser coroados como o equipo mellor de Europa ao derrotar ao Real Madrid nun encontro disputado na localidade suíza de Xenebra. O adestrador do club naquel tempo era o lendario Otar Korkia, quen xa fora xogador do club e que foi nomeado en 1991 como un dos 50 mellores xogadores da historia da FIBA. O Dinamo tamén lograría chegar á da Copa Saporta en 1969, onde foron derrotados polo Slavia de Praga.

Dinamo foi ademais o primeiro gañador do campionato xeorxiano tras a independencia do país en 1991. En total, desde aquela, o club gaña catro Ligas de Xeorxia e unha Copa. O fracaso á hora de encontrar un patrocinador propiciou a falta de éxitos do club durante os anos 2000. Con todo, o Banco de Xeorxia converteuse no principal mecenas do equipo do equipo en 2011, o cal permitiu a incorporación de xogadores estranxeiros e fixar obxectivos máis ambiciosos de cara ao futuro. O éxito viuse finalmente materializado na temporada 2013−14 estación coa primeira aparición do Dinamo na final da Liga tras unha década. Ademais o club conseguiría gañar o título con solvencia.

Palmarés

Unión Soviética

Liga da Unión Soviética

  • Campións (4): 1950, 1953, 1954, 1968
  • Subcampións (4): 1947, 1960, 1961, 1969
  • Terceiro posto (4): 1948, 1952, 1965, 1977

Copa da Unión Soviética

  • Campións (3): 1949, 1950, 1969

Xeorxia

Liga de Xeorxia

  • Campións (3): 1991, 1992, 2003, 2014

Copa de Xeorxia

  • Campións (1): 2004

Europa

Euroliga

  • Campións (1): 1962
  • Subcampións (1): 1960

Copa Saporta

  • Subcampións (1): 1969

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Bc Dinamo Tbilisi HistoriaBc Dinamo Tbilisi PalmarésBc Dinamo Tbilisi Véxase taménBc Dinamo Tbilisi19601962BaloncestoEuroligaTbilisiXeorxiaXeorxiano

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de programas de Televisión EspañolaTAL-VGalicia estremeiraFrancisco Arriví LópezElena CandiaO PinoLaosCaldas de ReisHorteláJohn HerschelVerínRubén Fernández GarcíaNoruegaDaniel de la TorreA EstradaJosé Manuel Rodríguez PuenteArroazDaniel DomínguezCouto MixtoArquitectura gótica en GaliciaIES Valle InclánIván Puentes RiveraLareiraAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCarmen ReyDía Internacional dos TraballadoresBruce SpringsteenChatGPTJesús Peleteiro SuárezTopónimos célticos en GaliciaGalegoOrtigueiraGaliciaGumersindo Galego FealMaría VázquezMáquina comecartosAntón LouroVilela, Outeiro de ReiIsmael RamosParadigmas dos verbos irregulares galegosAzoresGoián, TomiñoAna RomaníAlmorzoA CoruñaFragas do EumeYolanda DíazNava CastroElizabeth DuvalJusto Martínez MartínezChulaÁreas sanitarias de GaliciaCalendario hebreoMasculino e feminino en galego23Espazo ComúnAlejandra SilvaParque Nacional das Illas Atlánticasd91jvLingua inglesa6MarínCarmen Martín GaiteVacaMona SimpsonMúsica tradicional galegaMera, Oleiros🡆 More