Axencia Internacional Da Enerxía Atómica

A Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) é unha organización internacional autónoma creada no seo das Nacións Unidas.

Busca promover o uso pacífico da enerxía nuclear e evitar o seu uso para calquera propósito militar, incluídas as armas nucleares.

Axencia Internacional da Enerxía Atómica
Logo
Axencia Internacional Da Enerxía Atómica
Axencia Internacional Da Enerxía Atómica
AcrónimoAIEA e IAEA
Tipoorganização estabelecida pelas Nações Unidas
Data de fundación1957
Director/aYukiya Amano, Mohamed ElBaradei, W. Sterling Cole, Sigvard Eklund, Hans Blix e Rafael Grossi
Nº de empregados2.500 (2021) Editar o valor em Wikidata
Orzamento380000000 euros
Organización matrizONU
Organización subsidiariaInternational Nuclear Library Network e International Atomic Energy Agency - Trieste
PremiosPremio Nobel da Paz
SedeViena
PaísAustria
Na rede
https://www.iaea.org/
Facebook: iaeaorg Twitter: iaeaorg Instagram: iaeaorg LinkedIn: iaea Youtube: UCJjzF7cdxa0jZv_fDE_wm4A Flickr: 35068899@N03 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

A orixe do organismo remóntase ao discurso que o presidente dos Estados Unidos Dwight D. Eisenhower realizou o 8 de decembro de 1953 chamado "Átomos para a paz". Neste discurso presentou unha proposta no sentido de crearse unha organización internacional "dedicada exclusivamente aos usos pacíficos da enerxía atómica". Foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1954 e en 1957 completouse o seu estatuto, en que se indica que o seu obxectivo é a promoción do uso pacífico da enerxía nuclear e o desencoraxamento dos usos para fins militares das armas nucleares:

A Axencia procurará acelerar e aumentar a contribución da enerxía atómica para a paz, a saúde e a prosperidade no mundo enteiro. Na medida en que lle for posible, asegurarase de que a asistencia que preste, ou a que se preste a petición súa, ou baixo a súa dirección ou control, non for empregada de xeito que contribúa a fin fines militares.
Artigo II do estatuto da AIEA

En 2005, a Axencia e o seu director xeral Mohamed el-Baradei, recibiron o Premio Nobel da Paz. O comité concedeulles o premio por:

[...] é a AIEA quen controla que a enerxía nuclear non se empregue de xeito indebido con propósitos militares [...] no momento en que os esforzos do desarmamento parecen nun punto morto e existe perigo de que o armamento nuclear prolifere nos estados e nos grupos terroristas [...]

Organización

A AIEA ten a súa sede en Viena, (Austria), e ten 172 estados membros, con representantes que se reúnen anualmente nunha conferencia xeral onde elixen 35 membros para o Consello de Gobernadores. Este Consello reúnese cinco veces por ano e prepara as decisións que serán ratificadas pola Conferencia Xeral.

Co incremento da proliferación nuclear na década de 1990, as tarefas da AIEA pasaron a incluír as inspeccións e investigacións das sospeitas de violacións do Tratado de Non-Proliferación Nuclear baixo mandato das Nacións Unidas; con todo, caso de atopar indicios de uso militar nos programas que inspecciona, só poderá informar o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, que ten a exclusiva para tomar medidas coercivas. A AIEA mantén, como un dos seus instrumentos, o International Nuclear Information System (INIS), base de datos sobre a utilización pacífica da enerxía nuclear.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Axencia Internacional Da Enerxía Atómica HistoriaAxencia Internacional Da Enerxía Atómica OrganizaciónAxencia Internacional Da Enerxía Atómica NotasAxencia Internacional Da Enerxía Atómica Véxase taménAxencia Internacional Da Enerxía AtómicaArma nuclearOrganización das Nacións Unidas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María JamardoBruce SpringsteenPremio Antón Losada DiéguezProxyJesús Peleteiro SuárezAlternativa por ArzúaOhio2BuxoA homosexualidade na historiaPorqueiraPablo VioqueMiguel SolísPegaMiniSantuario de Nosa Señora da PenedaCoalición GalegaJosé Yáñez GarcíaJuan CopaFoliadaDios ke te crewAs Pontes de García RodríguezGrellaCulleredoREC (filme)2022María GalianaMariola (xogo)Elizabeth DuvalLíbanoAs aves na cultura popular galegaJosé Manuel Rey de VianaProvincia de PontevedraCarmen Martín Gaite7Leirón rabudoIsmael RamosFrancisco Arriví LópezRoberto Tojeiro DíazAL-VGalegoPilar BahamondeOrixe das avesLipoproteína de BraunO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónPonteareasEvaristo CalvoMSolace (filme de 2015)Suso VaamondeXesús PisónAxoloteLuísa MerelasJosé Manuel Rodríguez PuenteTamara AndrésPobo galegoCelso Emilio FerreiroPrefectura de GifuÁlex FidalgoCompromiso por GaliciaXabier GonzálezFran TorresAlba ManceboBodystockingManuel López PoyMércoresLinuxVagalumeVacaNava CastroBrañaDaniel DomínguezCaramelo (empresa)🡆 More