Aurora Sampedro Piñeiro, nada en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) o 15 de xaneiro de 1913 e finada na mesma parroquia 23 de setembro de 1996, foi unha química de orixe galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1913 San Pedro de Benquerencia, España |
Morte | 23 de setembro de 1996 (83 anos) San Pedro de Benquerencia, España |
Causa da morte | Accidente de tráfico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Oviedo Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | química |
Flla dun comerciante maragato de Villalibre de Somoza, Francisco Sampedro Fuente (alcumado 'O Mornelo'), e da mariñá Antonia Piñeiro Moreda, foi unha estudante constante. Estudou as primeiras letras en Barreiros, na escola do Canteiro (S. Pedro de Benquerencia) da man da súa mestra, dona Juanita, e fixo o Bacharelato por libre no Instituto Masculino de Lugo.
Trasladouse a Madrid no 1930, residindo na Residencia de Señoritas (institución que emulaba a Residencia de Estudiantes). Alí rematou o bacharelato no Instituto de Bacharelato Cervantes, e fixo Ciencias Químicas na Universidade Complutense entre 1932 e 1936. A guerra civil obrigouna a abandonar os estudos, que rematou con sobresaínte na Universidade de Oviedo no 1941. Doutorouse o 16 de febreiro no 1948 na Complutense coa tese Los oligoelementos en alimentos españoles de origen animal, de seguidas da súa investigación no Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica, “Antonio de Gregorio Rocasolano”, do Consello Superior de Investigacións Científicas e na liña que comezaba de atención ós oligoelementos na alimentación que daría lugar máis adiante á diversidade de suplementos alimenticios en voga dende o último terzo do século XX.
Adiantada ó seu tempo, abriu camiños na ciencia e no apoderamento da muller. No 1948 opositou a cátedras de Física e Química, e estivo ensinando unha tempada no occidente asturiano (Boal, A Veiga), e Madrid. No 1954, por oposición, estaba incorporada como doutora en ciencias químicas no laboratorio central de RENFE, chegando a subxefa de división. Nesta empresa pasaría o resto da súa vida laboral.
No ano 1961 foi bolseira da Fundación Juan March, facendo investigación na sección de Radioquímica da Universidade Complutense sobre análise espectroquímica. Froito dese período de investigación son catro publicacións sobre Análise espectroquímico de aliaxes chumbo-antimonio-estaño, Determinación de impurezas, Determinación de menores constituíntes e Control espectroquímico na fabricación de baterías eléctricas.
En 1977, foi nomeada acadmémica correspondente de Ciencias Experimentais pola Real Academia de Doctores.
A súa morte tivo lugar nun accidente de coche en 1996 ó retorno da praia en Benquerencia.
A finais de 2023 publicouse o libro Universo Aurora Sampedro Piñeiro, de Manuel Rivero Pérez, que dá pulo a unha historia persoal ata entón descoñecida. Igualmente, o citado profesor promoveu o seu nomeamento como filla adoptiva de Luyego, filla predilecta do concello de Barreiros a título póstumo (a comezos de 2024, anunciouse que lle sería outorgado ese recoñecemento) e que se lle dedicase o Día da Ciencia 2024 en Galicia aínda que isto último non se conseguiu.
Entre outros, en funcións no CSIC, acudiu a:
No 1977 foi nomeada Correspondente de Ciencias Experimentais pola Real Académica de Doctores.
Foi nomeada alumna destacada polo IES Cervantes de Madrid (sucesor do I.B. Cervantes).
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aurora Sampedro |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Aurora Sampedro, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.