Atol Palmyra

Palmyra é un atol deshabitado, de 12 km² de área, na parte central do océano Pacífico.

Palmyra
Mapa do Atol Palmyra
Datos
País Estados Unidos de América
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Non permanente
Superficie 3´9 km²
Superficie lagoa 8 km²
Nº de illas 50
Coordenadas 5°53′N 162°5′O / 5.883, -162.083
Maior Altura 4 m.
Localización
Localización do atol Palmyra

É unha das Espóradas Ecuatoriais (ao sueste do Arrecife Kingman e ao norte de Kiribati), localizado case directamente ao sur das illas Hawaianas, aproximadamente na metade do percorrido entre Hawai e Samoa. Os seus 14,5 km de costa teñen un fondeadoiro coñecido como West Lagoon (Lagoa Occidental). O atol consiste nun extenso arrecife de coral, dúas lagoas, e uns cincuenta illotes de area, rochas, arrecifes e barreiras cubertos pola vexetación, composta por cocos, Scaevolas, e altas Pisonias.

Fóra das illas Sand, ao oeste, e Varren, ao leste, a maioría delas están conectadas entre si. A maior das illas é a illa Cooper, que está ao norte, seguida pola illa Kaula, situada ao sur. O arco de illotes máis setentrional está formado polas illas Strawn, Cooper, Aviation, Quail, e Whippoorwill, acompañados ao leste polas illas Eastern, Papala e Pelican, e ao sur polas illas Bird, Holei, Engineer, Marine, Kaula, Paradise e Home (sentido horario).

Palmyra é un territorio dependente dos Estados Unidos, o que significa que está suxeito a todas as normas contidas na Constitución estadounidense e está permanentemente baixo a súa soberanía. Tamén é un territorio desorganizado, xa que non hai ningúnha disposición do Congreso que especifique como debería ser gobernado. A única lei relevante simplemente dá ao Presidente a decisión de administrar a illa como el queira . Non hai poboación indíxena nin razón ningunha para pensar que a haberá nun futuro. É polo tanto, actualmente, o único territorio estadounidense desorganizado e incorporado. A súa enteira propiedade está reservada á The Nature Conservancy, que trata o atol como unha reserva natural, sendo administrado dende Washington, D.C. pola Office of Insular Affairs, da United States Department of the Interior. As augas que o rodean, ata o límite de 12 millas, foron transferidas á United States Fish and Wildlife Service, e designadas como Palmyra Atoll National Wildlife Refuge en 2001. A defensa é responsabilidade dos Estados Unidos.

A día de hoxe, non hai ningunha actividade económica nas illas. Construíronse moitas estradas e calzadas durante a segunda guerra mundial, pero están nun estado deplorable e cubertas pola vexetación. Tamén hai unha pista de aviación de aproximadamente 2 km na illa, sen pavimentación e que necesita melloras.

Historia

Palmyra foi avistada por primeira vez en 1798 polo capitán americano Edmund Fanning, de Stonington, Connecticut, nos Estados Unidos, mentres o seu navío, Betsy, dirixíase a Asia, pero só foi máis tarde, o 7 de novembro de 1802, cando os primeiros occidentais puxeron os pés en terra. Aquel día, o navío americano Palmyra, comandado polo capitán Sawle, foi seriamente danado polo atol.

En 1859, Palmyra foi reivindicado polo Dr. Gerrit P. Judd do bergantín Josephine para a compañía extractora de guano American Guano Company e os Estados Unidos, acolléndose á Acta de Illas Guaneras, de 1856. A pesar diso, nunca se extraeu guano, xa que en realidade non o había na illa. Palmyra está localizado nas proximidades da Zona Intertropical: hai moita choiva, o que non deixa que se acumule guano. Con todo, o 26 de febreiro de 1862, o rei Kamehameha IV (1834-1863), o cuarto de Hawai (1854-1863), enviou unha expedición, comandada polo capitán Zenas Bent e por Johnson B. Wilkinson, ambos cidadáns hawaianos, a Palmyra, para tomar posesión do atol e, en nome do rei, o 15 de abril de 1862, foi formalmente anexionado ao Reino de Hawai.

O capitán Bent vendeu os seus dereitos sobre a illa a Wilkinson o día 24 de decembro de 1862, e, desde este ano a 1885, Kalama Wilkinson tivo a posesión do atol, o cal foi dividido, en 1885, entre os seus tres herdeiros, dous dos cales inmediatamente transferiron os seus dereitos a un tal Wilcox(?), que, pola súa banda, transferiunos á Compañía de Navegación do Pacífico. A entidade ata intentou colonizar o atol, enviando unha parella a vivir alí entre setembro de 1885 e agosto de 1886.

En 1898, Palmyra foi anexionado aos Estados Unidos. No período seguinte ao da anexión formal, o Reino Unido mostrara interese en converter o atol en parte do "Imperio do Guano" de John T. Arundel and Co. E, en 1889, os británicos xa o anexionaron formalmente. Para acabar con todas as tentativas británicas, un segundo e separado acto de anexión de Palmyra foi realizado polos Estados Unidos en 1911.

Despois, a través dunha serie de acordos realizados entre 1888 e 1911, a Compañía de Navegación do Pacífico transferiu o seu dereito de posesión a Henry Ernest Cooper Sr. (1857-1929). O terceiro herdeiro de Kalama Wilkinson transferiu os seus dereitos ao señor Ringer, cuxos fillos, con todo, pasaron os seus dereitos de posesión a Henry Ernest en 1912, que se converteu entón no único propietario do atol.

En 1922, Cooper vendeu case todo o atol (as cinco illas principais), excepto algunhas pequenas illas, a Leslie Fullard-Leo e Ellen Fullard-Leo, o 19 de agosto, por 15.000 dólares. A asociación determinou que a Palmyra Copra Company explorase os cocoteiros que crecían no atol. Os seus sucesores continuaron como propietarios, excepto por un período durante a segunda guerra mundial, no cal Palmyra quedou baixo a administración da Mariña norteamericana.

En 1934, o Atol Johnston, o Arrecife Kingman, e Palmyra foron postos baixo a responsabilidade do Departamento da Mariña estadounidense. Cando a Armada dos Estados Unidos comezou a usar o atol como unha base aérea naval, tiña como donos cidadáns estadounidenses e hawaianos. Tras a guerra, os Fullard-Leo loitaron para volver tomar o control de Palmyra no Tribunal Supremo dos Estados Unidos, e venceron en 1947. Cando Hawai adquiriu status de estado, en 1959, Palmyra estaba explicitamente separado do novo estado; antes diso, o atol Palmyra era oficialmente parte do Condado de Honolulu.

En xullo de 1990, Peter Savio de Honolulu arrendou o atol ata o ano 2065, e creou a Compañía de Desenvolvemento de Palmyra. En xaneiro de 2000, o atol foi comprado por The Nature Conservancy para fins de preservación dos seus arrecifes de coral e para o seu estudo.

Notas

Ligazóns externas

Tags:

Arrecife de coralAtolCocoEspóradas EcuatoriaisHawaiKingman ReefKiribatiLagoaOcéano PacíficoRochaSamoa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María do Socorro Ortega RomeroRochi NóvoaO porco de péA poeta analfabetaRexional ExprésMarc MárquezMiguel de CervantesAna María Fernández MartínezAlberte PagánFran AlonsoTrackbackCandela PeñaJeremy CorbynValentín Lamas CarvajalParadigmas dos verbos irregulares galegosForo (contrato)Javier CasqueiroCianuro de hidróxenoPadrónO PorriñoCristina Fernández DavilaBaby ReindeerCarlos CasaresIsabel ZendalLingua casteláPoloniaGerardo Pardo de VeraBetanzosHelena SalgueiroLaura Gómez-LacuevaLista de episodios de Shin ChanLista de nomes masculinos en galegoVilalbaFelaciónKristen StewartMaría JamardoRosario Porto OrtegaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoWehrmachtPaula CarballeiraSara Vila AlonsoCentro penitenciario de TeixeiroClub Deportivo ArenteiroDía das Galegas nas LetrasRamenMiguel Anxo BastosSusana FortesIndiaPedro SánchezMareaEdmundo RiveroMaría Xosé QueizánSabugueiroLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingCacheiras, TeoPablo Iglesias TurriónJosé Quiroga Pérez de DezaÁnxel CasalEstadio Municipal da MalataPaula CabaleiroFeixónClaudio GiráldezVulgarismoHistoria do cinema de GaliciaGrândola, Vila MorenaHistoria de SingapurFeniciosManuel Leiras PulpeiroPornografíaColocación do pronome átono en galegoCambio climáticoXesta🡆 More