O arroz con leite ou papas de arroz, o arroz con azucre e mailo arroz doce son sobremesas feitas con arroz cocido con leite azucrado e, ás veces, aromatizado coa pela de cítricos (especialmente limón) e canela.
Adóitase comer frío e adubarse con canela en po. Forma parte da gastronomía tradicional galega, porén é unha sobremesa típica de moitos países do mundo.
Arroz con leite | |
Outros nomes | Arroz con azucre Arroz doce |
Tipo | Sobremesa |
Temperatura | Frío |
Ingredientes | |
Orixe animal | Leite |
Orixe vexetal | Arroz Azucre Pel de limón |
Condimentos | Canela Vainilla |
O arroz entrou en Galiza dende Castela e Portugal cos árabes, que xa tiñan nos seus receitarios receitas de cremas de arroz e de arroz con leite Aparece no século XIII un receitario anónimo na Península Ibérica Cocina Hispanomagrebí, con moitas receitas de arroz, a miúdo combinado con leite, azucre e mel. En 1314 apareece a primeira receita de arroz escrita en catalán no Llibre de Sent Soví.
Eladio Rodríguez González fala da gastronomía do arroz doce no seu dicionario enciclopédico:
Malia non cultivarse o arroz en Galiza, o consumo no país e grande e tradicional, pois sempre ten constituído unha base da alimentación, o mesmo que en gran parte do globo, polos suculentos e variadísimos pratos que con el se fan, algúns dos cales son clásicos nas festas das aldeas galegas. A cociña galega utiliza o arroz nos diversos guisos e adubos que son comúns na vida ordinaria, porén que ademais constitúen unha sobremesa de obriga e nutritiva, como as papas de arroz e outros, nas datas máis sinaladas. Arroz con sucre, arroz con leite e arroz doce, tres sobremesas case idénticas que son o arroz cocido en leite con máis ou menos sucre e unhas rodeliñas de limón que xa se lle botan ao pólo a ferver. Déitase despois nunha fonte cha, e despois se aduba con canela. Adóitase tamén torrar a tona, pasando por riba dela unha espátula roxada.
Trátase dunha das sobremesas tradicionais en moitos países en todo o mundo, con variantes no tipo de arroz empregado (arroz longo, arroz crebado nos Emiratos Árabes etc), no tipo do leite (condensado nalgúns países latinoamericanos, con leite de coco en Porto Rico, leite evaporado etc.) nas especias e ingredientes para aromatizar (canela en Alemaña e no sur de Europa, vainilla nos países anglosaxóns e nórdicos, sasafrán no Irán, cardamomo no norte da India etc.) Nalgúns lugares engádense densificantes como ovos, natas, fariñas etc. Ou outros produtos, especialmente froita fresca ou seca como noces, pistachos etc.
As sobremesas de ingredientes semellantes son o leite fritido e as papas de arroz.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arroz con leite |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Arroz con leite, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.