Leite Tona

A tona é unha substancia densa que se forma na superficie do leite, cando se deixa en repouso tras ferver, a partir das gotas de graxa que contén naturalmente o leite ó romperse a emulsión graxa-auga.

Presenta unha consistencia semilíquida máis ou menos viscosa, de cor branca amarelada e de olor e sabor característicos.

Leite Tona
Tona para preparar arroz con leite

Tradicionalmente, cando o leite se consumía directamente das vacas e, por conseguinte, contiña toda a súa graxa natural (3,5-4,5%, ou máis, segundo as razas), esta tona superficial ía retirándose para gardala nunha cunca á parte, e cando xa se tiña unha certa cantidade batíase para facer manteiga, xeados ou para consumo directo en diferentes sobremesas. Agora, a industria láctea somete o leite a un proceso de centrifugación que aumenta e acelera a separación dos glóbulos de graxa.

Aínda que é semellante no aspecto, tamén se denomina nata ó que en realidade é unha crema de leite, de sabor e textura distintos, e quimicamente diferentes. Esta presentación faise batendo a nata separada no proceso anterior , normalmente con azucre e contén unha porcentaxe de graxa moi variable, entre un mínimo dun 18% (nata delgada) ata un mínimo dun 50% (dobre nata). En todo caso, deberá conservarse baixo refrixeración ou conxelación.

  • A muller que come a nata non ten sorte na manteiga
  • A pita e a vaca polo pico dan a nata
  • ¿Mirras na cara? Nasura de vaca
  • Tona de vaca tira as encollas da cara
  • Non hai pior vicio que o leite con tona e pantrigo
  • O que ten vacas, de tona se farta

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Pedro Benavente Jareño e Xesús Ferro Ruibal: O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010, 425. ISBN 978-84-453-4948-9.
  • Carlos Delgado: Diccionario de gastronomía. Ediciones del Prado, Madrid 1985.
  • Código Alimentario Español (Decreto 2484/1967, de 21 de setembro).
  • Manuel González González (coord): Dicionario de alimentación e restauración. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades 2012.

Tags:

Leite Tona A tona e a nata na cultura popular galegaLeite Tona NotasLeite Tona Véxase taménLeite TonaGraxaLeite

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BrañaCarmen ReyLista de concellos de OurenseLucía VeigaA Pobra de TrivesCopa da CostaEvencio FerreroFrancisco Arriví LópezGaliciaCaramelo (empresa)Ácido oxalacéticoCarmen Martín GaiteHarry BelafonteXunta de GaliciaFoliadaCitania de SanfinsLuísa VillaltaHadriánA Escravitude, Cruces, PadrónPrefectura de GifuBisexualidadeAdiós, MaríaManuel DopazoBoimortoCercedaSantoalla do Monte, PetínRibeiraOs AtlánticosBruce SpringsteenÁ lus do candilDaniel BasteiroVila de CrucesAlba ManceboLaos36Estatua de Che Guevara en OleirosJesús Vázquez AlmuíñaThe Wedding DateVómito (grupo musical)Nosce te ipsumManuel López PoySalman RushdieCalendario gregorianoVíctor MosqueiraMércoresManuel CorzoNacionalismo galegoO reino medieval de Galicia na historiografíaMarta DarribaIndalecio Tizón ReboredaPatricia VázquezManuel ComesañaBenito KamelasBrais LamelaVacaBidueiroMadridDinahostingA sementeiraOhioMarta DoviroCarlos SedesBatalla de CacheirasEsther EstévezBugalloAxoloteCervo comúnLaura AñónLabios (xenitais)Fala de EstremaduraSantiago de CompostelaRogue (filme)Río UrumeaRubén Fernández GarcíaCalendario hebreo🡆 More