American Beauty é un filme estadounidense dirixido por Sam Mendes que se estreou en 1999.
Kevin Spacey interpreta a Lester Burnham, un executivo de publicidade que ten unha crise da mediana idade cando queda prendado da mellor amiga da súa filla adolescente, Angela (Mena Suvari). Annette Bening interpreta a materialista muller de Lester, Carolyn, e Thora Birch intepreta a súa insegura filla, Jane. Wes Bentley, Chris Cooper e Allison Janney tamén aparecen no filme nos papeis secundarios. O filme é descrito polos académicos como unha sátira da clase media americana, das nocións de beleza e satisfacción persoal, cunha análise centrada nas exploracións románticas do filme, o amor paternal, a sexualidade, a beleza, o materialismo, a liberación e a redención.
American Beauty | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | American Beauty |
Director | Sam Mendes |
Produtor | Bruce Cohen Dan Jinks |
Guión | Alan Ball |
Intérpretes | Kevin Spacey Annette Bening Thora Birch Wes Bentley Mena Suvari Chris Cooper Allison Janney |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Conrad L. Hall |
Montaxe | Tariq Anwar |
Estudio | Jinks/Cohen Company |
Distribuidora | DreamWorks Pictures |
Estrea | Teatro Exipcio de Grauman: 8 de setembro de 1999 17 de setembro de 1999 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $15 000 000 |
Recadación | $356 296 601 |
Na rede | |
http://www.dreamworks.com/ab/ | |
|
Ball comezou a escribir American Beauty como unha obra teatral a comezos da década de 1990, parcialmente inspirado polo circo dos medios arredor do xuízo de Amy Fisher en 1992. Desbotou a obra logo de decatarse que a historia non funcionaría ben no escenario. Despois de varios anos como guionista de televisión, Ball recuperou a idea en 1997 cando intentaba irromper na industria do cine. O guión retocado tiña unha ollada cínica que estaba influenciada pola frustración de Ball por escribir para varias comedias de situación. Os produtores Dan Jinks e Bruce Cohen levaron American Beauty a DreamWorks e o estudio mercou o guión de Ball por $250 000, logo dunha poxa con outros estudio de produción. DreamWorks financiou a produción cun orzamento de $15 millóns e serviu como o distribuidor en América do Norte. American Beauty supuxo o primeiro debut no cine do aclamado director de teatro Sam Mendes, que fora cortexado despois das exitosas producións dos musicais Oliver! e Cabaret. Malia isto, Mendes obtivo o posto despois de que outros vinte "A-list" directores rexeitasen a oportunidade.
A película trata da vida de Lester Burnham, de 42 anos, un executivo de publicidade de Chicago e pai de familia. Ó principio, escóitase a Lester describindo a súa contorna e a súa familia, que é un desastre. A súa esposa Carolyn é unha ambiciosa vendedora inmobiliaria á que só lle importa o éxito profesional. A súa filla Jane, de 16 anos, é unha típica adolescente apática e con complexos que se queixa do seu pai porque non lle presta suficiente atención e porque, segundo ela, “non é normal”. Lester di: "Janie é unha típica adolescente: enfadada, insegura e confusa. Gustaríame dicirlle que todo isto pasará, pero non quero mentirlle". Jane e Lester levan tempo sen falarse.
Lester descríbese como un perdedor, aburrido, alguén fácil de esquecer. Pero a súa vida vai sufrir un cambio radical...
Por outro lado, a familia Fitts está sometida ó despotismo do pai, Frank Fitts, antigo coronel da Mariña, que a goberna con man de ferro. O Coronel Fitts é un maltratador que ten completamente anulada a súa esposa, e incluso propina ó seu fillo Ricky tundas brutais, chegando a ter que ser hospitalizado.
This article uses material from the Wikipedia Galego article American Beauty, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.