Amada García: Política española

Amada García Rodríguez, nada en Mugardos o 7 de outubro de 1909 e finada en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, foi unha militante mugardesa do Partido Comunista durante a Segunda República Española, fusilada por militares franquistas.

Infotaula de personaAmada García
Amada García: Traxectoria, Amada García na memoria histórica de Galicia, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Amada García Rodríguez Editar o valor em Wikidata
7 de outubro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Amada García era unha moza militante do Partido Comunista en Mugardos, preto de Ferrol. Activa na súa militancia, protagonizou accións raramente asumidas por mulleres, o que provocaba escándalo nos sectores máis reaccionarios da sociedade.

Golpe de Estado e represión

O acceso violento ao poder dos falanxistas e de militares fascistas protagonistas do golpe de Estado liderado polo xeral Franco, no 1936, provocou unha fortísima represión en Galicia, de xeito moi duro e intenso na comarca de Ferrol, e, especialmente, en Mugardos. Centos de persoas morreron despois de xuízos militares e aínda máis foron asasinadas sen xuízo nin ningún procedemento legal, só por razóns políticas.

Detención e fusilamento de Amada García

Amada, sometida a traballos forzados e arresto domiciliar no verán de 1936, foi detida en abril do 1937 estando embarazada, nacendo no Hospital de Caridade de Ferrol o seu fillo Gabriel o 30 de outubro do 1937, dous meses antes do Consello de Guerra que a condenou a morte. O 26 de xaneiro de 1938, foi conducida do cárcere de mulleres de Ferrol ao Castelo de San Felipe, prisión militar na marxe dereita da ría de Ferrol. Alí foi executada o día 27 xunto con outras sete persoas da mesma comarca: Juan José Teijeiro Leira, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Antonio Eytor Canizo de Mugardos, Ramón Rodríguez López e Jaime González Pérez de Ares e Germán López García de Cabanas.

Tanto a instrución previa como o Consello de Guerra estiveron inzados de irregularidades: declaracións falsas asinadas por testemuñas analfabetas, multas ás testemuñas da defensa, ordes de silencio aos defensores. A transmisión oral de tan triste historia levou á creación dun mito, mesturando realidade con paixón e conmiseración.

O seu fillo, Gabriel Toimil García, foi entregado ao seus avós maternos e finou no 2014. A súa filla Amada, moi afectada polo sucedido, optou por entrar como monxa de clausura nas Carmelitas Descalzas.

Amada García na memoria histórica de Galicia

Amada García: Traxectoria, Amada García na memoria histórica de Galicia, Notas 
Acto de homenaxe ás vítimas do franquismo fusiladas no castelo de San Felipe, agosto de 2006.

O fillo de Amada, Gabriel, visitaba todos os 27 de xaneiro o muro no castelo onde fusilaron a súa nai, e tales visitas continuaron despois da súa morte. No ano 2016 o concello de Ferrol institucioanalizou o 27 de xaneiro como data de Memoria, continuando dese xeito a denuncia e difusión da represión franquista.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Amada García TraxectoriaAmada García na memoria histórica de GaliciaAmada García NotasAmada García Véxase taménAmada García1909193827 de xaneiro7 de outubroFerrolFranquismoMugardosPartido Comunista de EspañaSegunda República Española

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xaime Isla CoutoDía Internacional dos TraballadoresAlba ManceboVertoEleccións municipais en San Cibrao das ViñasTerra GalegaSantoalla do Monte, PetínLuís Álvarez PousaXinzo de LimiaA Escravitude, Cruces, PadrónRequiarioDepartamentos de ColombiaBidueiroYolanda DíazLista de exónimos en galegoCarrizo (paxaro)FreixoBoimortoAsexualidadeLady GagaCeutaO Cuco de VelleIván Puentes RiveraPenínsula do BarbanzaMuiñeiraBuxoNocelloNoite de Walpurgis7-ZipVictoria Álvarez Ruiz de OjedaMediasTomás Notario VacasManuel Lois GarcíaPoutaQuenllaPansexualidadeÁngel García SeoanePaco LodeiroPonteareasLorbé, Dexo, OleirosLista de episodios de Shin ChanReal Academia GalegaRicardo Sánchez VarelaPena Verde, Rebordondo, CualedroTerra Chá (poemario)CandorcaPosición do canMera, OleirosDedaleiraUnión SoviéticaPrefectura de GifuRelación sexual humanaLingua inglesaNava CastroZAmanda LearFontao, A Teixeira1 de abrilLapa (molusco)Fernando AlonsoMarta DarribaGheadaPolbo á feiraHeterosexualidadeLista de nomes masculinos en galegoManuel ComesañaCafés CandelasTino SaquésTelevisión de GaliciaÁlvaro MuñizAlfabeto galegoLois DiéguezR🡆 More