Montevideo Alma Gallega: Revista uruguaia

Alma Gallega foi unha publicación editada pola Casa de Galicia de Montevideo (Uruguai) de 1919 a 1967 con carácter mensual -teoricamente- ata 1938 e como números extraordinarios, de periodicidade variable, ata a súa desaparición.

En total, editáronse 24 números ordinarios e 17 extraordinarios. Trátase da revista societaria de maior duración das publicadas polos emigrantes galegos do Uruguai. Editouse principalmente en lingua castelá, aínda que algunhas narracións e textos poéticos utilizaban o lingua galega.

Alma Gallega
Montevideo Alma Gallega: Historia da publicación, Edición facsimilar, Notas
Editar o valor em Wikidata
Fundación1 de agosto de 1919
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadeMontevideo
editar datos en Wikidata ]

Historia da publicación

Alma Gallega viviu tres etapas diferenciadas, caracterizadas en todo caso pola irregularidade na súa publicación.

Na primeira época, desde agosto de 1919 ata 1927, publicáronse 18 números máis 2 extraordinarios.

Na segunda época, entre 1934 e 1938, publicáronse 6 números ordinarios e 4 extraordinarios. Nos anos seguintes xa só estes últimos, e nin sequera tódolos anos.

Nos 27 anos que comprende a terceira época, de 1941 a 1967, só se publicaron 11 números, todos de carácter extraordinario. O derradeiro número apareceu en outubro de 1967.

Ó longo dos anos, o número de páxinas variou desde as 24 ás 44, nos números ordinarios, e desde as 48 ás 112, nos extraordinarios. Os contidos da revista dirixíanse, basicamente, a recolle-las actividades normais da Casa de Galicia, complementándose con textos literarios, culturais e históricos referidos a Galicia. As ilustracións corresponden a esta dobre liña editorial, con numerosas fotografías das instalacións da Casa de Galicia, por unha banda, e outras fotografías de cidades galegas, paisaxes e persoeiros ilustres, por outra. Contén tamén numerosos cadros e debuxos de diferentes artistas galegos, como Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Asorey, Bonome, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Manuel Colmeiro Guimarás, Luís Seoane etc.

Entre os colaboradores habituais ou esporádicos da revista pódense citar case tódalas personalidades políticas e literarias galegas e españolas da época (Ramón Cabanillas, Uxío Carré Aldao, Castelao, Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, Ramón María del Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán etc.).

Edición facsimilar

En 2006, o Centro Ramón Piñeiro publicou a edición completa dos 41 números que se publicaron. Esta edición facsimilar consta dos números extraordinarios correspondentes ós anos 1922, 1927 e 1941, en papel, e dos 38 números restantes en formato electrónico, nun CD que se adxunta ó libro.

A edición facsimilar estivo dirixida por Luís Alonso Girgado e María Vilariño Suárez e realizouse principalmente a partir dos exemplares conservados na Biblioteca Nacional de Montevideo, completados coas coleccións da Fundación Penzol e da Real Academia Galega.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Montevideo Alma Gallega Historia da publicaciónMontevideo Alma Gallega Edición facsimilarMontevideo Alma Gallega NotasMontevideo Alma Gallega Véxase taménMontevideo Alma Gallega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Auto de fePablo DíazMáis alá!Os pronomes persoais galegosValderreiCarballo comúnMartiño de DumioJacobo BucetaÁlvaro CunqueiroWayback MachineAnxo QuintanaPepe CoiraLe VilliPepo SuevosVerónica Martínez DelgadoNegra sombraNormativa oficial do galegoSistema de escritaMitoArnold SchwarzeneggerCopia por contactoLingua inglesaFiúnchoEleccións municipais de 2019 en GaliciaXavier Suárez-VenceCalcioReconquista de VigoLugoEuroPedra de raio (folclore)Marga PazosAJaime AlguersuariLista de castelos de PortugalSayenAmieiroBrasilSoajoCangasSenén PousaMichael JacksonProxyMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaLista de pseudónimos e sobrenomes galegosXeaO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoCarolina DariasXiros idiomáticos galegosJosé Miñones BernárdezChatGPTMarián Ferreiro DíazCamilo Díaz BaliñoDiálogoChanfaina galegaPioverdinaCentro público integradoUInglaterraIrene GonzálezVento feridoIrmandades da FalaBoiro NovoHéitor Picallo25Verbos galegos ser, estar e irPremio Espasa de EnsaioEnxoval funerarioAlberte MománAlcaldes da Coruña🡆 More