Alicia Estévez: Microbióloga galega

Alicia Carolina Estévez Toranzo, nada en Pontevedra o 20 de novembro de 1955, é unha científica galega, especializada en ictiopatoloxía, ou patoloxías que afectan os peixes.

Infotaula de personaAlicia Estévez
Alicia Estévez: Traxectoria, Obras, Teses dirixidas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Alicia Carolina Estévez Toranzo Editar o valor em Wikidata
20 de novembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMicrobióloga, investigadora e catedrática de Universidade
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Membro de
Linguacastelán e inglés
Premios

Dialnet: 2625693

Traxectoria

Licenciouse en Bioloxía en 1977, con premio nacional fin de carreira ao mellor expediente, e en Farmacia en 1979, pola Universidade de Santiago de Compostela, e fixo o seu doutoramento na Facultade de Bioloxía da mesma Universidade, coa lectura, en 1980, da tese "Supervivencia de enterovirus y virus de peces salmónidos en el medio acuático: inactivación de polio 1 por bacterias mariñas produtoras de antibiótico", dirixida polo doutor Benito Regueiro Varela.

Nas súa pallabras, sempre di «que é doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia».

Alicia Estévez continuou profesionalmente as súas tarefas docentes e investigadoras na universidade compostelá, onde chegou a ser catedrática de Microbioloxía en 1991.

Nos seus traballos estudou as patoloxías dos peixes e dos moluscos que teñen aproveitamento en acuicultura, dende a detección de enfermidades bacterianas ata a vacinación e o tratamento.

Entre 2004 e 2013 foi directora do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía e dende 1999 coordina o programa de doutoramento en Avances en bioloxía microbiana e parasitaria.

É codirectora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC, promoveu unha decena de patentes de vacinas que preveñen enfermidades en peixes de consumo diario, e é, ademais, membro da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.

Na actualidade, o seu grupo de investigación está a traballar nun proxecto que estuda a influencia do cambio climático na aparición de enfermidades nos peixes, porque a subida da temperatura «lles gusta aos patóxenos, baixa a salinidade, os peixes estrésanse e baixan as súa defensas».

En 2014 ingresou como académica da Real Academia Galega de Ciencias, a segunda muller en facelo en toda a historia logo de Pilar Fernández Otero. Ademais, o 13 de decembro de 2017 ingresou na Real Academia de Farmacia de Galicia co discurso Acuicultura sostenible: de la quimioterapia a la vacunación. Desde 2018 a doutora Alicia Estévez forma parte do plenario do Consello da Cultura Galega, en representación da Real Academia Galega de Ciencias.

É autora de 272 artigos, a maioría publicados en revistas do Science Citation Index (SCI), así como de 22 capítulos de libros.

É inventora de oito patentes de uso en Acuicultura (vacinas, probióticos e procedementos de diagnose).

Leva participado en 46 proxectos de investigación e desenvolvemento estatais, europeos e autonómicos así como en 15 de desenvolvemento tecnolóxico financiados por entidades públicas e privadas.

Impartiu 48 conferencias nacionais e internacionais en congresos, mesas redondas e obradoiros ademais participar no comité de expertos nacional e internacional en diferentes comisións de avaliación de proxectos.

É membro activo de dez sociedade científicas e da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.

En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.

Obras

No período entre 1980 e 2016 publicou tres libros, un capítulo nun libro colectivo e catro artigos en revistas científicas.

Libros

  • 1980 - Supervivencia de enterovirus y virus de peces salmonidos en el med. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-7191-222-0.
  • 1982 - Supervivencia de patógenos bacterianos y virales de peces en sistemas de cultivo. Madrid: Fundación Juan March. ISBN 84-7075-262-6.
  • 2017 - Acuicultura sostenible: de la quimioterapia a la vacunación. Santiago de Compostela: Nino Centro de Impresión Digital. ISBN 978-84-947381-2-8.

Colaboracións en obras colectivas

  • 2015 - "Caracterización del proteoma de Edwardsiella tarda cultivada en diferentes condiciones de disponibilidad de hierro", con Noemí Buján, José Antonio Reales Calderón, Lucía Monteoliva, Concha Gil e Beatriz Magariños Ferro, en Avances en microbiología. Elena González Fandos (ed.), Logroño: Universidade da Rioxa, Servizo de Publicacións, ISBN 978-84-606-8181-6, páxs. 144-145.

Artigos en revistas

  • 1985 - "Antibiotic activity of epiphytic bacteria isolated from intertidal seaweeds". Con Manuel Luis Lemos Ramos e Juan Luis Barja Pérez. Microbial ecology, Vol. 11, Nº 2, páxs. 149-163. (Resume)
  • 2005 - "Iron Uptake Mechanisms in the Fish Pathogen Tenacibaculum maritimum". Con Beatriz Magariños, Manuel Luis Lemos Ramos, Jesús López Romalde e Rubén E. Avendaño-Herrera. Applied and Environmental Microbiology, Vol. 71, Nº 11, páxs. 6947-6953. ((Ler texto completo Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.).
  • 2009 - "Avances en el conocimiento del patógeno emergente de rodaballo Edwardsiella tarda". Con Nuria de Castro-Acuña Iglesias, e Beatriz Magariños Ferro. Revista Real Academia Galega de Ciencias, Nº 28, páxs. 215-282. (Ler texto completo).
  • 2014 - "A multiplex PCR for the simultaneous detection of Tenacibaculum maritimum and Edwardsiella tarda in aquaculture". Con Nuria Castro Iglesias e Beatriz Magariños Ferro. International microbiology: official journal of the Spanish Society for Microbiology, Vol. 17, Nº 2, páxs. 111-117. (Ler texto completo).

Teses dirixidas

A doutora Alicia Estévez dirixiu 16 teses de doutoramento.

Recoñecementos

  • 1977 Premio nacional fin de carreira ao mellor expediente en Bioloxía.
  • 1993 Premio Jaime Ferrán da Sociedade Española de Microbioloxía.
  • 2006 Título de Excelencia galega en Investigación da Asociación de Empresarios galegos en Cataluña.
  • 2018 Bióloga do ano polo Colexio de Biólogos de Galicia.
  • 2018 Premio María Wonenburger.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Alicia Estévez TraxectoriaAlicia Estévez ObrasAlicia Estévez Teses dirixidasAlicia Estévez RecoñecementosAlicia Estévez NotasAlicia Estévez Véxase taménAlicia Estévez195520 de novembroCientíficaGaliciaPatoloxíaPeixePontevedra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

IndonesiaCamilo Díaz BaliñoMarçal Moliné1200Comarca da LimiaTeixido, CedeiraRaquel AtanesLeonardo da VinciFernando SavaterFrancisco Porto ReyOvo (alimento)Ánxel FoleAlfabeto galegoEstados Unidos de AméricaAníbal MalvarMúsica tradicional galegaElvira Fernández BalboaVangardasi3a78Lagoa de CastiñeirasAndy y LucasXavier AlcaláLabios (xenitais)PampallínMondoñedoMarta Mariño RegueiroÚmeroArcadio López-CasanovaPepe CarballudeEl caso AsuntaBieito RomeroPaís VascoTito AsoreyXoán Vicente ViqueiraMarilyn ChambersErros e TánatosLevantamento do 2 de maioFrancisco Javier González PérezValentín García GómezGalería de imaxes de arañas de GaliciaSuso de ToroDistritos de PortugalXXX edición dos Premios GoyaÁlvaro CunqueiroDe NinghuresEuropaLeninManuel Curros EnríquezAfonso XIII de EspañaFariña (serie de televisión)GoogleSegunda República EspañolaPepe Domingo CastañoEduardo PondalGaliciaUEFA Europa LeagueMaría CastroVictoria PregoMiguel Ángel Zabalza BerazaXente ao lonxeUxío NovoneyraGonzalo Fernández de CórdobaPablo VioqueTeresa MoureDemetrio de BizancioPontevedraXosé Luís Méndez FerrínLeninismoCanle (comunicación)A Coruña🡆 More