Alexis Ajinça: Baloncestista francés

Alexis Ajinça, nado en Saint-Étienne (Ródano-Alpes) o 6 de maio de 1988, é un ex xogador profesional de baloncesto francés.

Foi o primeiro xogador non estadounidense seleccionado polos Charlotte Bobcats no Draft da NBA.

Alexis Ajinça
Alexis Ajinça: Traxectoria, Notas, Véxase tamén
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 6 de maio de 1988 (35 anos)
Alexis Ajinça: Traxectoria, Notas, Véxase tamén Saint-Étienne, Ródano-Alpes
Nacionalidade Alexis Ajinça: Traxectoria, Notas, Véxase tamén Francia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 100 kg (223 lb)
Información da carreira
Instituto INSEP (París)
Pre-draft club Hyères-Toulon LNB
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 20
Por Charlotte Bobcats
Carreira 2006–2019
Historial de equipos
Pau-Orthez (2006–2007) LNB
Hyères-Toulon (2007–2008) LNB
Charlotte Bobcats (2008–2010)
Sioux Falls Skyforce (2009) D-League
Maine Red Claws (2009–2010) D-League
Dallas Mavericks (2010–2011)
Toronto Raptors (2011)
Hyères-Toulon (2011) LNB
Strasbourg IG (2011–2013) LNB
New Orleans Pelicans (2013–2018)
ASVEL Basket (2018–2019)

Traxectoria

Francia

Ajinça comezou xogando no ÉB Pau-Orthez na tempada 2006-07, onde disputou dous partidos, anotou dous puntos e capturou seis rebotes en 15 minutos de xogo. Tamén apareceu en dous encontros da Euroliga, aínda que a maior parte da tempada a pasou no Pau-Orthez Espoirs, equipo júnior do Pau-Orthez. Alí promediou 12.5 puntos, 8 rebotes e 1.9 tapóns por partido. Na seguinte campaña a súa participación aumentou de maneira considerábel xogando no Hyères-Toulon. Promediou 5 puntos, 3.1 rebotes e 10.8 minutos en 24 partidos, anotando en dobres figuras en catro ocasións.

Selección nacional

Ajinça formou parte da selección francesa que gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Sub-19 de 2007 celebrado en Novi Sad, Serbia, promediando 7,4 puntos, 5,6 rebotes e 2,7 tapóns por partido. Tamén conquistou a medalla de ouro no Campionato de Europa Sub-18 de 2006 en Grecia, con medias de 6,9 puntos e 7,5 rebotes por encontro. En 2005 participou no Campionato de Europa Sub-18 e en 2004 no Campionato de Europa Sub-16.

NBA

No Draft da NBA de 2008 foi seleccionado polos Charlotte Bobcats na 20ª posición. Na súa primeira tempada en Charlotte, xogou 31 partidos, 4 deles de titular, e fixo unha media de 2,3 puntos, 1,0 rebotes e 0,2 tapóns en tan só 5,9 minutos de xogo. O 13 de xullo de 2010 Ajinça foi traspasado aos Dallas Mavericks con Tyson Chandler por Erick Dampier, Matt Carroll, Eduardo Nájera e diñeiro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Alexis Ajinça TraxectoriaAlexis Ajinça NotasAlexis Ajinça Véxase taménAlexis Ajinça19886 de maioCharlotte BobcatsDraft da NBAEstados Unidos de AméricaFranciaRódano-AlpesSaint-Étienne

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Esther EstévezGeorgia O'KeeffeFelaciónXunta de GaliciaLista de deuses celtasAntónio de SpínolaColocación do pronome átono en galegoGonzalo LouzaoHindemburg Melão Jr.Francisco Varela OuroMadrid25 de abrilFran AlonsoFrancisco Porto MellaCamilo Nogueira RománNacho CastañoGame Boy Advance SPEduardo PondalMalena AlterioDavid MellaDiego González RivasMaría do Socorro Ortega RomeroRibadeoOs demostrativos galegosRaquel AtanesLiteratura infantilParroquias de GaliciaCamilo Díaz BaliñoGran Guerra IrmandiñaAccidente de ChernóbilRoko (actriz)Miro CasabellaOs vellos non deben de namorarseJuana AcostaHAna María Fernández MartínezAlexander VórticeRebeliom do InframundoEcce HomoElvira Fernández BalboaVila Nova de CerveiraAlfabeto galegoAntonio López FerreiroLugoAmy WinehouseVoleibolExaculaciónBaby ReindeerAntón LamazaresManuel RivasXoán Manuel PintosO PorriñoDiáspora galegaRosario DúrcalVincent van GoghAdolfo SuárezJavier CasqueiroAntiga CartagoDodroPontedeumeAdriano Correia de OliveiraRevolución galega de 1846A CoruñaLandraISBNBrasiliaCristiano RonaldoCarmen LovelleÁlex FidalgoFlora invasora de GaliciaGres, Vila de CrucesManuel Otero MartínezFernando Salgado García🡆 More