Alexandre Sotelino Losada, nado en Ourense o 29 de outubro de 1986, é un profesor universitario e investigador galego.
Tamén é coñecido polo seu labor no eido cultural, e máis concretamente na recuperación, difusión e posta en valor da cultura tradicional galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1986 (37 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario |
Estudou a educación primaria no Centro Concepción Arenal de Ourense e a secundaria no IES As Lagoas na mesma capital das Burgas e licenciouse en Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela na que tamén fixo o doutoramento coa tese Aprendizaje-servicio en las universidades gallegas: evaluación y propuesta de desarrollo (2014).
Comezou de profesor na Universidade de Vigo (2013-2016) e continuou na dea Santiago de Compostela no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, área de Teoría e Historia da Educación. É membro grupo de investigación Esculca con quen leva traballando desde o 2008 en diferentes proxectos de investigación. Na institución compostelá desenvolveu as tarefas de Coordinador do Grao de Mestre/a en Educación Primaria e tamén de Coordinador Académico do Mestrado en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario. No ano 2023 asume a Dirección do grupo de innovación docente Alén-Aps onde se inclúe profesorado de diferentes áreas de coñecemento da USC.
Ten colaborado en revistas científicas relacionadas coa pedagoxía: Educación XXI, Aula Abierta, Teoría de la Educación, Eduga, Edutec, Bordón, RIED etc e participado en publicacións individuais e colectivas relacionadas coa súa materia. É membro do consello editorial da Revista Galega de Educación e dos Consellos Científicos das publicacións: RIDAS (Revista Iberoamericana de Aprendizaje-Servicio), Cuaderno de Pedagogía Universitaria e Revista RUNAE (Revista Científica De Investigación Educativa). Asemade, ten colaborado con diferentes medios de comunicación con artigos de opinión tales como La Región, La Voz de Galicia, Nós Diario, Radio Galega...
É Director Académico-Artístico no Festival Internacional Rebulir e director do Colectivo Rebulir Cultura tradicional na contorna de Ramirás. Asemade, ten sido Vicepresidente da Asociación Galega de Aprendizaxe-Servizo, membro do Secretariado de Nova Escola Galega, Vicepresidente da Asociación de Investigadores/as en Educación Herminio Barreiro e membro da Xunta Directiva da AGG (Asociación de Gaiteiras Galegas). Tamén se ten formado no eido da Cultura Tradicional no marco do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo "Xocas", Centro Cultural A Pontevella e mesmo na Asociación centenaria "Cantigas e Agarimos".
Foi premio Educa ao Mellor Docente de España 2021, categoría universitaria. O comité valorou especialmente os campos da investigación e a calidade docente xunto coa satisfacción do alumnado. No ano 2023 foille concedido o III Premio Alfredo Iglesias na categoría de Ciencia pola súa contribución á difusión do coñecemento desde a pedagoxía.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Alexandre Sotelino, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.