Aleksander Majkòwsczi: Escritor polaco

Aleksander Majkòwsczi, nado en Kòscérzëna o 17 de xullo de 1876 e finado en Gdiniô o 10 de febreiro de 1938, foi un médico, xornalista, editor e escritor caxubio, constitúe o autor máis recoñecido da literatura caxubia, en especial pola novela Żëcé i przigòdë Remùsa, obra primordial da literatura caxubia.

Infotaula de personaAleksander Majkòwsczi
Aleksander Majkòwsczi: Escritor polaco
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1876 Editar o valor em Wikidata
Kościerzyna, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Gdynia, Polonia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaKartuzy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMédico Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , xornalista , escritor , médico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua polaca e Lingua caxubia Editar o valor em Wikidata
Premios
Aleksander Majkòwsczi: Escritor polaco
Zdroje Raduni
Aleksander Majkòwsczi: Escritor polaco
Placa en Greifswald en conmemoración da súa estada na cidade nos primeiros anos do século XX

Traxectoria

Aleksander Majkòwsczi naceu no seo dunha familia labrega en Kòscérzëna, entón denominada oficialmente Berent e localizada no ano do seu nacemento na provincia de Prusia do Reino de Prusia. Foi á escola na súa localidade natal e logo pasou ao centro alemán da localidade para seguir a súa educación secundaria en alemán. Recibiu unha bolsa de estudos dunha asociación de axuda ao estudo de Chełmno e despois continuou a súa educación en Chònice, vivindo en réxime de internado, foi nesa época que adquiriu fondos coñecementos da literatura e historia polaca. En 1895 rematou a educación secundaria e volveu á súa cidade natal. En 1897 comezou a estudar medicina en Berlín e en  1899  publicou en Gdańsk o seu primeiro libro en caxubio, a sátira co título de Jak w Koscérznie koscelnygo obrele abo Pięc kawalerów a jedna jedyno brutka mais tamén nese ano publicou o poema longo en polaco Pielgrzymka wejherowska. En 1900 trasladouse a Greifswald para continuar a carreira e alí entrou en contacto cunha pequena organización socialista polaca, Zet, e ao ano seguinte coa asociación de estudantes Adelphia, que tiña tamén un forte contido político. Expulsado da universidade polas súas actividades políticas tivo que continuar os seus estudos en Múnic. A partir de 1902 participou nas actividades da Asociación de Estudantes Polacos e fundou a sociedade Vistula e para o ano seguinte rematou a licenciatura de medicina.

En Zúric redactou a súa tese doutoral sobre a contaminación do sague no saturnismo crónico. En 1904 defendeu a súa tese doutal e deseguido volveu a Gdańsk para completar o seu ano de prácticas nun hospital da cidade. Entrou en contaco coa vida cultural da cidade e en 1905 aceptou o posto de redactor xefe do xornal Gazeta Gdańska e do seu suplemento en lingua caxubia Drużba. Pismo dlö polscich Kaszubów; tamén nese ano realizou unha escolla da súa poesía que publicou en Poznan como Spiewe i frantówci. En 1906 volveu á súa localidade natal para exercer a medicina privada. En 1908 comezou a publicar a revista mensual Gryf; nas súas páxinas formulouse o programa social, cultural e político para o rexurdimento do pobo caxubio baixo o réxime prusiano e para contrarrestar a súa xermanización, fundamental foi o artigo, de 1909, "Ruch młodokaszubski” que constitúe un chamamento á intelectualidade caxubia para organizarse na procura de activar a conciencia nacional no seo do pobo caxubio, sempre en íntima unión cos polacos, na época un pobo sometido. En 1911 estableceuse en Sopot, e alí exerceu tamén como médico. En 1912 fundou a Sociedade dos Caxubios Novos en Gdańsk, que tiña como lema "Se é caxubio é tamén polaco". Ao ano seguinte estableceu o Museo Caxubio-Pomeranio en Sopot e publicou en Varsovia unha guía de Caxubia titulada Zdroje Raduni. Przewodnik po tak zw. Szwajcarii Kaszubskiej.

Co inicio da guerra en 1914 o exército prusiano chamouno a filas e exerceu como doutor nas frontes de Francia e Romanía. Durante os anos da guerra mantivo un diario que se publicou en 2000 co título de Pamiętnik z wojny europejskiej roku 1914. Ao rematar a guerra volveu a Sopot, entrou en política e foi membro do consello popular de Gdansk, e dentro do recentemente creado exército polaco participou en accións armadas, acadando o grao de capitán. En 1920 participou na comisión internacional que delimitou a fronteira entre PoloniaAlemaña. Durante dous anos residiu en  Grudziądz, organizou un teatro polaco en Toruń e presidiu a Asociación de Artistas Pomeranios. Logo de casar en 1921 estableceuse en Kartuzë exercendo como médico rural e en diversas clínicas ferroviarias. Nesa época volveu publicar Gryf e foi redactor xefe da revista Pomorzanin.

Por mor da crise e de problemas de saúde retirouse á casa rural que posuía en Kartuzë, "Erem", e dedicouse de cheo á literatura. En  1929 os integrantes da Zrzeszenie Regionalne Kaszubów (Unión Rexional Caxubia) elixírono o seu presidente e colaborou tamén co seu órgano Zrzeszë Kaszëbsczi. En 1935 publicou a primeira parte da novela Żëce i przigodë Remusa. Zvjercadło kaszubskji. Durante os anos 1936 e 1937 traballou nunha Gramatyka kaszubska e na novela Pomorzanie que quedaron incompletas. En 1938 morreu dun fallo coronario e poucos meses despois saíron do prelo a súa Historii Kaszubów e mais a edición definitiva de Żëcé i przigodë Remusa.

Obra

  • Pielgrzymka wejherowska, Gdańsk 1899
  • Jak w Koscérznie koscelnygo obrele abo Pięc kawalerów a jedna jedyno brutka. W osem spiewach..., Gdańsk 1899
  • Zur Frage nach der klinischen Bedeutung der punktierten Erythrocyten bei chronischem Saturnismus, Múnic 1904 (tese doutoral)
  • Spiewe i frantówczi, Poznań 1905
  • Przewodnik po wystawie ludoznawczej kaszubsko-pomorskiej w Kościerzynie 1911 roku od 25 czerwca do 23 lipca, Komitet Wystawowy w Kościerzynie, Kòscérzëna 1911
  • Zdroje Raduni. Przewodnik po tak zw. Szwajcaryi Kaszubskiej z mapą i 22 ilustracyami, Polskie Towarzystwo Krajoznawcze, Varsovia 1913
  • Przewodnik po Szwajcarji Kaszubskiej, Polskie Towarzystwo Krajoznawcze, Varsovia 1924
  • Przewodnik po Kaszubskiej Szwajcarji, Wydział Powiatowy pow. kartuskiego, Kartuzë 1936
  • Żëcé i przigodë Remusa. Zvjercadło kaszubskji, Toruń 1938,
  • Historia Kaszubów, Stanica, Gdiniô 1938
  • Wiersze i frantówci, Wydawnictwo Morskie, Gdiniô 1957
  • Pomorzanie. Powieść, Gdańsk 1973
  • Strachë i zrękovjinë. Frantówka w trzech aktach, Gdańsk 1976
  • Remus w Zwadze, Gdańsk 1987
  • Pamiętnik z wojny europejskiej roku 1914, Wejherowo–Pelplin 2000

Notas

Tags:

10 de febreiro17 de xullo18761938Gdynia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Marcello BertinettiPietro BadoglioLocativoPatacaAnfipáticoCélula intersticial de CajalEspañaMonterreiParque nacionalCidade de MéxicoRibocimaLuca (filme de 2021)Castro de Punta do BicoAeroporto de Berlín-TegelFerraraLareiraProvincia de OurenseLista de concellos de OurenseFundación WikimediaCélula naiKuopioMacronLuis ZaheraBaltimoreBenz Patent-MotorwagenBrasilDryophytes versicolorMundial de Fútbol de 1982Niccolò MachiavelliDarío Caramés RuzaRubén CelaÁcido docosahexaenoicoMitocondriaNacionalismo galegoSabuguido, Vilariño de ConsoOlaría da Grecia antigaCastro de BorneiroJoe BidenTimothée ChalametXunta de GaliciaCúpulaAeroporto de Beauvais-TilléPresidenciaCorrente do GolfoContactEscociaCoelloDonicelaAvea comúnBreixoTinamidaeIsidoro de KíivMadama ButterflyCloroformoCarlos GardelCarlito syrichtaXosé Antonio TouriñánFernando Salgado VarelaConcepción ArenalAsnoFernando AlonsoOcéano AtlánticoKevin MagnussenDaniel RicciardoAeroporto de TesalónicaAmhrán na bhFiannVienaCarmen Rodríguez DacostaAnna Maleras ColoméFuso horarioLista de nomes masculinos en galegoCopia por contactoJulio IglesiasLingua gregaDedativo🡆 More