Marta

A marta (Martes martes) é unha especie de mustélido carnívoro europeo duns 25 centímetros de altura e 50 dende a cabeza ata o arranque da cola, que ten preto de 30 cm.

Martaraña
Marta
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Xénero: Martes
Especie: M. martes
Nome binomial
Martes martes
Carl von Linné, 1758)
Distribución en Galicia
Distribución en Galicia

Distribución en Galicia
Distribución en Europa (verde – nativa, vermello – introducida)
Distribución en Europa
(verde – nativa, vermello – introducida)

Distribución en Europa
(verde – nativa, vermello – introducida)

Características

Un exemplar adulto pesa ao redor dun quilogramo e medio. Posúe unha cabeza pequena, un fociño agudo, un corpo delgado, patas curtas e pelame espeso e suave, máis escuro polo lombo que polo ventre.

Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e aliméntanse de pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen algúns froitos e ovos de paxaros. Asemade as martas son presas das aguias e dos raposos. Non obstante, o seu maior inimigo é o home, que a aprecia pola súa fina pel. En cativerio viven ata 18 anos, mentres que a súa vida silvestre apenas supera os catro anos. Chegan á súa madurez sexual aos dous anos. As súas crías adoitan nacer en marzo ou abril, logo dun período de xestación de ao redor dun mes. O seu peso ao nacer é de aproximadamente 30 gramos.

En Galicia

A miúdo confundida coa fuíña ou garduña, as dúas especies presentes en Galicia, coa que comparte nome popular, martuxa ou martuxo, distínguese desta polo seu babeiro de cor branca, ou abrancado, que se abre en pinza cara ás extremidades dianteiras. Para evitar erros, en ADEGA recomendan fixarse tamén no fociño, xa que a marta teno negro e a garduña ten a punta rosada. . Ambos animais están asociados na cultura popular aos asaltos aos galiñeiros, de onde se recolle o dito “morra a marta, morra farta” . Mais a garduña ten uns hábitos de caza onde se pode achegar máis a carón das casas, sendo a marta a máis localizada no interior das fragas, polo que cabería supoñer que é a primeira a que espreita as galiñas no maior número de casos.


Notas

Véxase tamén

Tags:

Marta CaracterísticasMarta En GaliciaMarta NotasMarta Véxase taménMartaEuropaMustélido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FentaniloCifras e letrasHentaiAgatha ChristieJava (linguaxe de programación)Francisco FrancoJulio Alén MontesXunta de GaliciaPilar Bermejo BarreraArco do Triunfo de ParísO xardín das deliciasBandeira de GaliciaArnaldo OtegiFrancisco, papaCastelo da PicoñaXurxo de CapadociaXurxoMondarizGame Boy ColorJéssica BouzasXavier AlcaláDía de San XurxoDionisio Tejero PérezRedondelaMexacánBlogMahatma GandhiEscáncerPremio PlanetaRiotortoCerdeiraJohnny ThomsonDereito de autoríaManuel Veiga TaboadaEsmeralda CervantesCSS007 Casino RoyaleJorge Sanz MirandaHistoria de ChiprePaddington 2Tameiga, MosOs pronomes persoais galegosAlba ManceboAntón Riveiro CoelloSalgueiro MaiaEduardo PondalMaría José Gómez RodríguezSuízaCascudaFollas novasManuel María Puga PargaSéchu SendeReal Club Celta de VigoModelo OSIArmando RequeixoGalicia estremeiraRamón María del Valle-InclánGonzalo Fernández de CórdobaFentoLucas VázquezPaulino FernándezCan de palleiroHistoria de GaliciaSalvador IllaRoko (actriz)O Coello, Caldelas de Tui, TuiLuciano PavarottiXabier DeiveLista de paísesBloque Nacionalista Galego🡆 More