Os Xogos Olímpicos de Pyeongchang 2018 (en hangul: 평창 동계 올림픽, hanja: 平昌 冬季 올림픽), oficialmente coñecidos como XXIII Xogos Olímpicos de Inverno, é un evento multideportivo internacional que se levou a cabo na cidade de Pyeongchang (Corea do Sur) entre o 9 e o 25 de febreiro de 2018.
A elección da cidade sede dos Xogos celebrouse o 6 de xullo de 2011 en Durban (Suráfrica), durante a 123.ª Sesión do COI. Pyeongchang venceu a Annecy (Francia) e Múnic (Alemaña).
Esta foi a terceira candidatura consecutiva de Pyeongchang, a primeira exitosa logo de perder ante Vancouver e Sochi. Serán os segundos Xogos Olímpicos e os primeiros invernais en Corea do Sur. Pyeongchang converterase na terceira cidade asiática, tras Sapporo e Nagano (Xapón), en celebrar uns Xogos de Inverno.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de Inverno de 2018 |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Xogos Olímpicos de Inverno de 2018, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.