Xoán Noya: Político e impresor galego

Xoán Noya Gil, nado na Guarda o 22 de xaneiro de 1900 e finado no mesmo concello o 19 de decembro de 1989, foi un futbolista, político e impresor galego.

Infotaula de personaXoán Noya
Xoán Noya: Traxectoria, Vida persoal, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1900 Editar o valor em Wikidata
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político , futbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLuís Noya, Rodolfo Noya Domínguez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Na súa xuventude foi futbolista, militou no Racing de Tui, foi capitán do Club Deportivo Guardés, co que competiu no Campionato de Galicia, e impulsou a construción do Estadio Troncoso na Guarda.

Fundou a Sociedade Obreira da Guarda, da que foi secretario, e o semanario Nuevo Heraldo, desde onde defendeu o agrarismo. Coa chegada da Segunda República formou parte da Comisión Xestora municipal, integrouse no Partido Galeguista e en 1936 foi tenente de alcalde. Dous anos antes fundara unha imprenta, na que se imprimiu La Zarpa, de Basilio Álvarez, e que foi incautada durante a guerra civil.

Xoán Noya: Traxectoria, Vida persoal, Notas 
Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas, con Xosé Velo, Xoán Noya, Mariano Otero Castelao e Manuel Meilán. 1952.

Perseguido polo franquismo, estivo agochado e foi condenado a pena de morte, conmutada despois por unha pena de cárcere de 30 anos, rebaixada logo a cinco, dos que cumpriu finalmente dous, nas prisións de Vigo e Pontevedra. O seu irmán Manuel Noya Gil foi asasinado en agosto de 1936. En 1945 fóronlle devolta as máquinas da imprenta incautadas anos atrás e creou a imprenta Gráficas Numen en Vigo. Con todo, os problemas económicos da familia obrigárono a emigrar a Venezuela xunto aos seus fillos Luís, Óscar e Rodolfo.

Foi representante do Lar Gallego de Caracas en Vigo e en 1956 foi elixido presidente tras a fusión co Centro Gallego. Publicou en Caracas as súas memorias en 1976 co título Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo.

Ao seu regreso a Galicia foi elixido presidente do PSOE da Guarda en 1982. Tamén mercou os terreos que ocupaba a fosa común onde foran fusilados e soterrados os presos do Campo de concentración de Camposancos, e promoveu a construción dun monumento na súa memoria. Foi soterrado a carón da fosa común o 21 de decembro de 1988, trala súa morte dous días antes.

Vida persoal

Casou con Dolores Domínguez Pacheco e tiveron varios fillos: Luis, Rodolfo, Óscar, Olga e Violeta. Un dos seus netos, Cheché Vidal, foi futbolista internacional coa selección de Venezuela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Xoán Noya TraxectoriaXoán Noya Vida persoalXoán Noya NotasXoán Noya Véxase taménXoán Noya19 de decembro1900198922 de xaneiroA GuardaFutbolistaImpresiónPobo galegoPolítico, política

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mario CaneiroUltradereitaPatacaSegunda guerra mundialXapónEva CárdenasCelanovaLiberalismoGotemburgoAlfonso SotoAda NegriSulfato de cobre (II)ImperialismoMEmilia Pardo BazánPartido políticoTereixa NavazaCinema pornográficoLista de episodios de Dragon Ball Z KaiLiam NeesonBob MarleyNetflixNatalia JunqueraMesopotamiaVicente RiscoPosición do canEliseo SeoaneMisa (música)Susana PedreiraNacho VidalParlamento de GaliciaIslamGrupo EroskiATerence HillGran Premio de Mónaco de 2014Tamara CanosaZoroastrismoMalariaAirbus A350Vox populiTorre EiffelXosé Manuel PiñeiroAymeric LaporteCarles PuigdemontUnión do Povo GalegoMarta DarribaSergio DalmaLista de Wikipedias1869PediastrumPorto da LúaElvira Fernández BalboaCabeza de ManzanedaHarry Potter e o misterio do príncipeBrad PittPedro SánchezFranquismoAnuroLista de nomes femininos en galegoSindicalismoPolafíasRepública Popular da ChinaLeedsNapoleón I de FranciaEl tiempo entre costuras (serie de televisión)José Pablo del Bado RivasCaptain Fantastic (filme)Ediciones CardeñosoC. TanganaReal Academia GalegaLionel MessiFonoteca 92Bieito XVI, papaFernando Alonso🡆 More