Filme Wings: Filme de 1927 dirixido por William A. Wellman e Harry d’Abbadie d’Arrast

Wings é un filme mudo estadounidense ambientado durante a primeira guerra mundial producido por Lucien Hubbard, dirixido por William A.

Wellman">William A. Wellman e estreado por Paramount Pictures. Está protagonizado por Clara Bow, Charles "Buddy" Rogers e Richard Arlen. Gary Cooper aparece nun pequeno papel que axudou a lanzar a súa carreira en Hollywood.

Wings
Filme Wings: Personaxes, Notas, Véxase tamén
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalWings
DirectorWilliam A. Wellman
ProdutorLucien Hubbard
Adolph Zukor
Jesse L. Lasky
B. P. Schulberg
Otto Hermann Kahn
GuiónHope Loring
Louis D. Lighton
IntérpretesClara Bow
Charles "Buddy" Rogers
Richard Arlen
Gary Cooper
MúsicaJ.S. Zamecnik
FotografíaHarry Perry
MontaxeE. Lloyd Sheldon
EstudioFamous Players-Lasky
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea12 de agosto de 1927
DuraciónEstrea orixinal:
111 minutos
Restauración:
144 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, bélica
Orzamento$2 200 000
Na rede
IMDB: tt0018578 Filmaffinity: 415986 Allocine: 7113 Rottentomatoes: m/wings Allmovie: v54791 TCM: 504086 Metacritic: movie/wings TV.com: movies/wings Netlix: 60011584Editar o valor em Wikidata

O filme, unha historia romántica e bélica, foi rescrito polos guionistas Hope Loring e Louis D. Lighton a partir dunha historia de John Monk Saunders para acomodar a Bow, a meirande estrela de Paramount naquela época. Wellman foi contratado por ser o único director en Hollywood que tiña experiencia como piloto de combate na primeira guerra mundial, malia que Richard Arlen e John Monk Saunders tamén serviran na guerra como aviadores. O filme contou cun orzamento de $2 millóns e rodouse en Kelly Field, en San Antonio, Texas entre o 7 de setembro de 1926 e o 7 de abril de 1927. Centos de extras e máis de 300 pilotos estiveron involucrados na rodaxe, incluíndo pilotos e avións do Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos.

Aclamado pola súa habelencia técnica e o seu realismo, o filme converteuse no exemplo contra o que se mediron os futuros filmes de aviación, principalmente polas súas realistas secuencias de combate. Gañou o primeiro Óscar ó mellor filme na 1ª edición dos premios que celebrou a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, sendo o único filme mudo en conseguilo. Tamén gañou o Oscar ós mellores efectos de enxeñaría (Roy Pomeroy). Wings foi un dos primeiros filmes en amosar dous homes bicándose, e tamén un dos primeiros filmes comerciais en amosar espidos. En 1997, Wings foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Personaxes

  • Clara Bow como Mary Preston
  • Charles "Buddy" Rogers como Jack Powell
  • Richard Arlen como David Armstrong
  • Gary Cooper como Cadete White
  • Jobyna Ralston como Sylvia Lewis
  • El Brendel como Herman Schwimpf
  • Richard Tucker como Comandante aéreo
  • Gunboat Smith como Sarxento
  • Roscoe Karns como Tenente Cameron
  • Henry B. Walthall como Mr. Armstrong
  • Julia Swayne Gordon como Mrs. Armstrong
  • Arlette Marchal como Celeste
  • Hedda Hopper como Mrs. Powell (sen acreditar)
  • George Irving como Mr. Powell (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Filme Wings PersonaxesFilme Wings NotasFilme Wings Véxase taménFilme Wings

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CastañolaMaría Victoria MorenoAngelina JolieTotó GarcíaXabier DeiveManuel Fernández DoalloOvidio RodeiroNapoleón I de FranciaCarlos CuerpoMarta Fernández-TapiasOs PinosIndiaMaría MariñoJorge LorenzoMiguel Ángel Zabalza BerazaAC-960Alberte PagánXestión de dereitos dixitaisSteve JobsAntón FraguasMustafa Kemal AtatürkHoliHLA-DOSandroGarcía II de GaliciaEspañaMareas vivasFaneca bravaPremios Follas Novas do Libro GalegoTina TurnerCristiano RonaldoEduardo PondalMitoloxía galegaAranésEstadio Municipal de AnoetaJosé Castiñeira PardoShinovaRefraneiro galego sobre o viñoJulio Alén MontesLisboaAresAWStatsCarlos III de EspañaDodroBurroMarco AurelioRamón PiñeiroPombo torcazTarragonaJavier Arias FouzBambú ProduccionesLuís MenorÁreas lingüísticas do galegoPaula CarballeiraJosé CoronadoXHamsterLista de cidades de IsraelRusiaIker CasillasPReino de GaliciaMartiño NoriegaSupermartesAnxo AngueiraFauna de GaliciaLeymaRevolución dos caraveisRamón María del Valle-InclánA CañizaSayenNoiaElxokasIsabel Pantoja🡆 More