Urbanismo

O termo urbanismo procede da palabra latina urbis (cidade), que na antigüidade se refería á capital do mundo romano, Roma.

É un concepto moderno que xurdiu na comunidade científica logo dos traballos do enxeñeiro catalán Ildefons Cerdà i Sunyer que empregou a palabra urbs para expresar a problemática do desenvolvemento das cidades. Por unha banda o urbanismo refírese aos coñecementos que temos da urbanización dende os primeiros asentamentos humanos estables con perfeccionamentos tecnolóxicos que permiten a repartición das actividades dun poboamento, ata as cidades contemporáneas, e por outra banda refírese á ciencia e técnicas modernas de ordenación do territorio dunha cidade.

Urbanismo
Feísmo urbanístico en Conxo, Santiago de Compostela (marzo de 2006)

O urbanismo, forma de organización humana

A cidade non é só un obxecto de estudo importante das ciencias sociais, senón, sobre todo, un problema que ocupou e preocupou os homes dende que estes decidiron asentarse formando agrupamentos estables. É obvio que os asentamentos humanos, aínda nas súas formas máis sinxelas, requiren dun mínimo de acordos sociais para asegurar o equilibrio do grupo, e que da fraxilidade ou solidez dos devanditos acordos depende a estabilidade necesaria para a convivencia axeitada. Por iso, a cidade debe entenderse como un fenómeno vivo e permanente, intimamente ligado á cultura coa que comparte a característica da complexidade, o que invita a acometer o seu estudo dende múltiples puntos de vista. Ocupáronse dela, entre outras disciplinas, a historia, a filosofía, a xeografía, a psicoloxía, a arte, a arquitectura, a socioloxía, a política, a literatura, a antropoloxía e, por suposto, o dereito.

O urbanismo, ciencia e técnicas modernas

O urbanismo, fenómeno multidisciplinar relativamente novo, contén unha ampla cantidade de conceptos e unha área de práctica e estudo moi complexa. É, polo tanto, unha ciencia que ten a misión de fornecer as bases fundamentais para resolver os problemas do territorio, tanto na súa configuración física, como na súa dinámica das actividades económicas e sociais.

O urbanismo naceu na era industrial grazas á transformación e construción da cidade naquel tempo, mais a súa madureza teórica acadouna no século XX. O urbanismo desenvolveuse na práctica, como na teoría, despois da segunda guerra mundial, na cal se produciu un cambio político, económico e social en todos os países do mundo. Creáronse novas cidades e comezáronse a modificar as cidades que xa existían.

Posteriormente pasouse dunha concepción do urbanismo como ordenación da cidade á unha concepción global, como ordenación do territorio, para recoller as innegábeis interrelacións sociais, económicas e de infraestruturas entre a cidade e o territorio non urbano.

O urbanismo estúdase en varias disciplinas:

Tags:

CidadeIldefons CerdàLatínRoma

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón Otero PedrayoOs ÁnxelesFuga de cerebrosCarballo comúnManfred GnädingerGalería de imaxes de arañas de GaliciaLista de ríos de GaliciaIdade MediaFerrolPortadaManuel OuteiriñoArxentinaCarlos III de EspañaCastañolaPLolita FloresSuraCidade do VaticanoDavid SilvaDonicelaPonteareasCaso Asunta BasterraAC-413De catro a catroLola FloresEva GonzálezOtelo Saraiva de CarvalhoIsidoro de SevillaLista de concellos da CoruñaLiga de Unidade e Ação RevolucionáriaMario CaneiroMaría MariñoMarco AurelioPanteón de Galegos IlustresWikiFilipe V de EspañaDaniel BasteiroXulloGonzalo MellaCarballoIslandiaEstragónRaquel Castro MartínezHannah ArendtAlejandra MurguíaFrancisco AñónLiteratura galega do século XXRede privada virtualCanle (comunicación)Mamen MendizábalTeoLista das aves de GaliciaCaralloHarvey WeinsteinLingua inglesaMasturbaciónMurciaLista de programas de Televisión EspañolaO PorriñoListenbourgVigoHeraldo de Galicia (A Habana)Castro de Punta do BicoZarracós, A MercaThe OffspringCuruxa comúnPachi VázquezNormandíaA Pobra do CaramiñalLista de filmes con versión en galegoJoselu MatoGheadaGondar, Sanxenxo🡆 More