Ubre

O ubre ou remollo é unha glándula de secreción externa, unha glándula sudorípara modificada, característica das femias da clase dos mamíferos (Mammalia), cuxa función é a secreción do leite co que alimentan as crías durante as primeiras etapas da vida.

O ubre designa o conxunto destas glándulas, en número de dúas, catro ou máis, e equivale ó que na muller se designa como seo ou peito.

Ubre
Ubre dunha vaca.

Nas diferentes especies animais presenta un número diferente de unidades glandulares: dúas na ovella, cabra ou egua, catro na vaca, oito na gata, 8-12 na cadela, 12-16 na porca. A disposición no corpo tamén é variable: inguinal nos équidos e ruminantes, toracoinguinal nos cánidos e súidos ou toracoabdominal na gata.

Estrutura

A glándula está constituída por unha árbore de alvéolos, de 100-300 micrómetros de diámetro cada un. Cada alvéolo é un conxunto sacciforme de células epiteliais que rodean unha cavidade central ou lumen, e todo rodeado de células mioepiteliais dotadas de capacidade contráctil. Agrúpanse en conxuntos de 150 a 220 unidades, a modo de acios rodeados dunha cápsula de tecido conectivo, e estes en agrupacións maiores chamadas lóbulos.

Os alvéolos verten nos condutos galactóforos, en número de 5 a 20 na vaca, en cada cuarteirón. Estes condutos van confluír no seo galactóforo ou cisterna do leite, na parte inferior do ubre e na base de cada teto. Nesta cisterna almacénase o leite, polo que dispón dunhas paredes moi elásticas.

Na vaca, ovella e cabra só existe un sistema de cavidades (condutos galactóforos, seo galactóforo e conduto do teto) en cada glándula. Nas egua, cada mama posúe dous sistemas de cavidades –raramente 3- que conflúen en cada teto; na porca son 3, na gata 5 ou 7, e na cadela 8 a 20.

Durante a lactación actívase o metabolismo da mama para o que se fai necesario un complexo desenvolvemento dos sistema vascular para a irrigación da glándula.

Ubre da vaca

Ubre 
Becerro mamando

Na vaca, o ubre está formado por catro glándulas ou cuarteiróns independentes, acaroadas entre si para dar lugar ó órgano que se aprecia ó exterior, e separadas por tecido conectivo. No tabique saxital hai un ligamento suspensor que mantén o peso da glándula.

Cada cuarteirón abre ó exterior por cadanseu teto . Os tetos están percorridos lonxitudinalmente por unha canle, o conduto do teto, que remata nun esfínter situado no bico do teto. Este esfínter está completado por pregos da mucosa interna da canle do teto para asegurar un peche hermético que impida a perda pasiva de leite e a entrada de contaminación do exterior.

Segundo a raza e a aptitude da vaca (de produción láctea ou cárnica), segundo a idade do animal e segundo o estado fisiolóxico da femia (baleira ou xestante), o tamaño e forma do ubre varía considerablemente e, como consecuencia, tamén a produción de leite. Evidentemente, tamén inflúen as posibles enfermidades sufridas neste órgano.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Ubre EstruturaUbre da vacaUbre NotasUbre Véxase taménUbreGlándulaLeiteMamíferoMullerSecreciónSeo (anatomía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Laura AñónDaniel Carballo CodesidoXosé Manuel PiñeiroPenínsula do BarbanzaCasa de Andrade64Estatuto de autonomía de Galicia de 1936Lingua inglesaMáquina comecartos25Luciano SobralAs Pontes de García RodríguezNoruegaEvaristo CalvoOurenseCarlos SedesSubstantivoMarta DoviroXestaO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoIES Valle InclánLenda das SereasAntía OteroDedaleiraPena Verde, Rebordondo, CualedroCafés CandelasValfendidoMoncha FuentesAntonio Muñoz MolinaEl Progreso (xornal)BandeZoe SaldanaNúmero de teléfonoBenito KamelasXO Carreiro, Aguiño, RibeiraBracara AugustaSésSuso VaamondeThe Times of IndiaBipartito galegoProvincia da CoruñaLista de castelos de PortugalRicardo Sánchez VarelaManuel CorzoDonicelaIdentidade sexualHéctor CajaravilleVíctor MosqueiraArzúaManuel Lois GarcíaLingua casteláMiguel SolísLareiraO PinoXosé Luís Franco GrandeEVómito (grupo musical)A Pedreira, Leiro, RianxoBruce SpringsteenTamara AndrésOs mortos van á présaAnxo AngueiraGrupo RompenteDía da NaiDos arquivos do trasnoDornelas, MosA EstradaArañasFrancisco FrancoAlfonso MolinaSantoalla, Santoalla do Monte, PetínAsexualidadeAmeixa (froito)Hard GZMarta Fernández-Tapias🡆 More