Turín: Comuna italiana

Turín (en italiano: Torino, en piemontés: Turin) é unha cidade do norte de Italia, capital da rexión do Piemonte, situada na beira do río Po e rodeada polos Alpes.

Como residencia oficial da Casa de Savoia, foi a antiga capital do Ducado de Savoia entre 1562 e 1718, posteriormente capital de facto do Reino de Sardeña entre 1720 e 1861, finalmente foi a primeira capital de Italia entre 1861 e 1865. Cunha poboación de 909.205 habitantes (2009), na actualidade Turín é un importante centro cultural, industrial e comercial.

Modelo:Xeografía políticaTurín
Torino (it)
Turin (pms) Editar o valor em Wikidata
Turín: Historia, Monumentos, Economía
Imaxe

Localización
Turín: Historia, Monumentos, Economía
Turín: Historia, Monumentos, Economía Editar o valor em Wikidata
 45°04′45″N 7°40′34″L / 45.0792, 7.67617°40′34″L / 45.0792, 7.6761
EstadoItalia
RexiónPiemonte
Cidades metropolitanasMetropolitan City of Turin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación841.600 (2023) Editar o valor em Wikidata (6.473,35 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie130,01 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Po, Rio Dora Riparia (pt) Traducir, Sangone (en) Traducir e Stura di Lanzo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude239 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
Santo padrónNossa Senhora da Consolação (pt) Traducir e Xoán o Bautista Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataChiara Appendino (pt) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoTurin City Council (en) Traducir Circunscrición: sen valor, (Escano: 40) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal10121–10156 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico011 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT001272 Editar o valor em Wikidata
Código catastral italianoL219 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcomune.torino.it Editar o valor em Wikidata
Telegram: comunetorino Editar o valor em Wikidata

Historia

Na antigüidade a zona estivo habitada polo pobo dos Taurinos, unha tribo celta-ligur que ocupaba o val superior do río Po. Segundo Polibio a súa capital recibía o nome de Taurasia. A orixe etimolóxica dese nome provén da raíz indíxena Tauro (outeiro). Polibio escribiu que no ano 218 a.C. os taurinos foron atacados por Aníbal, que conquistou Taurasia tras 3 días de asedio.

No ano 27 a.C. estableceuse un campamento romano chamado Castra Taurinorum, que máis adiante sería a colonia de Iulia Augusta Taurinorum. Os romanos identificaron o nome orixinal do pobo coa palabra latina Tauro (boi), animal que pasou a ser o símbolo da localidade até hoxe. O trazado urbano do antigo campamento romano aínda se conserva no centro da actual cidade de Turín. No ano 69 a cidade quedou destruída polo lume durante as loitas entre os exércitos do emperador Otón e os de Vitelio.

Trala caída do Imperio Romano, a cidade pasou polas mans dos ostrogodos e dos longobardos. En 773 foi conquistada por Carlomagno e pasou a ser un condado franco. En 941 creouse a Marca de Turín, un feudo baixo a administración conxunta do Sacro Imperio Romano Xermánico e do antigo Reino de Italia. Durante os séculos XII e XIII foi unha cidade libre, até que en 1280 pasou ás mans de Savoia.

En 1559, trala Paz de Cateau-Cambrésis, Francia renunciou ás súas aspiracións de facerse con territorios italianos, devolveu Savoia e Piemonte á Casa de Savoia, e a capital do Ducado de Savoia pasou de Chambéry a Turín. Dende entón comezou a medrar na cidade unha arquitectura monumental composta por residencias reais e grandes templos relixiosos. A comezos do século XVIII a cidade foi asediada polo exército francés durante a Guerra de Sucesión española. O asedio rematou coa vitoria local sobre os atacantes. Non obstante, entre 1798 e 1814 os Duques de Savoia estiveron expulsados de Turín polos franceses post revolucionarios, e recluidos no seu Reino de Sardeña.

No século XIX Turín converteuse no motor que impulsou a unidade italiana, e máis adiante foi a primeira capital de Italia baixo o reinado de Vítor Manuel II, precisamente membro da Casa de Savoia. A capitalidade italiana de Turín durou entre 1861 e 1865, pasando despois a Florencia (1865-1871), e finalmente a Roma (1871-hoxe).

Monumentos

Turín: Historia, Monumentos, Economía 
Mole Antonelliana.
  • O Palacio Real de Turín (Palazzo Reale) situado na Praza do Castelo (Piazza Castello), no centro da cidade, foi a residencia oficial da Casa de Savoia dende o século XVI. Foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1997.
  • A Mole Antonelliana é o monumento arquitectónico máis representativo da cidade. Foi deseñada no século XIX para ser unha sinagoga, pero finalmente edificouse como homenaxe a Vítor Manuel II.
  • A Catedral de Turín (Duomo di Torino) construída a finais do século XV, é famosa por acoller a Capela da Saba Santa.
  • O Palacio Madama (Palazzo Madama) é un complexo arquitectónico de diversas épocas, que foi residencia da Casa de Savoia.
  • A Basílica de María Auxiliadora (Santuario di Maria Ausiliatrice) foi construída por Xoán Bosco a finais do século XIX. É a igrexa nai da congregación salesiana.
  • A Basílica de Superga foi edificada no século XVIII no alto do outeiro de Superga, e acolle os restos de varios príncipes e reis da Casa de Savoia. En 1949 un avión esnafrouse a carón dela morrendo tódolos membros do Torino FC.
  • O Palacio Carignano (Palazzo Carignano), actual Museo do Rexurdimento (Museo del Risorgimento), foi unha residencia da Casa de Savoia, e a sede do primeiro Parlamento italiano en 1861.
  • O Castelo de Valentino (Castello del Valentino) foi unha das residencias da Casa de Savoia, e actual sede da Facultade de Arquitectura da Politécnica de Turín.
  • A Porta Palatina é unha construción do século I a.C, que formaba parte das murallas romanas da cidade.

Economía

Turín é un centro industrial de primeira orde dentro de Italia. Varias das empresas máis grandes e salientables do país naceron nesta cidade, comezando por Fiat, e seguindo por Lancia, Kappa, Martini & Rossi, Olivetti, Telecom Italia, RAI, Iveco etc. Alfa Romeo tamén ten a súa sede en Turín. A cidade tamén acolle ó grupo bancario Intesa Sanpaolo, considerado o segundo do país en termos de capitalización bolsista.

A industria turística tamén é moi salientable na cidade. O número de turistas que visitan Turín cada ano achégase ós 5'3 millóns (2008). Algúns dos atractivos da cidade para os visitantes son os museos, como o Museo Nacional do Cinema que está na Mole Antonelliana, ou o importante Museo Exipcio de Turín.

Turín: Historia, Monumentos, Economía 
Factoría de Fiat en 1928, edificio Lingotto.

Fiat

A empresa FIAT (acrónimo de Fabbrica Italiana Automobili Torino) foi fundada o 11 de xullo de 1899 para producir vehículos, e actualmente é o grupo industrial máis grande e importante do país.

O Lingotto, situado na propia cidade de Turín, foi no seu día a maior fábrica de coches do mundo. A fábrica tiña 5 andares. As pezas entraban por abaixo, e a medida que se ían transformando nun coche, avanzaban en espiral polo interior do edificio cara a arriba, rematando no último andar cando xa estaba rematado. No canto dun tellado, na súa parte máis alta o edificio ten un circuíto oval de probas con curvas peraltadas, de xeito que no seu día os coches rematados xa eran postos a proba no propio edificio. Nos anos 80 o edificio deixou de traballar como fábrica e foi reformado. Actualmente acolle salas de concertos, salas de cinema, tendas, un hotel e un centro de exposicións. O circuíto aínda existe no tellado do edificio.

Demografía

Turín ten unha poboación aproximada de 909.000 habitantes (2009), o que significa que medrou dende o censo de 2001 (865.263 hab). A razón deste crecemento é a inmigración. Turín acolle a uns 128.000 inmigrantes estranxeiros, dos cales uns 52.000 son romaneses e 20.000 son marroquís. Este recente crecemento na poboación da cidade freou a caída que se levaba producindo dende 1971, cando a poboación de Turín acadou a súa máxima cantidade, 1.167.968 habitantes.

Calcúlase que a poboación da Área metropolitana de Turín é duns 2'2 millóns de habitantes.

Deportes

Fútbol

O 15 de marzo de 1898 fundouse en Turín a actual Federación Italiana de Fútbol. A cidade ten dous clubs de fútbol de gran tradición:

En 1933 inaugurouse en Turín o Stadio Comunale (co nome Stadio Benito Mussolini) por mor da celebración do Mundial de Fútbol Italia 1934, cunha capacidade para 40.000 persoas. O estadio acolleu un encontro de oitavos de final e un máis de cuartos de final. Ámbolos dous equipos fixeron dese novo e moderno recinto o seu fogar durante décadas, até que en 1990 foi inaugurado o novo Stadio delle Alpi con motivo do Mundial de Fútbol Italia 1990, cunha capacidade para 67.411 persoas. Nesa ocasión a cidade acolleu tres encontros da fase de grupos, un máis de oitavos de final e outro de semifinais. Tanto Juventus FC como Torino FC mudáronse ó novo coliseo turinés, pero por pouco tempo. Co gallo da celebración dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 foi remodelado o Stadio Comunale, de xeito que ámbolos dous equipos volveron ó seu antigo fogar. Non obstante, a Juventus FC chegou a un acordo para derrubar o Stadio delle Alpi e construír no seu sitio un novo estadio de fútbol, que se estreou en 2011 co nome Juventus Stadium, de xeito que dende ese ano cada club ten o seu propio fogar por separado.

Turín: Historia, Monumentos, Economía 
Torino 2006.

Xogos Olímpicos de Inverno

Os Xogos Olímpicos de Inverno do ano 2006 tiveron lugar en Turín entre o 10 e o 26 de febreiro, despois de ser elixida en 1999 polo COI. Este evento no que participaron 2633 deportistas supuxo a remodelación das infraextructuras da cidade (metro, estradas, recintos deportivos, instalacións hoteleiras etc). O Stadio Comunale foi remodelado e modernizado, e mesmo rebautizado como Stadio Olimpico de Torino. Ademais foi construído o Palasport Olimpico, un gran pavillón con capacidade para 18.000 persoas deseñado para acoller as probas de hóckey sobre xeo.

Ciclismo

A celebración de probas ciclistas ten moita tradición en Turín. Entre 1876 e 2007 disputábase cada ano a clásica Milano-Torino. Dende 1906 vense disputando tamén o Giro do Piemonte polo mes de outubro, proba dun día e 199 quilómetros. É moi habitual que Turín acolla algunha das chegadas ou saídas do Giro de Italia, sendo 2005, 2009 e 2011 os últimos anos nos que houbo unha chegada de etapa na cidade.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Turín HistoriaTurín MonumentosTurín EconomíaTurín DemografíaTurín DeportesTurín Galería de imaxesTurín NotasTurín Véxase taménTurínAlpesCasa de SavoiaItaliaLingua italianaLingua piemontesaPiemonteReino de SardeñaRío Po

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Juan PardoSarcopterygiiBerberechoFisioterapiaFerraraFrank SinatraCarlos GardelNeornithesWorld Trade Center (1973–2001)Matrimonio entre persoas do mesmo sexoFroufe, O IrixoDelta do Río das PerlasRío AmazonasÁlxebraGiotto di BondoneDeportivo da CoruñaSupernovaCirrio de chemineaJulio IglesiasBisonte europeoCristovo ColónDólar estadounidenseLarry BirdNoelia ReyTerceira dinastía de ExiptoSantiago de CompostelaLappeenrantaMasideBisexualidadeNana MouschouriISBNSevillaLingua xeorxianaVilariño de ConsoKiribatiVilar de SantosLinguas altaicasDonicelaLugoSauber F1Luis ZaheraCaviarArco de TitoEvoluciónSionismoUniversidade de GranadaEnciclopedia Galega UniversalConcellos de GaliciaLingua serbiaTurboventiladorPristiophoridaeIndianapolis, IndianaEnciclopediaLance StrollAtlanta FalconsAvea comúnARN polimeraseCangrexo ermitánGran Premio do Brasil de 2018Dobre hélice de ácidos nucleicosADN polimeraseFosfatidiletanolaminaMachu PicchuTracy McGradyGuitarraArubaEmma StoneCorrente do GolfoRetorno a Tagen AtaThe Chronicles of NarniaÁcido graxoLingua sánscritaGrammy á carreira artísticaApp Store (iOS)Albatros viaxeiro🡆 More