Tom Odell

Tom Peter Odell, nado o 24 de novembro de 1990, é un cantautor británico.

Lanzou o seu primeiro EP, ''Songs from Another Love'', en 2012 e gañou o premio da Elección dos Críticos dos BRIT Awards a comezos de 2013. O seu primeiro álbum de estudio , Long Way Down, está dispoñíbel desde o 24 de xuño de 2013.

Infotaula de personaTom Odell
Tom Odell
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Chichester, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSeaford College (en) Traducir
British and Irish Modern Music Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor , modelo , pianista , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoIndie pop e folk-pop (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoPiano, voz e guitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
In the Name Of (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webtomodell.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm5441483 Facebook: TomOdellmusic Twitter: tompeterodell Instagram: tompeterodell Tumblr: wr0ngcr0wd MySpace: tomodellmusic Youtube: UCw82hVTqhUUGOQIrGcG8HIw TikTok: tompeterodell Souncloud: tomodell Spotify: 2txHhyCwHjUEpJjWrEyqyX iTunes: 524929515 Last fm: Tom+Odell Musicbrainz: fee6a7fb-80d9-4290-a171-e48f1f20e381 Songkick: 4582588 Discogs: 3034712 Allmusic: mn0003016870 Deezer: 4044787 Genius: Tom-odell Editar o valor em Wikidata
Tom Odell
Zelt-Musik-Festival 2015 Freiburg, Alemaña

Nenez

Odell naceu en Chichester, West Sussex, fillo dun piloto e unha mestra de escola. Ten unha irmá máis vella. Pasou parte da súa nenez en Nova Zelandia por causa do traballo de seu pai. Estudou no colexio de pago Seaford College, onde coñeceu ao seu amigo e colaborador Ian Miller. Estudou piano clásico até sexto de primaria. Comezou a escribir as súas propias cancións á idade de trece anos, aínda que non llo dixo a ninguén porque cría que non estaba en voga.

Con dezaoito anos, Odell decidiu non estudar na University of York e tentou gañar unha praza nun conservatorio de Liverpool. Ao non conseguir o seu propósito, mudouse a Brighton para gañar experiencia no mundo da música ao vivo. Actuaba a diario nas noites de micro aberto: «Era moi humillante: arrastrar un teclado, presentarse para descubrir que non estaba no programa, pandas de rapaces que me collían o micro e rían ... aprendín a actuar e tamén que cancións funcionan.» Despois dun ano e tras ser despido do seu traballo como barista, volveu para Chichester. Grazas ao coche de súa avoa puido viaxar con frecuencia a Londres para actuar e pór anuncios nas escolas de música. He Posteriormente, mudouse a Londres para tocar na banda Tom and the Tides. Porén, decidiu que prefería actuar en solitario porque «non quería ter de confiar na xente».

Carreira musical

Odell firmou coa discográfica In the Name Of, un selo de Columbia Records. Foi descuberto pola xefa do selo Lily Allen, que remarcou que «a súa enerxía no escenario lle lembraba a David Bowie». Déronlle un adianto do álbum: "Merquei un Mini Cooper vello en metálico. Tres semanas máis tarde, cando regresaba dun concerto en Escocia, o coche xa non estaba. Se vedes un Mini Cooper clásico verde de carreiras, é de meu». Lanzou o seu primeiro EP, Songs from Another Love, en outubro de 2012. A súa primeira aparición televisiva foi en novembro de 2012 como artista no programa Later... with Jools Holland; o director do programa Alison Howe describiuno como «un debut clásico de Later». Odell entrou na listaxe dos quince nomeados para a sondaxe Sound of 2013 da BBC en xaneiro de 2013. Ese mesmo mes, o seu sinxelo «Another Love» foi empregado pola BBC para promocionar o seu programa de 2013. A súa música ten sido usada en numerosas pasarelas de moda de Burberry. Odell gañou o premio da crítica dos BRITs, que previamente xa fora gañado por artistas como Adele e Florence and The Machine, e tamén foi entrevistado xunto á anterio gañadora Emeli Sande durante a cerimonia en febreiro de 2013. O seu primeiro álbum, Long Way Down, foi lanzado o 24 de xuño de 2013. Será o abreconcertos de The Rolling Stones no festival londiniense Hyde Park o 13 de xullo de 2013.

Influencias

Odell «creceu escoitando a Elton John. Un dos primeiros álbums que escoitei foi Goodbye Yellow Brick Road (1973). Tamén nomea a David Bowie, Jeff Buckley, Bob Dylan, Arthur Russell, Leonard Cohen, Leon Russell, Billy Joel, Randy Newman, Tom Waits, Sixto Rodriguez e Bruce Springsteen como as súas influencias. É fan de Arcade Fire, James Blake, Cat Power, Blur, Beach House, Radioheade Ben Folds.

Odell comentou que as súas letras están inspiradas pola súa «incapacidade de permanecer nunha relación con alguén máis de seis mesesd ... Considero que escribo mellores letras cando son honesto e tratan sobre cousas que me aconteceron. Podo semellar un pouco raro cando os amigos ou as mozas descobren que a canción trata sobre eles. Porén, é impresionante da que te podes librar Creo que a chaman licenza poética»

Discografía

Álbums de estudio

Título Detalles do álbum Posición máis alta nas listaxes
Reino Unido
Irlanda
Long Way Down 5
Wrong Crowd
  • Lanzamento: 2016
Jubilee Road
  • Lanzamento: 2018
Monsters
  • Lanzamento: 2021
Best Day of My Life
  • Lanzamento: 2022
Black Friday
  • Lanzamento: 2024

EP

Título Detalles do álbum
Songs from Another Love
  • Lanzamento: 15 de outubro de 2012
  • Selo: Columbia, In the Name Of
  • Formato: Descarga dixital, Vinilo

Sinxelos

Ano Sinxelo Posición máis alta nas listaxes Certificados Álbum
Reino Unido
Bélxica (Vl)
Bélxica (Wa)
Alemaña
Irlanda
Países Baixos
Suíza
2013 "Can't Pretend" 67 Long Way Down
"Hold Me" 44
"Another Love" 10 1 18 30 29 6 35
  • BEA: Gold
"—" denota aqueles sinxelos que non chegaron ás listaxes ou non foron lanzados.

Notas

Tags:

Tom Odell NenezTom Odell Carreira musicalTom Odell InfluenciasTom Odell DiscografíaTom Odell NotasTom Odell199024 de novembro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FonemaAWStatsVacaNatalia JunqueraRamón Otero PedrayoConcellos de GaliciaSobreiraSanta CombaFernando AlonsoMandalaEster Expósito.geLatitudeUS AirwaysRonaldinhoGod Save the KingMaruca do MediterráneoUbertino da CasaleLista de episodios de Dragon Ball Z KaiJagoba ArrasatePosición do misioneiroIslamEstadio Municipal de RiazorSan Xosé de Ribarteme, As NevesPontevedraEzio Flavio BazzoGalicia estremeiraSalzburgoTeobrominaAntas de UllaSalgueiroCronoloxía da segunda guerra mundialMario Vargas LlosaParlamento de GaliciaBenito Soto7 de febreiroOurenseCervantesXogoWiki CommonsJosé Pablo del Bado RivasPasadena, CaliforniaPaspallásSemana Santa de ViveiroLuandaIdade MediaPablo PicassoEurocopa de FútbolEva Iglesias MiguénsLuís Espada RecareyLista de ríos de GaliciaMicciónPalauCarles PuigdemontDMC DeLoreanA derradeira leición do mestreFianna FáilTerence HillÁreas lingüísticas do galegoA esmorgaDios ke te crewCatch Me If You CanSemellanza (xeometría)IndonesiaLuís TosarO Barco de ValdeorrasXosé Manuel PiñeiroCarcasonaReloxoMarxismoAdánOs ÁnxelesAgustín Reguera OcampoJosé SacristánCreative Commons🡆 More