Toén é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.
Segundo o IGE no ano 2015 tiña 2.426 habitantes (2.521 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «toenés».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Ourense | ||||
Capital | Toén | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.378 (2023) (40,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 58,3 km² | ||||
Altitude | 356 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Ricardo González Gómez (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Toén | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32930 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32081 | ||||
Páxina web | toen.gal | ||||
O concello está constituído por 41 núcleos de poboación agrupados en oito parroquias. Limita cos concellos de Barbadás polo leste, con Ourense ao norte (separados polo río Miño), con Cartelle ao sur, e con Castrelo de Miño ao sur.
As zonas de maior altitude sitúanse nas franxas sur e leste, pero sen cumios moi elevados, de pouco máis de 600 metros. As terras do norte, oeste e centro forman o extenso val do río Miño. Este río está embalsado no encoro de Castrelo de Miño, onde recibe as augas do rego de Puga, rego de Xestosa e o rego de Fragoso.
Hai un gran contraste nas temperaturas, baixas en inverno e altas en verán, con néboas persistentes e chuvias escasas (uns 800 mm).
Os produtos máis abundantes son a vide no val e a pataca e o centeo no interior, pero a maior parte das terras están marcadas pola masa forestal, sobre todo por matos. O sector agrario en Toén xira fundamentalmente en torno á produción vinícola, cun 53% da superficie total cultivada. As parroquias de Alongos, Puga e Feá pertencen á Denominación de Orixe O Ribeiro, sendo unha das zonas de maior produción de caldos autóctonos.
En relación coas actividades industriais destaca a existencia de varias canteiras de pedra de moita importancia no terzo norte do concello, en torno aos núcleos de Mugares, Puga e Feá.
A estrada secundaria OU-342 comunica a cidade de Ourense co concello entrando pola parroquia de Mugares, mentres que a OU-317 o fai polas Airas. Dende a autovía A-52, tomando a saída de Cortegada, pódese coller cara a Feá á dereita, Alongos á esquerda ou Toén de fronte.
Censo total | 2.426 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 200 (8.24 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.422 (58.62 %) |
Maiores de 65 anos | 804 (33.14 %) |
A poboación municipal sufriu grandes cambios durante o século XX. En 1900 Toén contaba con 3.881 habitantes, alcanzando o seu máximo de poboación en 1950 (4.369). A proximidade coa capital da provincia freou en certa medida unha emigración masiva como ocorreu noutros concellos. Porén, este feito non impediu un descenso paulatino da poboación desde 1950 até a actualidade.
Evolución da poboación de Toén Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.881 | 3.875 | 4.369 | 3.474 | 2.573 | 2.635 | 2.605 | 2.567 | 2.527 | 2.511 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Atopáronse restos do paleolítico na Piteira e O Loureiro (Moreiras)"Colección da prehistoria". Museo Arqueolóxico de Ourense..
Da época castrexa queda o castro de Trelle, situado a uns 600 m de altitude, na parroquia de Trelle. Desde el divísanse os vales do Miño e do río Arnoia. É un castro de dous recintos en forma de dúas terrazas ovaladas, superpostas e concéntricas cinguidas polos seus respectivos terrapléns. O castro de Louredo está entre as parroquias de Mugares e Alongos (Freixendo), no límite co concello de Barbadás, emprazado no monte de Louredo (437 m). Nel acháronse numerosos útiles de pedra paleolíticos e neolíticos. Posteriormente foi un asentamento estratéxico na época castrexa, quizais formando parte doutros que controlaban o curso do Miño pertencentes á tribo dos "Coelerni" cuxa capital era Castromao, Celanova (Celanova). Descubriuse abundante cerámica indíxena e romana decorada na zona, así como dúas aras romanas (a Xúpiter e outra a Diana) conservadas no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Consérvase dous documentos en lingua galega asinados polo cura e notario de Xestosa Pedro Martínez a mediados do século XIII: un de compra-venda do 3 de marzo de 1259, e outro de venda do 30 de marzo de 1260.
A través da documentación medieval do tombo do mosteiro de Celanova sábese da existencia do mosteiro de Santa Uxía, cara ao Porto dos Abades, e do mosteiro de San Vicente, fundado como mosteiro particular polo converso Esgas e doado polo seu pai Fafila a san Rosendo no ano 952 xunto con varios lugares como Mugares e diversas terras. Existiu tamén un castelo en Louredo, doado polo rei ó bispo Martiño de Ourense. No Pozo Meimón foi asasinado o bispo de Ourense no século XV por Lope de Alongos e uns criados seus a instancias duns nobres (entre eles os Puga) dentro do contexto das guerras civís nobiliarias de finais do XV.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Toén vexa: Lugares de Toén.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toén |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Toén, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.