Teatro Radiofónico

O teatro radiofónico é un drama de ficción que se transmite a través da radio.

Ao carecer de compoñentes visuais, o teatro radiofónico dependen do Wiki Galegodiálogo, a música e os efectos de son para axudar ao ouvinte a imaxinar a historia.

Teatro Radiofónico
Fotografía durante a gravación dunha peza de teatro radiofónico.

Orixe

Tivo un desenvolvemento inicial en 1920 e gañou moita popularidade durante as seguintes décadas. En 1940 foi unha forma de entretemento popular a nivel mundial. Coa chegada da televisión, a mediados do século XX decaeu en gran medida, e actualmente ten unha pequena presenza no entretemento, manténdose nalgúns países máis como actividade cultural, non obstante no Reino Unido goza dunha relativa popularidade, producindo a BBC 200 pezas só en 2009.

En Galicia

A Radio Galega conta cunha importante tradición de teatro radiofónico. En 1988 a Sección de Cultura da Radio Galega, dirixida por Antón de Santiago pon en marcha as primeiras iniciativas, e emite, entre outras, A porta pechada de Jean-Paul Sartre e mais a obra cómica Os Cabaleiros, con guión de Carlos Reboreda, e o elenco de actores e actrices estaba formado por profesionais da emisora: Antón de Santiago, Xosé Luís Freire, Santiago Davila ou Isabel Freire.

Desde o ano 2006 o programa da Radio Galega Diario Cultural convoca o Premio Diario Cultural de teatro radiofónico, que consiste na selección e adaptación radiofónica dos textos finalistas e a publicación en audiolibro dos textos premiados polo xurado e o público. Este premio foi recoñecido particularmente pola profesión teatral. Co obxectivo de protenciar a creatividade radiofónica entre a audiencia do programa, convoca o concurso de creación semanal "Sonigrama".

Tamén a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en colaboración co IES Audiovisual de Vigo e Radio Redondela convoca o Premio Pegada desde o ano 2014. Ademais existen diversos concursos de teatro lido dirixidos ao alumnado que emiten emisoras locais como o Concurso escolar de teatro lido Xosé Manuel Eirís ou o Concurso radiofónico de teatro lido de Ames Desata a lingua .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Maneiro, Arturo (2013). 25 anos de Radio Galega. De 1985 a 2010. Santiago de Compostela: Editorial Compostela. Libro electrónico. ISBN 978-84-8064-229-3

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Teatro Radiofónico OrixeTeatro Radiofónico En GaliciaTeatro Radiofónico NotasTeatro Radiofónico Véxase taménTeatro RadiofónicoDiálogoDramaFicciónHistoriaMúsicaRadio (medio de comunicación)Teatro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Luís BernalAppleTalkAscanio CondiviSydney SweeneyAlcóntarWiki CommonsTorre EiffelGalego-portuguésCarqueixaManuscrito VoynichFernão de MagalhãesShakiraPanteón de RomaReloxoMr. TVilanova dos Infantes, CelanovaMario Vargas LlosaDitaduraMasculino e feminino en galegoÁlex FidalgoCarcasonaEster ExpósitoVirusGina RodriguezLista de nomes femininos en galegoA VeigaSanxenxoPasadena, CaliforniaVigoClase (bioloxía)Vox populiPotaEnsino superior1401DemocraciaJean-Claude Van DammeRadio VaticanaJosé Antonio Primo de RiveraEra da informaciónRobert PattinsonAlfonso SotoBenito Soto1869Foro do bo burgo de Castro CaldelasPosición do misioneiro invertidaLeymaChelsea ManningMichael JacksonCapitalismoUniversidade de Roma La SapienzaSevilla Fútbol ClubChantadaRubén Lois GonzálezBarcelonaXacioEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Río ObiÁcido desoxirribonucleicoEva CárdenasFelaciónJSONFátima PegoCourseraBieito XVI, papaNacionalsocialismoRibadaviaBorja Fernández Fernández (1981)World Wide WebLuís TosarIndependenciaEstañoDavid HarperNoite de San Xoán (Fonoteca 92)🡆 More