Tangata Manu

O Tangata manu (Home-Paxaro), era o gañador dunha competición tradicional na Illa de Pascua (Rapa Nui).

O ritual era unha competición anual para obter o primeiro ovo da estación do paxaro Onychoprion fuscata (manu tara) no illote de Motu Nui (illa dos Homes-paxaro), nadar de regreso a Rapa Nui e rubir o cantil de Rano Kau ata o cumio preto do poboado de Orongo. Esta cerimonia de primavera era en honor de Makemake (deus creador), e comezaba coa chegada do primeiro ovo e remataba coa investidura do Tangata Manu, o sagrado "Home-Paxaro" da illa de Pascua.

Tangata Manu
Petróglifos sobre rochas en Orongo. Makemake na base e dous homes-paxaros enriba. Os illotes de Motu Nui, Motu Iti e Motu Kau Kau vense sobre o bordo destas rochas.

Culto

Mitoloxía

Makemake era o deus xefe do culto do home-paxaro, os outros tres deuses asociados a el eran Hawa-tuu-take-take (o señor dos ovos) a súa esposa Vie Hoa e Vie Kanatea.

Descrición da cerimonia

Cada ano, os representantes das diferentes tribos rapanui, subían ó volcán Rano Kau para festexar no centro cerimonial de Orongo, a nova competición para a elección do Tangata Manu, quen exercía durante un ano a xefatura política e militar da illa.

Os contendentes eran elixidos en soños polos ivi-attuas (individuos con don da profecía). Os candidatos sinalaban un hopu (un corredor), que nadaría a Motu Nui e alcanzaríalle o ovo, mentres os candidatos agardaban en Orongo. A xusta era moi perigosa e moitos hopu morrían devorados por quenllas, afogados ou por caídas.

Unha vez que o hopu lle entregaba o ovo ó candidato, acendían un lume cara ao interior do volcán Rano Kao; a localización do lume anunciaba a toda a illa se o novo Tangata manu era de clans occidentais ou orientais.

O gañador recibía un novo nome e o título de Tangata manu, e un gran poder na illa, incluído o de que o seu clan tivese os dereitos únicos de facer a recolección da estación dos ovos e dos pitos das aves mariñas de Motu Nui. O Tangata manu dirixía entón unha danza costa abaixo do volcán Rano Kao e seguía ata Anakena se era de clans occidentais ou ata Rano Raraku se era de clans orientais.

Orongo, que é o cumio do volcán extinto Rano Kao que estaba enfronte ó illote Motu Nui, era un lugar de culto. Alí os homes máis poderosos da illa agardaban cada ano a chegada das andoriñas de mar que aniñaban. Facíano sentados durante semanas nas casas de pedra semi-subterráneas orientadas cara Motu Nui. A competición efectuábase nadando sobre un flotador de totora chamado pora. O gañador convertíase en algo similar a unha divindade, afeitábano e pintábanlle a cabeza de vermello e logo conducíano a unha cabana sagrada en Rano Raraku, onde permanecía illado durante un ano. Era alimentado por criadas especiais e recibía o rango sagrado de Tangata Manu (home–paxaro do ano). As ruínas de Orongo aínda conservan as decoracións pictográficas de homes–paxaros representados con longos e encorvados picos.

O culto do home-paxaro foi suprimido por misioneiros cristiáns na década de 1860. A orixe do culto e a súa duración son descoñecidos, así como se descoñece tamén se este culto substituíu a relixión relacionada cos Moai ou se coexistira con ela.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Tangata Manu CultoTangata Manu Descrición da cerimoniaTangata Manu Véxase taménTangata ManuIlla de PascuaMakemake

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AustriaTrabadaFaxO xardín das deliciasCamila CabelloAlbaceteOrtigueiraO CarballiñoLista de xentilicios de concellos galegosGaivotaÁlvaro CunqueiroBatmanLuísa VillaltaProxyCampos de fútbol de GaliciaAlfredo Bea GondarAngelina JolieOperación Uvas da IraMartiño NoriegaManuel JaboisLista de presidentes do Real MadridArkanoSitio webXunta de GaliciaQuim TorraVimianzoCaranza, FerrolLista de siglas e acrónimosArxentinaPita do monteVacaAndrea MaceirasConcellos de GaliciaPorto da LúaZlatan IbrahimovićJoaquín García DíezUnha primavera para AldaraDavid BroncanoEstrella GaliciaLagarteiroSuraMaría JamardoFran BeltránGalería de imaxes de flores de GaliciaVigoJuan Diego (actor)José Antonio Vázquez TaínAna María MatuteVG-1.3AsterixMúsica dos países islámicosClub Esportiu EuropaMar SánchezCristina Fernández-BugallalMØUInvasión musulmá da Península IbéricaPrepucio do clítorisMamen MendizábalFrancisco FrancoVogais da lingua galegaPico SacroThe ArtistDía da NaiAlfonso Basterra CamporroFinados en 2024Fútbol Club BarcelonaTopónimos célticos en GaliciaMinneapolis, MinnesotaRefraneiro galego sobre o mes de maioRobert OppenheimerSonia MéndezMasturbación coas mamasUsain BoltXerez Club DeportivoMallorca🡆 More