Sir Gawain E O Cabaleiro Verde

Sir Gawain e o Cabaleiro Verde é un romance métrico de finais do século XIV escrito nun único manuscrito, que tamén contén outras tres obras de orientación máis cristiá.

Os catro poemas están nun dialecto común, a variedade dialectal dos Midlands do noroeste do inglés medio. Así e todo, o tema central da historia de Sir Gawain e o Cabaleiro Verde é máis antigo e comprende moitos elementos, sendo o principal o tema da decapitación, central na mitoloxía celta, mais tamén inclúe elementos do seu tempo, sendo o máis importante o da peste negra.

Sir Gawain E O Cabaleiro Verde
Manuscrito Orixinal

O manuscrito Cotton Nero A.x está no Museo Británico. A primeira edición moderna foi publicada por J. R. R. Tolkien e E. V. Gordon en 1925.

O poeta

Sir Gawain E O Cabaleiro Verde 
Sir Gauvain e o Cabaleiro Verde

As outras tres pezas encontradas xunto con Gawain, a pesar de que non están tituladas, chegaron a ser coñecidas como Perla, Paciencia e Limpeza (alternativamente Pureza). Considerase que o manuscrito Cotton é unha copia manuscrita e non o orixinal. Por tanto, non hai ningunha proba explícita que indique que os catros poemas foron escritos polo mesmo poeta. Con todo, tras realizar unha análise comparativa do dialecto e da forma dos versos, chegouse a unha aceptación xeral de que os catros poemas son do mesmo autor, coñecido como o poeta Perla ou o poeta Gawain. Aínda que o nome deste poeta é descoñecido, dunha lectura detallada dos seus traballos chégase a coñecer algo sobre a persoa. Tolkien, na introdución ás súas traducións póstumas, escribe

    Foi un home de mente seria e devota, pero non sen humor; tiña interese e algún coñecemento en teoloxía, mais un coñecemento afeccionado, en lugar de profesional; sabía latín e francés e estaba bastante formado en libros franceses, tanto románticos como instrutivos; pero o seu fogar estaba nos Midlands Occidentais de Inglaterra; isto mostra a súa linguaxe, e a súa métrica, e a súa escenificación.

O manuscrito datouse cerca do ano 1400 e crese que o poeta floreceu pouco tempo antes, sendo, por tanto, contemporáneo de Chaucer, aínda que estaba lonxe del en case calquera outro aspecto. Antes de que o manuscrito pasase a ser unha posesión de Robert Cotton, encontrou un lugar na libraría de Henry Savile de Bank en Yorkshire, que viviu de 1568 a 1617. Nada se sabe do manuscrito ou do seu autor antes disto.

A pesar de existir menos unanimidade, o poeta Perla pode que tamén escribise o poema aliterativo San Erkenwald, o cal se compuxo probabelmente en 1386, aínda que moitos estudosos opinan que isto non é así.

Adaptacións Modernas

Libros

John Ronald Ruel Tolkien e Eric Valentine Gordon publicaron unha edición académica do texto de Sir Gawain e o Cabaleiro Verde en 1925. Unha segunda edición deste texto realizouna Norman Davis en 1967. Este libro con texto en inglés medio con extensas notas de investigación é frecuentemente confundido cunha tradución ao inglés moderno preparada por Tolkien publicada xunto coas traducións de Pearl e Sir Orfeo. Moitas edicións desta última obra, publicada por primeira vez en 1975, nomean a Tolkien como autor e non como tradutor da obra. Por tanto, é común que se cite erroneamente a Tolkien como o autor orixinal da obra. Máis recentemente, Simon Armitage chamou a atención dos medios nos Estados Unidos e no Reino Unido coa súa tradución do poema publicado en 2007.

Ópera

Sir Gawain e o Cabaleiro Verde adaptouna como ópera en 1978 o compositor Richard Blackford por encarga da aldea de Blewbury, en Oxforshire. O libreto da adaptación foi escrito polos fillos do novelista John Emlyn Edwards. A ópera en seis escenas gravouna a DECCA entre marzo e xuño e publicada por ARGO Label en novembro de 1979. Sir Gawain e o Cabaleiro Verde tamén a adaptou Harrison Birtwistle na ópera titulada Gawain, estreada en 1991. A ópera de Birtwistle foi louvada por manter a complexidade do poema e por traducir a lírica en forma musical. Outra adaptación en ópera foi Gwyneth e o Cabaleiro Verde de Lynne Plowman, estreada en 2002. Nesta ópera Sir Gawain só é un elemento secundario, pois a historia está enfocada en Gwyneth -a escudeira de Gawain-, quen desexa converterse en cabaleiro. A versión de Plowman foi louvada pola súa accesibilidade, xa que está enfocada a meniños e público familiar (mais tamén se critica dela que use inglés moderno e sermóns).

Cine e Televisión

O poema adaptouse ao cine en dúas ocasións:

  • A primeira cinta foi Gawain e o Cabaleiro Verde de 1973, dirixida por Stephen Weeks e con Murray Head como Sir Gawain e Nigel Green como o Cabaleiro Verde. Esta versión foi criticada por desviar a trama da historia. Un exemplo deste desvío é a aventura que ten Sir Gawain entre o momento que deixa Camelot e o momento en que chega ao castelo de Bertilak, que non aparece no poema. Ademais Bertilak e o Cabaleiro Verde non teñen conexión ningunha no poema.
  • O seguinte filme foi A espada do valente: A lenda de Sir Gawain e o Cabaleiro Verde de 1984, dirixida por Stephen Weeks con Miles O'Keeffe como Sir Gawain e Sean Connery como o Cabaleiro Verde.

Para televisión realizáronse dúas adaptacións: Gawain e o Cabaleiro Verde (1991) e a serie animada Sir Gawain e o Cabaleiro Verde (2002).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Sir Gawain e o cabaleiro verde, tradución ao galego e prólogo de Jorge L. Bueno Alonso, Cangas do Morrazo: Rinoceronte Editora, 2013
  • Sir Gawain y el caballero verde, Tradución ao español de Francisco Torres Oliver, prólogo, Luis Alberto de Cuenca, epílogo e notas, Jacobo F.J. Stuart, Madrid: Siruela, 1998
  • El Reflejo de Arturo, de F. Rusell-Ocas

Ligazóns externas

Texto Online

Información xeral

Tags:

Sir Gawain E O Cabaleiro Verde O poetaSir Gawain E O Cabaleiro Verde Adaptacións ModernasSir Gawain E O Cabaleiro Verde Véxase taménSir Gawain E O Cabaleiro Verde

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de episodios de Shin ChanSangueAdolf HitlerMerloGrândola, Vila MorenaToxo arnalAccidente de ChernóbilPobo palestinoLista de filmes coas maiores recadaciónsSonDeSeuBenito MussoliniCangasShōgunJackson PollockMiguel Ángel Zabalza BerazaPontevedraChatGPTIbn al-AbbarEstados Unidos de AméricaAndoriñaJorge PeteiroCuarzoAntónio de SpínolaXunta de GaliciaVoleibolFermin MuguruzaTereixa ConstenlaVangardasComarca de SarriaGrupo SargadelosContactPosición do misioneiroCaso Asunta BasterraOurenseManuel RicoAciñeiraParadigmas dos verbos irregulares galegosMéxicoAC-456The ArtistLista de presidentes da República PortuguesaTradescantia fluminensisAlfonso RuedaFran AlonsoÁreas lingüísticas do galegoRías Baixas (serie de televisión)Reino de GaliciaXeración do 36Guillermo Alonso BarciaPatricia VázquezBaby ReindeerImperio BritánicoCarlos CasaresLeninismo28 de decembroPaparazziVila de CrucesVilalba, Vilalba, VilalbaPalmaCharles WhiteOman AirIrene FerrerasPHindemburg Melão Jr.El Pueblo GallegoProvincias de EspañaGuerra civil españolaMedoTribadismoBigues i Riells del FaiToniña comúnLingua galega🡆 More