A selección de fútbol de Tanzania (en suahili: Timu ya Taifa ya Mpira wa Miguu ya Tanzania, en inglés: Tanzania national football team) é o equipo representativo de Tanzania nas competicións oficiais internacionais de fútbol.
É dirixida pola Federación de Tanzania de Fútbol (Shirikisho la Mpira wa Miguu Tanzania, Tanzania Football Federation), afiliada á Confederación Africana de Fútbol (CAF) e á FIFA. O estadio principal da selección é o Estadio Nacional Benjamin Mkapa en Dar es Salaam. A selección tanzana nunca xogou a fase final da Copa do Mundo e tan só participou en dúas edición da Copa de África de Nacións.
Tanzania | |||
---|---|---|---|
| |||
Asociación | Tanzania Football Federation | ||
Confederación | CAF (África) | ||
Código FIFA | TAN | ||
Alcume | Taifa Stars | ||
Clasificación FIFA | 134 (11 de xuño de 2020) | ||
Seleccionador | Etienne Ndayiragije | ||
Máis encontros | Mrisho Ngasa (100) | ||
Máximo goleador | Mrisho Ngasa (25) | ||
Estrea internacional Uganda 7 − 0 Tanganica Uganda; 1945 | |||
Maior vitoria Tanzania 7 − 0 Somalia Jinja, Uganda; 1 de decembro de 1995 Tanzania 7 − 0 Somalia Kampala, Uganda; 1 de decembro de 2012 | |||
Maior derrota Tanganica 7 − 0 Kenya Tanganica; 1956 | |||
Copa de África | |||
Participacións | 2 (primeira en 1980) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (1980, 2019) |
Antes da súa unión con Zanzíbar, o equipo recibía o nome de selección de fútbol de Tanganica. Por outra banda, actualmente a illa de Zanzíbar, parte de Tanzania, é membro asociado da CAF. Así, Zanzibar, ten a súa propia selección nacional. Esta selección, porén, non pode participar nin na Copa do Mundo nin na Copa de África.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Selección de fútbol de Tanzania, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.