Selandia

Selandia (Sjælland en dinamarqués) é a illa máis grande de Dinamarca con 7.031 km².

Está situada entre o estreito de Kattegat (ao norte) e o mar Báltico (ao sur), separada da rexión sueca de Escania polo estreito de Sund (ao leste) e de Fionia polo Gran Belt (ao oeste). É a illa máis grande (agás Groenlandia) e a illa máis populosa de Dinamarca cunha poboación de 2.267.659 habitantes (39% do total de Dinamarca en xaneiro de 2016).

Selandia
Sjælland
Selandia
Localización da illa
Selandia
Illa de Selandia (dan.: Sjælland) entre os estreitos dinamarqueses, outras illas danesas, e Suecia
Situación
PaísDinamarca Dinamarca
MarMar Báltico
Coordenadas55°30′N 11°45′L / 55.500, -11.750
Xeografía
Superficie7.031´02 km²
Longura máxima132 km.
Largura máxima116 km.
Punto máis alto122´9 m. Kobanke
Demografía
CapitalCopenhague (pob. 1.181.239)
Poboación2.267.659 hab. (2016)
Densidade354´3 hab./km²
    Este é un artigo sobre unha illa dinamarquesa. Para a provincia dos Países Baixos, consulte Zelandia

É a illa número 96 do mundo por superficie e a 35ª máis populosa. Está conectado con Fionia pola Ponte do Gran Belt, a Lolland, Falster (e Alemaña a partir de 2028) pola Ponte Storstrøm e as Pontes Farø. Selandia tamén está vinculada a Amager por cinco pontes. Selandoa está unida indirectamente, a través de illas intermedias por unha serie de pontes e túneles, ao sur de Suecia.

Copenhague, a capital de Dinamarca, atópase en parte na costa oriental de selandia e en parte na illa de Amager. Outras cidades en Selandia son Roskilde, Hillerød, Næstved e Helsingør. A illa non está unida historicamente á nación do Pacífico de Nova Zelandia, que se chama así pola provincia holandesa de Zelandia.

Orixes mitolóxicos

Selandia 
Gefion talla Selandia desde Suecia.

Na mitoloxía nórdica como se contou na historia de Gylfaginning, a illa foi creada pola deusa Gefjun despois de engar a Gylfi, o rei de Suecia. Sacou un pedazo de terra e transportouno a Dinamarca, que se converteu en Selandia. A superficie vacante encheuse de auga e converteuse en Mälaren. Con todo, como os mapas modernos mostran unha similitude entre Selandia e o lago sueco de Vänern, ás veces identifícase como o buraco deixado por Gefjun.

Xeografía

Selandia é a illa máis populosa de Dinamarca (Pob. 2012 estim. 2.491.090). Ten forma irregular, posúe un relevo chan, accidentado por outeiros morrénicos e costas recortadas, está ao norte das illas de Lolland, Falster, e Møn. A pequena illa de Amager atópase xusto ao leste.

A capital de Dinamarca, Copenhague, está parcialmente situada na costa leste de Selandia e parcialmente na illa de Amager (parte do Øresund). Unha serie de pontes e o Metro de Copenhague conectan Selandia con Amager, que está conectada a Scania en Suecia pola ponte de Øresund a través da illa artificial de Peberholm. Selandia únese no oeste a Fionia, pola ponte da Gran Belt, e Fionia conéctase mediante pontes á parte continental do país, Xutlandia. Outras cidades na illa son Roskilde e Elsinor.

O 5 de xuño de 2007, a filial rexional da emisora nacional DR, informou que Kobanke no sueste preto da cidade Rønnede no concello de Faxe, cunha altura de 122´9 m., era o punto natural máis alto de Selandia. Gyldenløveshøj, ao sur da cidade Roskilde, ten unha altura de 126 m., pero iso débese a un outeiro feito polo home desde o século XVII. O punto natural máis alto ten só 121´3 m..

Selandia dá o seu nome á era Selandiana do Paleoceno.

O nome orixínase nas grandes poboacións de focas (en danés sæl) nas costas da illa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Selandia Orixes mitolóxicosSelandia XeografíaSelandia NotasSelandia Véxase taménSelandiaBálticoDinamarcaEscaniaFioniaGroenlandiaKattegatLingua dinamarquesaSueciaWikipedia:Cómpre referenciaÖresund

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Andre DrummondKiribatiJohn F. KennedyLexión EspañolaCarlos XV de SueciaIstambulÁcido sapiénicoLanosterolTimothée ChalametCentral térmica das PontesEva Iglesias MiguénsBacillus thuringiensisGripeEmpalme do ARNCinema pornográficoÁcido pentacosílicoTlatoaniMcLarenFroita silvestreOcéanoLista de castelos de PortugalClanARN polimeraseCarneiro (molusco)MontederramoCanle (comunicación)AletaNorth American Racing TeamAWStatsA lei de Lidia PoëtPlovdivGuitarraEstados Unidos de BélxicaÁcido eicosapentaenoicoTelomeraseKingston, Ontario21 LutetiaPoriBuchnera aphidicolaIsabella BirdÁcido palmíticoManuel JaboisLobeiraCabassous unicinctusFrank SinatraDactiliaWikipediaDavid M. WalkerLingua serbiaEster ExpósitoHarry BelafonteExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveMediana (xeometría)Hibernia (personificación)Castrelo do ValSistema nervioso somáticoContratoTurcoARN mensaxeiroAlbert LuqueEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024ADN mitocondrialPulqueriaBen-Hur (filme de 1959)CarotenoArianna d'OttoneCommelinidaeTeatro de EpidauroGrammy á carreira artísticaCaviarCarles PuigdemontPreposicionalLinguas xermánicasFonoteca 92🡆 More