Sata Air Açores

SATA Air Açores é unha aeroliña portuguesa baseada en São Sebastião, Ponta Delgada.

Opera voos regulares de pasaxeiros, carga e correo nos Azores. Proporciona os seus propios servizos de mantemento e handling e xestiona catro aeroportos rexionais. A súa base principal atópase no aeroporto João Paulo II, en Ponta Delgada. Tamén ten unha filial para voos de medio e longo alcance, Azores Airlines, a antiga SATA International.

SATA Air Açores
Sata Air Açores
IATA
SP
OACI
SAT
Indicativo
SATA
Fundación21 de agosto de 1941
Inicio das operacións15 de xuño de 1947
Aeroporto principalaeroporto João Paulo II
SubsidiariasAzores Airlines
Frota6
Destinos13
Páxina web: https://www.azoresairlines.pt

Historia

Un grupo de cinco azorianos notables fundaron o día 21 de agosto de 1941 a Sociedade Açoriana de Estudos Aéreos, Lda, co obxectivo de estudar se era factible a creación dunha aeroliña que interconectase as illas do arquipélago dos Azores e o Portugal continental. Seis anos despois, o 17 de febreiro de 1947, o seu nome pasou a se Sociedade Açoriana de Transportes Aéreos, Lda (SATA), e o 15 de xuño dese ano a compañía comezou a operar cun avión Beechcraft UC-45B Expeditor con rexistro CS-TAA e bautizado como "Açor". O aparello podía transportar 7 pasaxeiros e 2 tripulantes e unía as illas de São Miguel, Santa María e Terceira.

A perda da aeronave nun accidente en 1948 obrigou á suspensión temporal das operacións de SATA. O 23 de maio de 1949 chegaron a São Miguel dous avións de Havilland Dove, con capacidade para 9 pasaxeiros. Anos máis tarde, en agosto de 1963, a frota aumentou coa compra á irlandesa Aer Lingus dun Douglas DC-3 (CS-TAD), con capacidade para 26 pasaxeiros. Este avión entrou en servizo o 1 de xullo de 1964.

En 1969 inaugurouse e abriuse ao tráfico civil o aeroporto de Nordela (no presente aeroporto João Paulo II), próximo á cidade de Ponta Delgada. No presente o aeroporto aínda é a base operacional de SATA. Dous anos despois TAP Portugal comezou a realizar voos regulares entre Lisboa e Ponta Delgada. O 24 de agosto de 1971 inaugurouse o aeroporto da Horta, e en 1972 o aeroporto das Flores. En 1972 a compañía decide mercar dous aparellos Hawker Siddeley HS 748 con capacidade para 48 pasaxeiros, que xa operaban nos Azores dende 1969. Entre 1981 e 1983 constrúense aeroportos nas restantes illas do arquipélago.

En 1976 a Força Aérea Portuguesa cede a SATA 2 avións Douglas DC-6 e proponse a rexionalización da empresa na Assembleia da República. Como resultado da folga dos pilotos de TAP Air Portugal, SATA viuse na obriga de realizar voos directos a Lisboa cos DC-6, chegando incluso a fretar un Boeing 707 para desconxestionar o tráfico acumulado nos Azores. A día 14 de abril de 1977 a aeroliña acadou o millón de pasaxeiros transportados.

A compañía fora constituída como empresa privada, pero o estatuto de SATA cambiou o 17 de outubro de 1980 para converterse nunha empresa pública baixo tutela do Governo Regional dos Açores, pasando a designarse Serviço Açoriano de Transportes Aéreos, Empresa Pública, aínda que mantendo as siglas SATA. Foi mercada ao Grupo Bensaude, quedando o 50% das accións en mans do Governo Regional dos Açores e o outro 50% en mans de TAP Air Portugal, EP. Nese mesmo ano a aeroliña uniuse á Asociación Europea de Aeroliñas Rexionais (ERA) e á IATA. En 1986, o entón presidente do Governo Regional dos Açores, Mota Amaral, suxeriu a adopción do nome "SATA Air Açores", nome que se adoptaría en 1987. Ese mesmo ano SATA recibiría tamén a medalla de prata do Mérito Turístico.

En 1985 a aeroliña iniciou os voos chárters cara América do Norte. Azores Express, empresa do Grupo SATA, realizou os voos chárter entre Os Azores e os Estados Unidos, e SATA Express, tamén do Grupo SATA, voou entre o arquipélago e o Canadá. En 1988 SATA mudou as súas cores e comezou a editar a revista de a bordo bilíngüe Paralelo 38, actualmente Espírito Açoriano/Azorean Spirit.

Entre 1989 e 1990 os HS 748 foron substituídos gradualmente por British Aerospace ATP. O primeiro ATP, de nome "Santa Maria", entrou en servizo e 1989, o segundo, bautizado "Flores", en 1990, e o terceiro, "Graciosa", en 1991. O derradeiro voo do HS 748 con SATA foi o 21 de decembro de 1990. En 1991 un Dornier Do 228 comezou a voar cara a illa do Corvo, substituíndo ao CASA C-212 Aviocar da Força Aérea Portuguesa.

En 1994, na celebración do 50 aniversário da Organización de Aviación Civil Internacional (ICAO), esta decidiu outorgar unha medalla de honra a unha entidade ou individualidade que, en cada estado membro, tivese contrubuído de xeito relevante no desenvolvemento da aviación civil. En Portugal esa medalla foi concedida a SATA Air Açores.

No ano 1998 SATA obtivo o certificado de operador aéreo que lle permitía voar fóra do arquipélago dos Azores. No ano seguinte a aeroliña fíxose coas rutas entre Ponta Delgada e as cidades de Lisboa, Porto e Funchal, operándoas primeiro cun Boeing 737 e incorporando posteriormente un Airbus A310. No ano 2000 SATA comezou a voar con regularidade aos Estados Unidos e ao Canadá.

Frota

En xullo de 2020 a frota de SATA Air Açores estaba formada polos seguintes avións:

Frota de SATA Air Açores
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notes
Bombardier Dash 8-Q200 2 37
Bombardier Dash 8-Q400 4 80
Total 6

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Sata Air Açores HistoriaSata Air Açores FrotaSata Air Açores NotasSata Air Açores Véxase taménSata Air AçoresAeroliñaAeroporto João Paulo IIAzoresAzores AirlinesPonta Delgada

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gabriel García MárquezSan PetersburgoGolfiño comúnPobo palestinoVigoCanle (comunicación)Jéssica BouzasHenrique VIII de InglaterraShinovaLeitzaMilánVicente RiscoContactorPorno suaveFingeringYolanda CastañoDiego AnidoVilagarcía de ArousaRaposo comúnClara CampoamorJosé Manuel Rodríguez PuenteLista de voces dos animaisJuan CorralDelfínPili PampínFerroAtlánticaLareiraFesta dos maiosLista de paísesBibTeXRamiro CarregalCaquetáCristina LosadaGame Boy Advance SPHelsingin JalkapalloklubiDe NinghuresRoberto Vidal BolañoMerloDiáspora galegaManuel Otero MartínezSanta CompañaÁlvaro CunqueiroBenito MussoliniFran AlonsoSusana FortesRomariz, Riós, RiósDomingo García-SabellRacing Club de FerrolWikiO divino saineteVerbos galegos ser, estar e irMoción de confianzaPaparazziLeonardo da VinciPerífrases verbais galegasSílvia OrriolsPontellaComarcas de GaliciaDepartamento de ApurímacSéculos EscurosOrdesOman AirPatricia VázquezReino UnidoVichelocregoGuerra civil españolaInglaterraConvento do Carme de PadrónLugo🡆 More