RedOne, é o nome artístico de Nadir Khayat, nado o 9 de abril de 1972 en Tetuán (Marrocos), é un compositor e produtor musical sueco que reside nos Ánxeles.
RedOne ao longo da súa carreira traballou con múltiples grupos e intérpretes como New Kids on the Block, Michael Jackson, Usher, Brandy, Lionel Richie, Leona Lewis, Jennifer Lopez, Nicki Minaj e Lady Gaga. Para compoñer a súa música, utiliza principalmente o programa Logic Pro e unha guitarra acústica. En 2016, Redone sae "Don't You Need somebody" Feat Shaggy. A finais de outubro de 2017, lanzou o single Boom Boom con Daddy Yankee, Montana francesa e Dinah Jane. O clip superou os 25 millóns de visualizacións en 24 horas.
Traxectoria
RedOne emigrou a Suecia en 1991 e alí comezou como produtor de música pop, inspirándose en grupos como ABBA, Europe e Roxette. Deuse a coñecer en 2005, co tema Step Up de Darin que chegou a número un das listas de éxitos de Suecia, e mais cos temas "I Wish" e "Little Mama" do cantante canadense Carl Henry que foron éxitos no seu país. En 2006, RedOne compuxo a canción "Bambú" para a Copa do Mundo de Fútbol de 2006. En 2008 escribiu e produciu os temas de Lady Gaga "Just Dance" e "Poker Face", que se converteron en éxitos en todo o mundo e que gañaron importantes premios musicais. En 2009 produciu máis cancións para Lady Gaga, salientando "Bad Romance" que liderou listas en todo o mundo. No 2010 fundou 2101 Records.
Temas
2001 - A*Teens - "...To the Music"
2004 - Daniel Lindström "My Love Won't Let You Down"
2005 - Darin - "Step Up"
2005 - Darin - "B What U Wanna B"
2007 - Kat DeLuna - "Whine Up" (featuring Elephant Man)
2013 - Jennifer Lopez - "Live It Up" (Feat. Pitbull)
2013 - Katia - "Boom Sem Parar" (Feat. Wildboyz)
2013 - Katy Tiz - "Red Cup"
2013 - Kika - "Guess It's Alright"
2013 - Lady Gaga - "Gypsy"
Notas
This article uses material from the Wikipedia Galego article RedOne, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses. ®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.