Rafael De Vélez: Relixioso andaluz

Manuel Anguita Téllez, coñecido como Rafael de Vélez, nado en Vélez-Málaga o 15 de outubro de 1777 e finado no mosteiro de Herbón o 3 de agosto de 1850, foi un frade e prelado español, que se distinguiu como un dos máis conspicuos representantes do ideario do absolutismo español do século XIX.

Infotaula de personaRafael de Vélez
Rafael De Vélez: Relixioso andaluz
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel José Anguita Téllez Editar o valor em Wikidata
15 de outubro de 1777 Editar o valor em Wikidata
Vélez-Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de agosto de 1850 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Herbón, España Editar o valor em Wikidata
Rafael De Vélez: Relixioso andaluz Arcebispo de Santiago de Compostela
29 de outubro de 1824 –
← Simón Antonio de Rentería y Reyes (pt) TraducirMiguel García Cuesta →
Rafael De Vélez: Relixioso andaluz Roman Catholic Archbishop of Burgos (en) Traducir
30 de maio de 1824 –
← Manuel Cid Monroy (en) TraducirAlonso Cañedo y Vigil →
Bispo de Ceuta (pt) Traducir
14 de abril de 1817 –
← Andrés Esteban Gómez (en) TraducirFrancisco Javier García Casarrubios y Melgar (en) Traducir →
Diocese: Diocese de Ceuta (pt) Traducir
Arcebispo católico
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1800–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Frades Menores Capuchinos Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónLuís Maria de Bourbon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Rafael De Vélez: Relixioso andaluz Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

A súa oposición ao liberalismo manifestouse polos anos da Guerra da Independencia, publicando en 1812 o famosísimo "Preservativo contra la irreligión", no que expuña, en boa medida, os principios do que se ten chamado a "teoloxía da guerra", seguida ao longo da contenda peninsular contra o dominio napoleónico, na que se expuña que os designios revolucionarios franceses buscaban descristianizar os pobos subxugados a eles.

Anos logo da volta do rei Fernando VII, sendo xa bispo de Ceuta desde 1817, Vélez publica a "Apología del Altar y del Trono", en 1818, obra na que expón o ideario dunha monarquía española confesional, tan querido polo absolutismo e a súa secuela, o tradicionalismo, idea que remontaba as súas raíces, polo menos, até o século XV final. Nomeado arcebispo de Santiago de Compostela en 1825. Durante o período subseguinte, Vélez reorganiza o realismo galego en conivencia co Capitán xeneral de Galiza, Nazario Eguía.

A morte do rei Fernando VII, supón a reorganización da Rexencia, para evitar agora a conspiración carlista, nomeándose novo Capitán xeneral de Galiza a Pablo Morillo, conde de Cartagena. Morillo toma medidas adecuadas para evitar un futuro levantamento xeral. Porén, Vélez convertera o cabido santiagués nun dos núcleos finanzadores e amparadores do carlismo galego e español, que fican demostradas en declaracións perante a xustiza. Vélez é nomeado, polo mesmo pretendente don Carlos, presidente da Xunta Carlista Superior Gobernativa de Galiza o 26 de marzo de 1835, mais estaría pouco tempo á cabeza da mesma, pois o 21 de abril do mesmo ano, foi desterrado, xunto co seu secretario Castañeda, para Maó, na illa de Menorca, onde pasaría varias anos (1835 - 1844).

Vélez creou en Santiago o Seminario Conciliar Diocesano (1829), que localizou no colexio de San Clemente. Faleceu no convento de Santo Antonio de Herbón, preto de Santiago, en 1850.

Xoán Manuel Pintos dedicoulle os versos: "Á entrada do Señor Arsibispo cando viña do seu desterro de Mahón" (1844).


Predecesor:
Simón Antonio de Rentería
 Arcebispo de Santiago de Compostela 
1825 - 1850
Sucesor:
Miguel García Cuesta

Notas

Tags:

15 de outubro177718503 de agostoAbsolutismoEspañaVélez-Málaga

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Grupo de teatro O FachoCaixa Rural GalegaÁreas lingüísticas do galegoJordi HurtadoCándido Conde-Pumpido VarelaMemorias dun neno labregoIdade MediaMaría ReimóndezRamón María del Valle-InclánVilanova de ArousaAna Belén FortesManuel González LópezAresOvidio RodeiroGarcía II de GaliciaBugalloXulloLuar (programa)República Popular da ChinaLino LópezDies iraeGacelaA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoMarta DahlgrenJennifer LopezSermos GalizaAAna BotellaÁnxel CasalAlfabeto galegoRosalía de CastroGrupo EroskiPartido Comunista de EspañaGalipediaLa RegiónFernando Grande-MarlaskaArxentinaMontse DopicoManuel AntonioRocco SiffrediRiro KāingaCarlos García BayónLeitzaldeaLista de presidentes da República PortuguesaDecembroAngelina JolieOurenseRomaníaJosé Luis Rodríguez ZapateroHarvey WeinsteinGran Guerra IrmandiñaGoizuetaLolita FloresHard GZTaylor SwiftO CarballiñoAspiradoraArboAndrés PajaresAriadna GilMiguel Ángel Zabalza BerazaFelipe GonzálezAterínidosLiga Feminina de baloncesto 2023-24Xabier DíazCousasJuan Carlos Rodríguez CebriánHermisendeToni KroosNervoKarmaPornografíaBraga🡆 More