Río Anllo: Río da provincia de Lugo, afluente do Miño

O río Anllo é un pequeno curso fluvial galego da provincia de Lugo, afluente do Miño, no seu curso alto e pola súa marxe dereita.

Río Anllo
Río Anllo: Étimo, Descrición, Notas
O río Anllo ao seu paso por Fanoi, Abadín.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoOs Currás (Abadín)
Cordal de Neda
Altitude538 m
Lonxitude42 km
DesembocaduraRío Miño
Altitude desembocadura393 m
Cadea fluvialRío Anllo,
Río Miño
Río Anllo: Étimo, Descrición, Notas
Conca do río Miño no territorio galego

Étimo

O nome pode corresponder a un étimo latino *rivu angulu, "río en ángulo", posibelmente respondendo ao seu curso sinuoso, como está ben demostrado para Riaño, na provincia de León.

Descrición

Río Anllo: Étimo, Descrición, Notas 
Sinal do río Anllo.

O Anllo nace ó pé do Cordal de Neda, na xunta dos regos da Ponte Vella e de Lousas, na ponte dos Currás, no concello lugués de Abadín, co nome de rego da Xesta. Nos seus primeiros quilómetros de percorrido recolle as augas de numerosos regos que baixan dende o Xistral e o Cordal de Neda, e recibe os nomes de rego de Gontán, e río Abadín. Logo de atravesar a parroquia das Goás recibe definitivamente o nome de Anllo. Penetra no concello de Cospeito e divídese en dous brazos: o dereito coñécese como río Guisande e desemboca no Támoga tras bañar a lagoa de Cospeito, mentres que o Anllo continúa polo brazo esquerdo. Máis adiante volve dividirse en dous, formando unha grande insua na parroquía de Roás. Despois de atravesar as parroquias de Momán e Xermar desauga no Miño no muíño do Toural, entre os lugares de Amorín (parroquia de Triabá, Castro de Rei) e Vilaguisada (parroquia de Xermar, Cospeito). O seu percorrido total é de 42 km.

O Anllo é un río de réxime pluvial, consonte unha pluviosidade de tipo oceánico. A media de precipitacións da súa conca de 1.166 mm anuais. [Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Río Anllo ÉtimoRío Anllo DescriciónRío Anllo NotasRío Anllo Véxase taménRío AnlloGalizaProvincia de LugoRío Miño

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luz FandiñoManchesterDiego AnidoManuel Miñones BarrosRafaela Hervada CarnereroRelación sexual humanaAlberto Luis DíazCharles BronsonMoeda da Antiga RomaNacho CastañoParroquias de GaliciaFrancisco Fernández del RiegoSantoalla do Monte, PetínEvencio FerreroAlcaldes da CoruñaChaira abisalRicardo Varela SánchezRMS TitanicLista de monarcas de GaliciaLola HerreraMaría KodamaNairaPexegueiro (árbore)Irmandades da FalaEspazo ComúnMúsica tradicional galegaLingua galegaJosé Antonio Rueda CrespoEstrutura terciaria dos ácidos nucleicosAnselmo López CarreiraXacioEscudo de VenezuelaSocioloxíaAngkor WatManuel CabezasDavid T. AlexanderGalego-portuguésGalipediaImpresión dixitalPioverdinaLobishomeXosé Ramón Gayoso794Manchester City F.C.77OuroCamilo Díaz BaliñoCopa do Rei de fútbolMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaVerónica Martínez DelgadoFirefly LaneurlMicrosoftLavandeira brancaIsmael RamosReino de CastelaMario de LangulloAnagnórise (novela)Lucía VeigaVigoAníbal MalvarLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingFlandresAntonio Benito Fandiño5Academia Chinesa de CienciasEstrutura primaria das proteínasLeymaLaura FalcóEspaña🡆 More