Pobo Muisca

Os muiscas son un pobo chibcha que formou a confederación muisca das terras dos Andes centrais na Cordilleira Oriental da actual Colombia, máis concretamente no Altiplano cundiboyacense.

No presente, a poboación muisca case desapareceu, mais aínda pervive nalgúns concellos e distritos como Cota, Chía, Tenjo, Suba, Engativá, Tocancipá, Gachancipá e Ubaté. Segundo o censo de 2005 feito polo Ministerio de Interior, 11 265 muiscas viven en Colombia.

Pobo muisca
Pobo Muisca
A Balsa muisca (entre o 1200–1500) é unha figura de ouro que representa a cerimonia sagrada de El Dorado, que tiña lugar na Lagoa de Guatavita. Esta peza atópase no Museo do Ouro de Bogotá, e é considerada un símbolo de Colombia e da identidade cultural muisca.
Poboación
Poboación total:
11 265 (censo de 2018)
Rexións principais:
Pobo Muisca Colombia11 265 (sen incluír os descendentes mestizos
9 800 000 (2005) incluíndo os descendentes mestizos 
Aspectos culturais
LinguaLingua muisca
RelixiónRelixión muisca. Catolicismo, maioritariamente, após a conquista española das nacións chibchas.
Grupos
relacionados
Familia chibcha: arhuacos, kogui, tunebos, wiwa, chimila, yukpa, barí, taironas.
Pobo Muisca
Localización do territorio da Confederación muisca na actual Colombia.

Como unha das catro civilizacións avanzadas de América (alén dos aztecas, os maias e os incas), entraron en contacto co Imperio español en 1537, no intre da conquista. Os subgrupos nos que se dividían os muiscas foron identificados en función das alianzas arredor de tres grandes gobernantes: o zaque, con capital en Hunza, que gobernaba un territorio que abranguía as zonas sur e nordeste da actual Boyacá e o sur de Santander; o zipa, con capital en Bacatá, que gobernaba sobre Cundinamarca, o oeste dos Llanos e o nordeste de Tolima; e o Iraca, gobernador de Suamox, o nordeste de Boyacá e o suroeste de Santander. O territorio dos muiscas abranguía unha área de 47 000 km² - unha rexión un chisco meirande que Suíza - dende o norte de Boyacá até o Páramo de Sumapaz, e dende a Cordilleira Oriental até o Val de Magdalena. Tiñan fronteira cos territorios dos panches e os pijaos.

No tempo da conquista, a área tiña unha importante poboación, e malia que o número preciso de habitantes é descoñecido, estímase que roldaba entre o medio millón e os tres millóns de habitantes. Os muiscas falaban o muysccubun, un dialecto do chibcha, tamén chamado muysca e mosca. A súa economía estaba baseada na agricultura, na minaría do sal, a metalurxia e manufactura.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Tags:

Pobo Muisca NotasPobo Muisca Véxase taménPobo MuiscaAltiplano cundiboyacenseAndesChía, CundinamarcaColombiaConfederación muiscaCota, CundinamarcaEngativáGachancipáLinguas chibchasSubaTenjoTocancipáUbaté

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LSDChantadaIbai LlanosFonemaIria SobradoKarim BenzemaMecánica clásicaGadisaRosendo SalvadoAlcóntarAustraliaBieito XVI, papaRamiro CarregalBarbitúricosPocholo Martínez-BordiúÁngel Pardo PuzoSantuario do Bom Jesus do MonteEstrasburgoMelideEstadio Municipal de RiazorAWStatsRobert OppenheimerArboPrimeira guerra mundialAs NevesCasa BaillyPosición do misioneiroAntolín FaraldoPremios Mestre MateoO hobbitPolíticaArzúaÁngel RodalPaz Lamela VilariñoRepública Social ItalianaUbertino da CasaleCarlos III do Reino UnidoFerrolSegunda guerra mundialLuandaForrest GumpCatedral de Santiago de CompostelaMalariaPotaEscáncerMichelangelo AntonioniLeonardo DiCaprioHuelvaSemana Santa de ViveiroTesalónicaRosalía (cantante)SalzburgoNoelia ReyParacaídasProxyA morte na literatura popular galegaRosalía de CastroBandeira de IrlandaHarry Potter e o misterio do príncipeHarry PotterDeputación da CoruñaElvira Fernández BalboaDitadura do proletariadoSanta CompañaAgoladaVómito (grupo musical)Sevilla Fútbol ClubHomeroMosteiro de Santa María de OseiraRoscón de CaldasLalínDinastía MingLista de Wikipedias🡆 More