Plásticos Estándar

Os plásticos ou polímeros estándar, plásticos de mercadorías ou polímeros de produtos básicos (en inglés commodity plastics ou commodity polymers) son plásticos producidos en grandes cantidades para aplicacións nas que non se necesitan propiedades excepcionais dos materiais (como empaquetado, envases de alimentos ou xerais, produtos domésticos, etc.).

En contraste cos plásticos de enxeñería (para aplicacións técnicas) e cos plásticos de alto rendemento (para aplicacións especiais), os plásticos básicos tenden a ser termoplásticos baratos de producir e presentan propiedades mecánicas relativamente débiles.

Plásticos Estándar
Demanda de resinas plásticas en Europa durante 2017 como porcentaxe da demanda total de plásticos.

Exemplos

A nivel mundial, os termoplásticos máis utilizados son o polipropileno e o polietileno.

Os plásticos estándar abranguen os cinco polímeros máis utilizados, que en conxunto constitúen o 66% do plástico utilizado en todo o mundo: polietileno (PE-LD/PE-LLD e PE-HD), polipropileno (PP), cloruro de polivinilo (PVC), o poli(metacrilato de metilo) e polistireno (PS).

Usos

Os produtos fabricados con plásticos inclúen todo tipo de empaquetado, bolsas, vasos e pratos desbotables, cintas fotográficas e magnéticas, roupa, bandexas sanitarias, etc..

Problemática

Varias investigacións suxiren que a cinética da degradación térmica dos plásticos básicos é importante para darse conta das complicacións que poden traer debido á temperatura pola que pasan no proceso de produción ou fabricación. O plástico inclúe un alto peso molecular e queimalos é demasiado arriscado xa que interacciona co transporte de masa e enerxía, o que trae complicacións se non se investiga adecuadamente.Os plásticos estándar son tamén a maior fonte de microplásticos. O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) estima que entre un 70 e un 90% dos residuos acuáticos que se atopan nas praias son plásticos, e que cada ano circulan unhas 800.000 toneladas de bolsas deste material só na Unión Europea. A ONU estima que cada ano se envorcan aos mares e océanos 8 millóns de toneladas de plástico e que, de seguir así, no ano 2050 haberá máis plásticos que peixes nos océanos.

Reciclaxe

A pesar das complicacións dos plásticos, algúns fabricantes tratan de reciclar para un novo crecemento xa que algúns países da Unión Europea, Xapón, Estados Unidos limitaron o uso de produtos feitos con plásticos e tamén noutros lugares de América, África ou Oceanía desenvolveron normativa nese senso. Implementar tácticas e estratexias de mercadotecnia para reciclar plásticos pode ser un incentivo e un bo investimento, xa que a xente tende a comprar máis os materiais reciclados. Varias empresas grandes como Procter & Gamble e Clorox utilizan produtos reciclados para fabricar produtos domésticos. No Estado español, segundo ADEGA, só o 25% dos envases de plástico se recicla, o 50% quéimase e outro 25% reexpórtase á China. En varias ocasións denunciouse que a reciclaxe de plásticos é moito menor do que afirman gobernos, organismos xestores e empresas.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Plásticos Estándar ExemplosPlásticos Estándar UsosPlásticos Estándar ProblemáticaPlásticos Estándar NotasPlásticos Estándar Véxase taménPlásticos EstándarEnxeñería

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Dover (banda)FriolCobra rateiraZakat al-FitrMiguel de CervantesLista de xentilicios de concellos galegosAnselmo López CarreiraXerez Club DeportivoLista de nomes femininos en galegoManuel JaboisAssociació Esportiva ManacorClub Deportivo ArenteiroÁnxel CasalXaxún no islamÉvoraImperio RusoPonteareasSestaoAlbaceteSete Sabios de GreciaTino SaquésEscola da TebraHiato (gramática)Robinson R66Prepucio do clítorisThe ArtistAníbal MalvarDavid PearseJason StathamGloria EstefanBritish AerospaceCorea do SurOne Tree Hill (serie de televisión)Labios (xenitais)Miguel InduráinÁ lus do candilLibreOfficeDe catro a catroTamborDía do PaiArturo Pérez-ReverteBarcelonaIsmael RamosAustraliaHércules (mitoloxía)Xosé Manuel VarelaClub Bosco de BaloncestoEduardo PondalManuel Curros EnríquezRosalía de CastroMamen MendizábalOs posesivos galegosOs xogos da fame (filme)CarqueixaMaría JamardoKetuanan MelayuOs demostrativos galegosRacing Club de FerrolGalipediaMadonnaBarbuñalesGalería de imaxes de flores de GaliciaPico SacroFauna de GaliciaCouselo (planta)Francisco AsoreySarriaAlfonso Basterra CamporroCastelanismoUnidade de procesamento gráficoMaldivasListenbourg🡆 More