Os forónidos (Phoronida, do grego Φορωνίς -ιδος , Phorōnís -idos descendente de Foroneo personaxe que, segundo a mitoloxía, foi o primeiro home, fillo de Ínaco, unha divindade fluvial, e da ninfa Melia) constitúen un filo de animais celomados, protóstomos, sendentarios, bilaterais, con forma de verme e que posúen un lofóforo situado no extremo anterior do corpo.
Forónidos (Phoronida) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Xéneros | |||||||||
|
O seu aparato dixestivo ten forma de U e o ano ábrese preto da boca.
Os forónidos son mariños e benónicos; viven dentro de tubos quitinosos cementados en substratos duros ou escavados en sedimentos brandos, a miúdo en grupos. Colonizan desde a zona intermareal até uns 400 m de profundidade.
O filo está composto tan só por 2 xéneros e ao redor de 20 especies vivas, coñecéndose representantes fósiles desde o Devoniano, sendo moi abundantes en épocas pasadas. O número e identificación das especies son incertos.
As principais características do grupo pódense resumir nos seguintes puntos:
A pesar de que a boca se orixina a partir do blastóporo (como nos protóstomos), autores tan prestixiosos como Brusca & Brusca considéranos deuteróstomos, xa que presentan segmentación radial e enterocelia. Estes mesmos autores supoñen que os forónidos son os lofoforados que menos cambios acumularon a partir do lofoforado ancestral, que viviu probabelmente no precámbrico; así, o primeiro lofoforado foi semellante a un forónido, e estaría na base dos deuteróstomos.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Forónidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Forónidos |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Forónidos, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.