Philip Toll Hill Jr., nado o 20 de abril de 1927 en Miami e finado o 28 de agosto de 2008, foi o primeiro estadounidense de nacemento que gañou un campionato de Fórmula 1, (Mario Andretti, piloto estadounidense, gañou o Campionato Mundial de Pilotos en 1978, pero non naceu nos Estados Unidos).
Tamén logrou tres vitorias nas 24 Horas de Le Mans e nas 12 Horas de Sebring.
Nome orixinal | (en) Philip Toll Hill Jr. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de abril de 1927 Miami, Estados Unidos de América |
Morte | 28 de agosto de 2008 (81 anos) Salinas, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Morte natural (Párkinson ) |
Lugar de sepultura | Woodlawn Memorial Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade do Sur de California USC Marshall School of Business (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo |
Lingua | Lingua inglesa |
Nacionalidade deportiva | República Dominicana |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Premios | |
Lista |
Hill foi descrito como un "home reflexivo e xentil" e unha vez dixo: "Estou no negocio equivocado, non quero vencer a ninguén, non quero ser un grande heroe. Basicamente son un home amante da paz".
Nado en Miami, Hill medrou en Santa Monica (California), onde viviu ata a súa morte. Estudou Administración de Empresas na Universidade do Sur de California de 1945 a 1947, onde foi membro da fraternidade Kappa Sigma. Phil Hill empezou no automobilismo a unha idade moi temperá, traballando como mecánico nos coches doutros pilotos. Hill comezou a competir en coches a unha idade temperá, marchou a Gran Bretaña como aprendiz de Jaguar en 1949 e fichou polo equipo Ferrari de Enzo Ferrari en 1956. Debutou no Gran Premio de Francia de 1958 en Reims pilotando un Maserati. Ese mesmo ano, gañou as 24 Horas de Le Mans co belga Olivier Gendebien como compañeiro de equipo, conducindo durante a maior parte da noite baixo unha choiva horrorosa. Hill converteuse no primeiro gañador nado nos Estados Unidos das 24 Horas de Le Mans. Ambos conseguirían a vitoria na famosa carreira de resistencia outras dúas veces en 1961 e 1962.
Hill comezou a conducir a tempo completo para o equipo Ferrari de Fórmula Un en 1959, acadando tres podios e un cuarto lugar no Campionato de Pilotos. En 1960 gañou o Gran Premio de Italia en Monza, a primeira vitoria nun Gran Premio para un piloto estadounidense en case corenta anos, desde que Jimmy Murphy gañara o Gran Premio de Francia de 1921. Tamén resultou ser a última vitoria para un coche de motor dianteiro na Fórmula 1. Na tempada seguinte 1961 Hill gañou o Gran Premio belga e a falta de dúas carreiras soamente o seu compañeiro de equipo en Ferrari Wolfgang von Trips o superaba na clasificación da tempada. Wolfgang von Trips morreu nun accidente durante o Gran Premio de Italia de 1961 no que tamén morreron quince espectadores. Hill gañou a carreira e gañou o campionato, pero o triunfo foi agridulce. A decisión de Ferrari de non viaxar aos Estados Unidos durante a rolda final da tempada 1961 nos Estados Unidos privou a Hill da oportunidade de participar na súa carreira en casa en Watkins Glen como o recentemente coroado Campión do Mundo. Cando volveu na seguinte tempada de Fórmula 1 en 1962, a súa última con Ferrari, Hill dixo: "Xa non teño tanta necesidade de correr, de gañar, xa non teño tanto fame. Xa non estou disposto a arriscarme a morrer."
Logo de deixar a Ferrari a finais de 1962, el e o seu compañeiro Giancarlo Baghetti correron para o novo equipo ATS creado por antigos enxeñeiros de Ferrari. En 1964 Hill seguiu na Fórmula Un, pilotando para Cooper Formula One Team antes de retirarse dos monoprazas ao final da tempada, e limitar o seu futuro a pilotar en Carreiras de automóbiles deportivos con Ford Motor Company e os coches Chaparral de Jim Hall, retirouse das carreiras por completo en 1967.
Phil Hill tivo a marca de gañar as primeira e a última carreira na súa vida como corredor, a última vitoria foi correndo para Chaparral no "BOAC 500" en 1967, no circuíto Brands Hatch de Inglaterra.
En 1991 foi integrado no Salón da Fama International do Deporte Motor.
Faleceu por complicacións do párkinson que padecía, o 28 de agosto de 2008.
O seu fillo Derek correu na Fórmula 3000 en 2003.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Scuderia Ferrari | Ferrari 246 | Ferrari V6 | GLV | AIN | INT 3 | OUL | SIL | ||||||||||||||||
1960 | Scuderia Ferrari | Ferrari 246 | Ferrari V6 | GLV | INT 5 | SIL 4 | LOM | OUL | ||||||||||||||||
1961 | Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | LOM | GLV | PAU | BRX | VIE | AIN | SYR | NAP | LON | SIL | SOL DNA | KAN | DAN | MOD | FLG | OUL | LEW | VAL | RAN | NAT | RSA |
1962 | Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | CAP | BRX | LOM | LAV | GLV | PAU | AIN 3 | INT | NAP | MAL DNA | CLP | RMS | SOL | KAN | MED | DAN | OUL | MEX | RAN | NAT | |
1963 | Automobili Turismo e Sport | ATS 100 | ATS V8 | LOM | GLV | PAU | IMO NCG | INT NCG | ROM | |||||||||||||||
Ecurie Filipinetti | Lotus 24 | BRM V8 | SYR NCG | AIN | SOL Ret | KAN | MED | AUT | OUL | RAN | ||||||||||||||
1964 | Scuderia Centro Sud | BRM P578 | BRM V8 | DMT 4 | ||||||||||||||||||||
Cooper Car Company | Cooper T66 | Climax V8 | NWT DNA | SYR | AIN Ret | INT 4 | SOL | MED | RAN |
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Rees T. Makins | Fred Wacker Jr. | O.S.C.A. MT-4 | S1.5 | 80 | Ret Transmisión | |
1955 | Scuderia Ferrari | Umberto Maglioli | Ferrari 121LM | S5.0 | 76 | Ret embrague | |
1956 | Scuderia Ferrari | André Simon | Ferrari 625LM | S3.0 | 107 | Ret Transmisión | |
1957 | Scuderia Ferrari | Peter Collins | Ferrari 335 S | S5.0 | 2 | Ret Pistón | |
1958 | Scuderia Ferrari | Olivier Gendebien | Ferrari 250 TR 58 | S3.0 | 305 | 1º | 1º |
1959 | Scuderia Ferrari | Olivier Gendebien | Ferrari 250 TR 59 | S3.0 | 263 | Ret Temperatura | |
1960 | Scuderia Ferrari | Wolfgang von Trips | Ferrari 250 TR 59/60 | S3.0 | 22 | Ret Sen combustible | |
1961 | Scuderia Ferrari | Olivier Gendebien | Ferrari 250 TRI/61 | S3.0 | 333 | 1º | 1º |
1962 | SpA Ferrari SEFAC | Olivier Gendebien | Ferrari 330 TRI/LM Spyder | E+3.0 | 331 | 1º | 1º |
1963 | David Brown/Aston Martin Lagonda | Lucien Bianchi | Aston Martin DP215 | P+3.0 | 29 | Ret | |
1964 | Ford Motor Company | Bruce McLaren | Ford GT40 Mk.I | P5.0 | 192 | Ret | |
1965 | Shelby-American Inc. | Chris Amon | Ford GT40 Mk.II | P5.0 | 89 | Ret | |
1966 | Chaparral Cars Inc. | Joakim Bonnier | Chaparral 2D | P+5.0 | 111 | Ret | |
1967 | Chaparral Cars Inc. | Mike Spence | Chaparral 2F | P+5.0 | 225 | Ret |
Ano | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Ranq | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1965 | Cooper T70 | PUK NTS | LEV 4 | WIG Ret | TER 3 | WAR Ret | SAN 3 | LON 3 | 4º | 15 |
A Galicitas posúe citas sobre: Phil Hill |
Predecesor: Jack Brabham | Campión da Fórmula 1 1961 | Sucesor: Graham Hill |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Phil Hill, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.