Peto Tridáctilo

O peto tridáctilo (Picoides tridactylus) é unha especie de ave piciforme da familia Picidae.

Picoides tridactylus
Peto Tridáctilo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Piciformes
Familia: Picidae
Xénero: Picoides
Especie: P. tridactylus
Nome binomial
Picoides tridactylus
(Linnaeus, 1758)
Peto Tridáctilo

Peto Tridáctilo
Ovo de Picoides tridactylus
Peto Tridáctilo
P. tridactylus, exemplar xove.

Descrición

Os adultos miden de 21,5 a 24 cm de lonxitude. É de cor negra na cabeza, as ás e a cola, e branco desde a garganta ata o ventre. Os flancos e a parte posterior son de cor branca con franxas negras, e a cola de cor negra coas plumas externas brancas barradas con negro. Os machos adultos teñen un píleo amarelo.

En Eurasia é o único peto cun píleo de cor amarela, o único con tres dedos nas patas, e un dos dous únicos petos de plumaxe branca e negra que carecen de plumas vermellas.

Distribución e hábitat

O hábitat de reprodución esténdese a través dos bosques de coníferas do norte de Eurasia desde Noruega a Corea. Tamén hai poboacións nos Alpes e Cárpatos.

É normalmente residente permanente, pero as aves do norte adoitan migrar cara ao sur e as aves en altas elevacións poden pasar a niveis máis baixos no inverno.

Alimentación

Aliméntan se en árbores de coníferas, onde buscan larvas de escaravellos que furan a madeira ou doutros insectos. Tamén poden comer a froita e o zume da árbore. Estas aves móvense a zonas cun gran número de árbores infestados de insectos, a miúdo despois dun incendio forestal ou inundación.

Taxonomía

Antes considerábase que a especie comprendía tamén formas que vivían en América do Norte, pero posteriores investigacións aconsellaron separalos en especies distintas, o peto tridáctilo euroasiático quedou co nome P. tridactylus, mentres que o americano denominouse P. dorsalis..

Recoñécense as seguintes subespecies do peto tridáctilo euroasiático:

  • P. t. albidior Stejneger, 1885
  • P. t. alpinus C. L. Brehm, 1831
  • P. t. crissoleucus (Reichenbach, 1854)
  • P. t. funebris J. Verreaux, 1870
  • P. t. inouyei Yamashina, 1943
  • P. t. kurodai Yamashina, 1930
  • P. t. tianschanicus Buturlin, 1907
  • P. t. tridactylus (Linnaeus, 1758)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gorman, Gerard (2004): Woodpeckers of Europe: A Study of the European Picidae. Bruce Coleman, UK. ISBN 1-872842-05-4.

Ligazóns externas

Tags:

Peto Tridáctilo DescriciónPeto Tridáctilo Distribución e hábitatPeto Tridáctilo AlimentaciónPeto Tridáctilo TaxonomíaPeto Tridáctilo NotasPeto Tridáctilo Véxase taménPeto TridáctiloEspeciePicidaePiciformes

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CarlomagnoLingua portuguesaAntónio de SpínolaMariano RajoyXogo da chaveLipoproteína de BraunGonzalo LouzaoEspañaGerardo Pardo de VeraLista de siglas e acrónimosAC-101Grupo SargadelosJohn Forbes NashLeninA EstradaMiguel de CervantesXosé Manuel BeirasJackson PollockGalego-portuguésPere Pau Ripollès AlegreLucie IdloutRibadeoLuís CíliaIsabel Díaz AyusoPili PampínMauro ScaloniRosario Porto OrtegaFoca monxeIrene JunqueraMilánTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Lola FloresManuel FragaContactorGabriel RufiánVigoAdolfo SuárezLista de emperadores romanosGalería de imaxes de arañas de GaliciaFermin MuguruzaLavandaVento feridoWikipediaPedro SánchezCayetana Álvarez de ToledoAeroporto de VigoEscáncerAC-141Alfonso Basterra CamporroIndonesiaToniña comúnTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaJorge LorenzoO Pedrouzo, Arca, O PinoSete Sabios de Grecia25 de abrilRéptilesPovoaçãoCarlos NegroBrasiliaMemorias dun neno labregoLorenzo VarelaBárbara ReyManuel MurguíaMichael JacksonLuisa CarnésSlumdog MillionaireBronceOs demostrativos galegosAmy WinehouseLisboa🡆 More