Recipiente Peto

Un peto é un recipiente destinado á acumulación e a almacenaxe de moedas, usado en especial polos nenos.

Tradicionalmente fabrícanse petos con forma de porco, iñantes en barro sen esmaltar e logo en compostos cerámicos e outros materiais (como madeira, metal, plásticos etc).

Recipiente Peto
Peto con forma de caixa forte.
Recipiente Peto
Peto tradicional con forma de porco, fabricado en cerámica.

Os petos utilizánse para estimular o aforro nos nenos: o diñeiro pódese introducir facilmente por unha rañura, pero hai algúns petos que se teñen que romper para sacalo. Tamén existen petos mecánicos nos que, poñendo a moeda nun punto determinado, se acciona un mecanismo (manual ou automaticamente) para «engulir» a moeda.

Orixes

Gregos e romanos

En Occidente, o achado arqueolóxico máis antigo dun peto ou “caixa de diñeiro” data do século II a. e. c. na colonia grega de Priene (Xonia central, na actual Turquía) durante a escavación dun edificio residencial, e representa a forma dun templo grego en miniatura cunha fenda no frontón. Atopáronse diversos recipientes feitos de arxila cocida en escavacións das cidades romanas de Pompeia e Herculano e outras provincias do Imperio romano, sobre todo da época tardía, particularmente na Gran Bretaña romana e ao longo do Rin.

Inglaterra

Na Inglaterra do século XV, para fabricar artigos e utensilios de cociña utilizábase un tipo de arxila, de cor case laranxa, que se coñecía como "pygg". Naquel tempo tamén se empezaron a usar potas e xerras para gardar (aforrar) moedas, polo que comezaron a chamarse "pygg jar". Máis tarde, no século XVIII déuselle a aquel recipiente o nome que chegou ata o presente: piggy bank. O nome evoca o xogo de palabras cos nomes en inglés da arxila e do porco ("pygg", arxila rosada, e pig, "porco") e os conceptos asociados á riqueza e a abundancia).

Extremo Oriente

No extremo Oriente existen figuras cun simbolismo relacionado coa fortuna, como o Chan Chu (sapo ou ra do diñeiro) ou o gato da fortuna xaponés, o Maneki Neko, de cor amarela, asociado á economía de quen o posúe e modernamente convertido en peto. Outro obxecto similar é o xabaril indonesio («celengan» ou «celeng»), usado como símbolo nos bancos nacionais daquel país. Algúns estudos sitúan a orixe destes recipientes na época do emperador Wu (141 a. e. c. - 87 a. e. c.) da dinastía Han. Eran fabricados en cerámica, porcelana ou bambú para facilitar que unha vez cheos de moedas, puidesen abrirse/romperse para recuperar o diñeiro, por iso é polo que son poucos os exemplares conservados. Denominábanse, de forma xenérica, "pumān" (en chinés: 扑满; pinyin: mǎn pū) e o máis antigo é un exemplar de Ge Hong (葛洪, Gehong) da dinastía Jin (266-420).

Notas

Tags:

Recipiente Peto OrixesRecipiente Peto NotasRecipiente PetoEsmalte (revestimento)MadeiraMetalMoedaPlástico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lynx rufusAeroporto de Reiquiavik-KeflavíkBeta-oxidaciónÁcido esteáricoAletaAnxo (cristianismo)BearizFukuokaÁcido eicosapentaenoicoLexión EspañolaLingua osetaEspecieFernando Salgado GarcíaMcLarenGrammy á carreira artísticaHuniGuitarraKevin LoveEsteroide sexualLugoGran Premio do Brasil de 2018CidadeFonoteca 92Frank SinatraMontederramoTrondheimEdicto de MilánMétopaFauna de GaliciaBalthasar GérardCrónica troianaAprendizaxe en liñaAndre DrummondFoca comúnArubaPresidente de SomaliaCristianismo e homosexualidadeElvis PresleySergio Pérez MendozaRusiaLingua coreanaTergoForróJuan PardoCorrente do GolfoRoko (actriz)CrimeaKeanu ReevesAmeixónRolls-Royce TrentCobaiaNoitevellaEmpalme do ARNÁcido undecanoicoSemana SantaGrafenoCalzada do XiganteXosé Ramón GayosoMercedes-Benz C112Ácido pentacosílicoMax VerstappenArianna d'OttoneHindemburg Melão Jr.Rocío JuradoCamarón de areaBiston betularia2019Lucía VeigaXXX edición dos Premios GoyaHonoluluLas Torres de CotillasYouTubeMacronSan Martiño, FranciaTradución de proteínasPortugalRetorno a Tagen Ata🡆 More