Peneireiro Cincento

Elanus melanopterus

Peneireiro cincento
Peneireiro Cincento
E. c. vociferus (India)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Elanus
Especie: E. caeruleus
Nome binomial
'Elanus caeruleus'
Desfontaines, 1789
Sinonimia

O peneireiro cincento (Elanus caeruleus) é unha ave Falconiforme de pequeno tamaño de familia Accipitridae.

Peneireiro Cincento
Elanus caeruleus

Descrición

É unha ave de rapina pequena, duns 30 a 35 cm de lonxitude e cunha envergadura de ás de entre 80 e 90 cm. O corpo é na maior parte branco. A cabeza, relativamente grande, é branca cunha máscara negra. A parte superior do corpo ten cor gris azulada, con manchas negras nos ombreiros. As ás son estreitas coas puntas negras. A cola é moi curta. Ten os ollos vermellos brillantes e as patas de cor amarela alaranxada.

Distribución e hábitat

Áchase preferentemente na África subsahariana e na Asia tropical. No norte de África vive en Marrocos, Alxeria e Exipto. En Europa aparece só nunha pequena zona do sur da Península Ibérica. Son aves, en xeral, sedentarias, aínda que poden facer desprazamentos ocasionais.

En boa parte do sur de Asia encóntrase a subespecie E. c. vociferus. Nas illas surasiáticas hai diversas subespecies máis.

Viven en espazos abertos como estepas, sabanas e zonas semidesérticas ou mesmo campos cultivados, nos que haxa árbores illadas para espreitar e face-los niños.

Alimentación

Comen pequenos mamíferos, principalmente roedores, paxaros pequenos ou crías de ave de pequeno tamaño e réptiles, sobre todo lagartas e insectos. Localiza as presa voando lentamente ou espreitando dende unha árbore ou outro punto elevado.

Reprodución

A femia constrúe, con material achegado polo macho, un niño nunha árbore. Poñen tres ou catro ovos, pero en casos illados a cantidade varía entre dous e seis.

Nome común noutras linguas

  • Alemán: Gleitaar
  • Danés: Blå Glente
  • Inglés: Black-winged Kite
  • Español: Elanio azul
  • Finlandés: Liitohaukka
  • Francés: Élanion blanc
  • Italiano: Nibbio bianco
  • Neerlandés: Grijze wouw
  • Noruegués: Svartvingeglente
  • Portugués: Peneireiro-cinzento
  • Sueco: Svartvingad glada
  • Turco: Ak çaylak

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1 (en alemán): "Manual sobre as aves de presa europeas".
  • Theodor Mebs; Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2 (en alemán): "Estudo sobre as aves de presa europeas".

Tags:

Peneireiro Cincento DescriciónPeneireiro Cincento Distribución e hábitatPeneireiro Cincento AlimentaciónPeneireiro Cincento ReproduciónPeneireiro Cincento Nome común noutras linguasPeneireiro Cincento NotasPeneireiro Cincento Véxase taménPeneireiro Cincento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Salvaterra de MiñoOcéano ÍndicoOs ÁnxelesRamiro I de OviedoAurichu PereiraRaúl González BlancoEdimburgoSeseoBaby ReindeerRaphaelReusAnxo AngueiraEditorial GalaxiaLiam NeesonDoraemonCastelo da PicoñaCarmen LovelleOscar SchmidtNoruegaRoger FedererMichael SchumacherLucía RegueiroLaura Alonso PadínDian FosseyRulaPablo VioqueJavier GutiérrezRobinson R66Luis Carrero BlancoBenito SotoMaría José Rodríguez Malmierca2024ChuchamelAlberto Núñez FeijóoTorre de HérculesAcivroPetínMovemento ArredistaMediaWikiReal Club Celta de VigoFelipe GonzálezSingapurIosif StalinBretoña, A PastorizaCarlos AymerichCarlos NegroMinneapolis, MinnesotaLabirintoRepública ChecaFilipinasCádizBambú ProduccionesAnne HathawayViggo MortensenLingua inglesaZeusFebreIñaki WilliamsVerónica Martínez BarberoTriplete hexadecimalEscáncerConvallaria majalisErnesto Sánchez PomboItxu DíazÓrgano (instrumento musical)Lotus CarsCosta AmalfitanaSalgueiro bravoRafael NadalSegunda República EspañolaJean-Claude JunckerFrancisco Pillado MayorMesalinaAWStatsSerpinaJorge Lorenzo🡆 More