Pedre, Cerdedo-Cotobade: Parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade

Santo Estevo de Pedre é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o INE, en 2010 tiña 215 habitantes (115 mulleres e 105 homes), 5 máis có ano anterior e 24 máis ca en 2005.

Pedre
Pedre, Cerdedo-Cotobade: Patrimonio, Accidente, Galería de imaxes
Igrexa de Santo Estevo de Pedre.
ConcelloCerdedo-Cotobade
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°31′47″N 8°26′05″O / 42.5296039, -8.434719838°26′05″O / 42.5296039, -8.43471983
Área4,3 km²
Poboación140 hab. (2019)
Densidade32,56 hab./km²
Entidades de poboación3
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

Pedre, Cerdedo-Cotobade: Patrimonio, Accidente, Galería de imaxes 
Capela de San Lourenzo en Serrapio.

Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do século XVIII. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.

A igrexa de Santo Estevo de Pedre é anterior ao século XVII. No adro, fronte á igrexa, hai un relevo de estilo gótico que data dos séculos XV e XVI, representando a Crucifixión e a Adoración dos Reis Magos, que probablemente estaba situado na fachada da igrexa.

No lugar de Quinteiro de Salgueiro está a chamada Casa Grande que foi feita na época da Inquisición e data do ano 1600.

Formando parte do antigo camiño de peregrinos atópase unha ponte de tres arcos.

Na Eira Grande pódense ver oito canastros, a maioría de dous claros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, onde se xuntaban os veciños para mallar o centeo, con cinco canastros, todos restaurados.

En Vichocuntín hai unha ponte dun arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, construída a mediados do século XIX como parte da estrada entre Pontevedra e Ourense. Na aldea hai tamén un peto de ánimas cun cruceiro.

En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.

Accidente

Na parroquia de Pedre, entre os lugares de Vichocuntín e Pedre, botouse fóra da estrada un autubús de pasaxeiros na Noiteboa de 2022, deixando tres mortos e catro desaparecidos (accidente da ponte nova de Pedre).

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Pedre

Lugares da parroquia de Pedre no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Pedre | Serrapio | Vichocuntín

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Pedre, Cerdedo-Cotobade PatrimonioPedre, Cerdedo-Cotobade AccidentePedre, Cerdedo-Cotobade Galería de imaxesPedre, Cerdedo-Cotobade Lugares e parroquiasPedre, Cerdedo-Cotobade Véxase taménPedre, Cerdedo-CotobadeCerdedo-Cotobade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MadridRosario DúrcalAntiga CartagoLandraVacaFlora invasora de GaliciaAltriAdolf HitlerPatricia VázquezSantiago de CompostelaLista de ríos de GaliciaSalgueiroGuerraPaís Vasco (rexión histórica)Mark WahlbergPontevedraMaría do Socorro Ortega RomeroLAvenida da Liberdade (Lisboa)Sonsoles EspinosaLaurent CantetNava CastroDavid PerdomoLareiraLista de siglas e acrónimosListenbourgShōgunISBNThe ArtistLiteratura galegaGalería de imaxes de arañas de GaliciaGoizuetaAs aves na cultura popular galegaCaraveleiraVietnamJesús Hidalgo BermejoLuís Pérez BarralTECOR societarioFesta dos maiosPadrónGeorgia O'KeeffeEscáncerEva MejutoRías Baixas (serie de televisión)DodecágonoFrancisco PazosPrestigePablo Iglesias TurriónImperio BritánicoRosario Porto OrtegaPapuxa das amorasGuillermo Alonso BarciaAs dúas MaríasLeymaArxentinaMiguel SolísCarles PuigdemontCristiano RonaldoJosé María Barreiro GómezBrasiliaSonia MéndezManuel MaríaAC-141Benito KamelasAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoAliança CatalanaXinzo de LimiaAires da miña terraCorzoJorge PeteiroFlorentino López CuevillasAbril na cultura popular galega28 de decembro🡆 More