Partido Social-Revolucionario

O Partido Social-Revolucionario (cuxos membros eran denominados SR ou éseres; en ruso:Партия социалистов-революционеров (ПСР), эсеры) foi un partido político activo a primeiros do século XX.

Partido Social-Revolucionario
Logo
Partido Social-Revolucionario
AcrónimoPSR
Tipopartido político
Ideoloxíasocialismo agrário, Socialismo democrático e federalismo
Data de fundación1900
Data de disolución1940
Presidente/aVictor Chernov (pt) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
SedeMoscova
PaísImperio Ruso
editar datos en Wikidata ]
Partido Social-Revolucionario
Propaganda do Partido Social-Revolucionario.

O partido fundouse en 1901 baixo o liderado de Viktor Chernov. O seu programa estaba baseado nunha ideoloxía socialdemócrata e conseguiu moitos apoios entre o campesiñado que particularmente abrazou a súa proposta de "socialización da terra", oposta ó programa bolxevique de "nacionalización da terra"[Cómpre referencia].

A formación política foi afastándose gradualmente da súa orixinal tendencia populista. Ó producirse a engalaxe económica rusa nos anos 90 do século XIX, intentaron xeneralizar as súas reivindicacións sociais desde as súas orixes rurais para atraeren unha agromante clase obreira urbana en rápido crecemento. A intención era a de ampliar o concepto de pobo para abranguer deste xeito todos os elementos da sociedade que tiñan razóns para desexar a destrución do sistema tsarista.

A Revolución Rusa de Febreiro, en 1917, elevou os SR a un papel político relevante, cun dos seus membros, Aleksandr Fedorovich Kerenskii, formando parte do goberno liberal, chegando co tempo a ser o seu presidente.

Tamén constituía unha fracción do partido a «Organización de Combate SR» (OCSR), un grupo terrorista dirixido por Gregori Gershuni que actuaba independentemente do partido para non desacreditalo. A OCSR foi imprescindible para a obra do partido, sendo responsable do asasinato do ministro de Interior, D. S. Spyagin, e máis tarde de N. M. Bodganovich, gobernador de Ufa. Gershuni foi traizoado polo seu lugartenente Yevno Azef, que resultou ser un axente da Okhranka, e detido e xulgado por terrorismo. Azef converteuse no novo líder da OCSR, aínda continuando como axente dobre de total confianza para a Okhranka[Cómpre referencia].

O SR continuaría desenvolvendo un papel central en política boicoteando eleccións, infiltrándose na policía secreta e perpetrando atentados co seu brazo armado.

En 1917, os SR dividíronse entre os que apoiaban o goberno provisional, establecido tras a Revolución de Febreiro, e os que apoiaban os bolxeviques, proclives a unha revolución comunista. Estes últimos eran denominados Social-Revolucionarios de esquerda (SR de esquerda) e constituían unha escisión de facto da á principal do partido, coñecida desde entón como «SR de dereita».

Os éseres caeron despois de que a Revolución de Outubro levara os bolxeviques ó poder, aínda que nas eleccións á Asemblea Constituínte resultaran ser o partido máis apoiado en todo o país, obtendo un 40 % do voto fronte ó 2 5% dos bolxeviques. Porén, estes disolveron a cámara e a partir de entón os social-revolucionarios perderon significancia política. O partido SR de esquerda formou unha coalición cos bolxeviques no goberno soviético, aínda que abandonaron esta posición tras a sinatura do Tratado de Brest Litovsk. Con todo, uns poucos SR de esquerda, como Mikhail Kalinin, acabaron uníndose ó Partido Comunista.

O SR e outros grupos antibolxeviques foron prohibidos en 1918 e a maioría de membros do partido derivaron ó terrorismo. Unha antiga SR, Fanya Kaplan, tratou de asasinar a Lenin como represalia pola ilegalización o 30 de agosto de 1918.

Moitos SR combateron os comunistas uníndose ó Exército Branco e ó Exército Verde durante a guerra civil rusa xunto ós menxeviques e outras formacións socialistas moderadas. A maior revolta contra os bolxeviques, a Rebelión de Tambov, foi dirixida por un SR, Alexander Stepanovich Antonov.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lingua rusaSéculo XX

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Manuel PiñeiroManuel JaboisCrimeaJoe BidenLingua inuktitutVilar de BarrioGalloanseraeBeta-oxidaciónDaniel RicciardoColectivizaciónCervo virxinianoPeixes serraLámpada incandescenteTriglicéridoLingua inglesaBreixoKiribatiRepública Krajina de SerbiaCallosobruchus chinensisTeatro de EpidauroBelgradoPessachBantengKenneth III de EscociaCoraciiformesPMela CasalEdimburgoAmhrán na bhFiannAglais urticaeInlativoTimothée ChalametPristiophoridaeMadama ButterflyCarneiro (molusco)Kevin MagnussenPrimeira guerra mundialÁcido docosahexaenoicoEdgar de WahlTeoría de númerosCetoacidoseBalea vascaGuepardoLingua malékuLista de paísesLingua zazakiGaravanzoEtiopíaNvidiaARN transferenteAtún listadoEmpalme do ARNTranslocase da membrana internaJake GyllenhaalDistritos de PortugalFuso horarioFernando Salgado VarelaHuniCangrexo ermitánGuerraCabaloAmazonEdgar EndeBostonCúpulaAndre DrummondInterestatal 59Arnold SchwarzeneggerPortugalLingüísticaSt. LouisAncaraPlebeJuan Carlos Rodríguez CebriánPontevedraCarmen Rodríguez Dacosta🡆 More